Onte fixemos un seminario acerca do artigo titulado La docencia, una experiencia compartida que podemos ler no número 436 da Revista de Cadernos de Pedagoxía.
O contido do mesmo foi moi interesante, porque nos achegou á realidade que experimentan os mestres noveis cando chegan a un centro onde non coñecen a ninguén e o moito ou pouco que lles pode custar establecer novas relacións co profesorado que xa se atopa no centro. Non hai regras físicas escritas acerca de que sempre sexa difícil establecer relacións ou que sempre sexa doado establecer relacións, estamos falando de persoas e polo tanto nada é predicible nin xeneralizable, cada caso é específico e como ben mostra o artigo, unhas persoas adáptanse mellor que outras. O que sí está claro e que son normais os seguintes "síntomas" no profesorado novel:
A falta dunha relación positiva entre profesores noveis e profesorado veterano é bastante prexudicial. Que haxa relacións saudables entre ámbolos dous é vital para que se produza un intercambio de ideas e tamén un apoio mutuo, que no caso dos noveis é moi necesario debido aos síntomas anteriormente descritos. Qué podemos facer para establecer lazos entre veteranos e noveis? Aquí faise necesario recapitular o que nos comentou Lourdes acerca do "eslabón perdido".
O "eslabón perdido" é a desconexión ou desatención que existe ao profesorado entre a Formación Inicial e a Formación Permanente, isto é, que cando un profesor termina o Maxisterio e atopa traballo, sentirase completamente só ante a realidade, sen ninguén que o introduza e o asesore. Os investigadores comezaron a preocuparse por este "eslabón perdido" a partir dos anos 70 e hoxe en día xa se levan a cabo algúns programas tipo mentoring para axudar a transitar ao novel. Coñecedes algún en concreto?
Unhas relacións positivas que non só van axudar a que o profesor novel aprenda a ser profesor, senón tamén a que os profesores veteranos poidan aprender novas cousas que o novel traia consigo na súa mochila universitaria. Todo elo aliñado cun diálogo respetuoso que de lugar a reflexións colectivas fará que sexa unha experiencia e aprendizaxe compartida.
Este artigo fíxonos reflexionar sobre isto e podemos ir máis alá: