O MÉTODO DE PROXECTOS

O pasado 11 de novembro, mentres traballabamos sobre o tema do desenvolvemento curricular e profesional, xurdiu a idea do traballo por proxectos como unha estratexia axeitada para levar a cabo nas aulas. Por este motivo, decidín indagar sobre cales eran as orixes deste método, así como os principios que sustentaban ditas prácticas.

A pesares de tratarse dun método que conta cunha longa tradición pedagóxica, pois foi creado a principios do S.XX, segue moi presente nos discursos dos diferentes profesionais educativos. Dende o meu punto de vista, isto non é de estrañar, pois despois de facer unha pequena aproximación a este método, puiden comprender que persegue uns obxectivos comúns as escolas que pretendemos lograr nestes momentos, as escola inclusivas. E de feito, na miña opinión, o método de proxectos creado por William Heart Kilpatrick podería ser empregado, con pequenas actualizacións, como estratexia para conseguir dito propósito.

A continuación subo un artigo no que trata máis detalladamente este tema.