A elección de ser docente.

Que motivos impulsan aos xoves a querer ser docentes en Educación Infantil e Primaria? Esta é a pregunta coa que se inica o texto da Elección de ser docente. Partindo da idea do aumento de número de matriculas nas escolas de Maxisterio e nas facultades de educación iniciase toda unha análise para coñecer o motivo deste feito tendo en conta a situación da sociedade actual inmersa nunha crise que parece non ter fin. Para a realización desa análise foron necesarias tres puntos de vista diferentes: a dos suxeitos que participan na investigación principalmente maestros, a perspectiva máis ampla de sociólogos, pedagogos ou filósofos e finalmente a aportación dos propios autores do texto. Esta reflexión que aparece recollida no monográfico xira en torno a tres cuestións que  son a vocación, a figura dos Outros e finalmente o enunciado compartido " Gustanme os nenos.

A vocación é un termo que tradicionalmente se uniu coa educación, tal así que se consideraba a profesión  un " impulso, unha chamada para exercer a docencia". Dende unha concepción máis ampla e en palabras do sociologo francés Dubet, a vocación docente estivo durante moitos aos ligada a unha concepción máis relixiosa. Partindo desta idea considerase a docencia un compromiso máis persoal mediante o cal se debe cambiar o mundo, conseguindo deste xeito un sistema máis xusto e solidario no que medren outro tipo de persoas.

Na actualidade existe outro concepto de vocación menos heroica e máis protestante, donde prima elementos da propia figura docentente:

" Xa non se pregunta aos profesores se creen en Deus ou na Razon, senón si se senten feitos para este oficio, si lles gusta ensinar, se aguantan aos nenos ou se pensan que poden realizar este oficio" 

Por outra banda, non debemos esquecer que o termo vocación tamén está ligado a  decisión personal de  querer ser maestro dende nenos, tendo en conta tamén aqueles suxeitos que senten  esa mesma vocación pero máis tarde.

educadores por vocación.

Pero, estamos seguros que realmete coñecemos o que significa o termo vocación?

 

O sentido vocacional que está ligado a tarefa docente está trementamente relacionado coa esperanza, coas expectativas de cambio e de mellora as que continuamente aspiran. O termo vocación procede do vocablo latino "voco" que significa chamada, unha chamada interior que percibe a persoa. A vocación fai referencia ao sentimento e a inclinación que un suxeito manifesta de unha profesión ou actividade concreta. Nesta liña autores como Ortega e Gasset identificarón o termo vocación con afición, entendendo este último como un desexo firme por algo. É importante dicir que nalgúns casos esta vocación foise cultivando dende idades moi temperás debido a posibles admiracións ou o recoñecemento dunha figura docente representativa ao longo da traxectoria como estudante. Noutros casos a vocación foi máis tardía pero o que debemos ter claro é que en ambos os dous casos existe un desexo de axuda aos demáis, de poder transmitir os contidos as novas xeracións, axudando a formar así a sociedade do coñecemento.

De todo isto quedome ca idea de que a motivación é xunto con outras razóns como o humanismo da profesión, o motivo máis importante para dedicarse a ensinanza.

Docente con vocación.

 En canto ao segundo eixe de análise esté xira en torno a figura do Outro, persoa significativa que influiu na elección do propio suxeito. A figura do outro, frecuentemente responde a outro profesor que foi importante no seu momento ben por apoio ou referencia. Non obstante, temos que mencionar que existe o caso contrario, é dicir, a presenza da persoa significativa que intenta que se rechace esta profesión. Neste sentido, é importante dicir que a figura dos outros e un aspecto importante a destacar, posto que as influenzas que deles sufrimos poden variar as nosas percepcións e ideas. Moitas veces ilusionamos con algo, idealizamos o que queremos conseguir; no caso da educación creamos utopías coas que pretendemos cambiar o mundo. Non obstante, un só xesto, unha mala experiencia serve para tirar por chan aquelo que imaxinamos e co que tanto soñamos. Chegados a este punto, teño que dicir que ao longo da miña traxectoria académica tiven algo parecido, posto que en segundo de bacharelato comencei a sentir odio por unha materia que anteriormente era unha das que máis me gustaba. O motivo do meu cambio de opinión non foi outro que a presenza da profesora, unha profesora pouco motivada e interesada coa temática que estaba transmitindo.

A docencia.


Finalmente, o último eixo en torno o que xira este análise é o enunciado: " Gustanme os nenos".  Esta é unha frase  moi repetida entre o alumnado da facultade de Maxisterio quenes tamén manifestan a existencia de periodos vocacional. Ser docente non é unha tarefa gratíficante pero pouco doada pese as diferentes discusións que sobre iso existen.


Webgrafía e Bibliografía:

http://www.uned.es/educacionXX1/pdfs/06-08.pdf recuperado o día 21 de novembro do 2013.

Martínez Pérez, S. y Gutiérrez, L. (2013). La elección de ser docente. En Cuadernos de Pedagogía nº 436, pp. 22-25.