A docencia, unha reflexión compartida

Onte fixemos un seminario acerca do artigo titulado La docencia, una experiencia compartida que podemos ler no número 436 da Revista de Cadernos de Pedagoxía.

O contido do mesmo foi moi interesante, porque nos achegou á realidade que experimentan os mestres noveis cando chegan a un centro onde non coñecen a ninguén e o moito ou pouco que lles pode custar establecer novas relacións co profesorado que xa se atopa no centro. Non hai regras físicas escritas acerca de que sempre sexa difícil establecer relacións ou que sempre sexa doado establecer relacións, estamos falando de persoas e polo tanto nada é predicible nin xeneralizable, cada caso é específico e como ben mostra o artigo, unhas persoas adáptanse mellor que outras. O que sí está claro e que son normais os seguintes "síntomas" no profesorado novel:

  • Shock de realidade. O shock prodúcese entre o que aprendemos na universidade e o que vai haber que facer na realidade.
  • Sentirse inseguro. Debido á falta de estratexias e coñecemento teórico-práctico.

A falta dunha relación positiva entre profesores noveis e profesorado veterano é bastante prexudicial. Que haxa relacións saudables entre ámbolos dous é vital para que se produza un intercambio de ideas e tamén un apoio mutuo, que no caso dos noveis é moi necesario debido aos síntomas anteriormente descritos. Qué podemos facer para establecer lazos entre veteranos e noveis? Aquí faise necesario recapitular o que nos comentou Lourdes acerca do "eslabón perdido".

O "eslabón perdido" é a desconexión ou desatención que existe ao profesorado entre a Formación Inicial e a Formación Permanente, isto é, que cando un profesor termina o Maxisterio e atopa traballo, sentirase completamente só ante a realidade, sen ninguén que o introduza e o asesore. Os investigadores comezaron a preocuparse por este "eslabón perdido" a partir dos anos 70 e hoxe en día xa se levan a cabo algúns programas tipo mentoring para axudar a transitar ao novel. Coñecedes algún en concreto?

Unhas relacións positivas que non só van axudar a que o profesor novel aprenda a ser profesor, senón tamén a que os profesores veteranos poidan aprender novas cousas que o novel traia consigo na súa mochila universitaria. Todo elo aliñado cun diálogo respetuoso que de lugar a reflexións colectivas fará que sexa unha experiencia e aprendizaxe compartida. 

Este artigo fíxonos reflexionar sobre isto e podemos ir máis alá:

  • A desconexión que sente o estudante entre a teoría e a práctica lévanos a volver aos textos de Schön sobre o profesor como investigador da súa propia práctica mediante a reflexión ou aos artigos de Korthagen sobre a importancia da reflexión, a teoría e a práctica.
  • A reflexión individual é importante, pero a reflexión colectiva é moito máis enriquecedora (máis cerebros pensando e máis experiencias), polo tanto necesitamos fomentar a reflexión colectiva mediante o diálogo e así compartir as nosas dúbidas, inquedanzas, proxectos, ideas, etc. Este share, volveuse moito máis doado dende que temos as novas tecnoloxías, pero qué tecnoloxías podemos empregar para facilitar ese diálogo e ao mesmo tempo producir unha reflexión colectiva, e tamén que eses cambios se materialicen e que non queden en papeis mollados?
  • Tamén podemos falar da identidade persoal e profesional como algo complexo. Cando un profesor novel chega a un cole ten unha identidade persoal e profesional, pero esta irase cambiando ou reconvertindo co paso do tempo e as experiencias que vaia tendo ao longo do seu tránsito polo sistema educativo, camiño que será máis productivo para a identidade profesional e persoal se existe un intercambio de ideas entre veteranos e noveis. 
  • Que exista un diálogo fará que elaboremos de maneira colectiva as nosas identidades profesionais e polo tanto unha cultura profesional 
Acompaño as anteriores ideas expresadas cun esquema que eu mesma fixen para esta entrada:
Esquema-reflexión
 
Mentres tanto, quero compartir convosco un programa da televisión americana chamado TED que axuda a que ideas dos profesores se expandan polo mundo a diante. Neste caso trátase da conferencia profesor Ramsey Musallam, que imparte clases de Química nun instituto. Él dicidiu cambiar a metodoloxía que empregaba para dar clases adoptando un novo sistema baseado en 3 normas: espertar a curiosidade do alumno mediante o uso de novas tecnoloxías, proba-erro e finalmente reflexión. Cómo? Botádelle unha ollada ao vídeo e a súa biografía en: