Manifestación. Por qué saír a rúa?

 

O pasado 20 de novembro levouse a cabo outra Folga Educativa en contra da LOMCE, os recortes en educación, o Decretos das Becas e o Decreto de Comedores. Como é habitual, durante esta xornada de folga convocouse unha manifestación, esta vez por parte do Sindicato de Estudantes. Persoalmente, sempre acudo a este tipo de actos, é resultoume vergonzosa a pouca afluencia que tivo. Debido a isto decidín realizar unha entrada como crítica ou protesta  este feito.

 A nivel persoal discrepo totalmente coa afirmación que realiza unha parte da sociedade actual de que “saír a rúa non sirve para nada”. Se queremos que o mundo cambie debemos comezar por crer que é posible. Considero un gran erro non facer nada por crer que se fai pouco, cada un debe facer todo o que poda. O pasado demostrounos que un só individuo, home ou muller, nov@ ou vell@, é capaz de cambiar as cousas coa súa voz, loita, fe e demais actos reivindicativos. Moitas destas persoas non chegaron a vivir as consecuencias dos seus actos, pero que non conseguiran o que querían inmediatamente non impediu que seguiran loitando polos seus dereitos. Por isto, quedarse na casa e non facer nada é o que realmente non serve de nada, os que fan iso favorecen e dan a entender que están de acordo coas decisións que toman outros por eles. Actualmente non gozamos de todos os dereitos que temos polo que se quedaron nas súas casas pensando que non servía de nada saír a rúa reclamalos, témolos grazas a eses que, nunha época máis dura, se xogaron a súa liberdade, ata a súa propia vida por defendelos e conseguilos.

 A verdade é que cada vez é menos a xente que sae a rúa para reivindicar os seus dereitos ou protestar contra cousas coas que non está a favor. A nivel persoal que son dous os motivos polos que isto está a suceder.

 O primeiro dos motivos polos que a xente xa non asiste a este tipo de protestas é o estado de benestar que alcanzamos. Actualmente, os dereitos máis básicos xa están asumidos no contexto social no que vivimos, a pesar de que aínda exista machismo e racismo na sociedade. Ademais, debido ós avances médicos e tecnolóxicos, a maior parte da sociedade vive nun estado de comodidade bastante alto a pesar da alta taxa de paro que existe. O goberno domina os medios de información polo que a sociedade non está realmente informada. Todo isto provoca a inactividade da sociedade que non se ve afectada directamente.

 O segundo dos motivos polos que este tipo de movementos decadeu, pode ser o abuso e ridiculización que sufriron cando os partidos da dereita estiveron na oposición. Durante esta época membros destes partidos saían a rúa para protestar por todas as decisións que tomaban os partidos de esquerdas. En vez de establecer un debate aberto na cámara do parlamento, convocaban unha manifestación tras outra ata o punto de que cada semana saíase a rúa varias veces para protestar, na meirande parte dos casos contra reformas que melloraban a situación da poboación de clase media - baixa. Considero que este abuso, devalou a valoración que ten a propia sociedade do feito de manifestarse.

 Ante isto, debemos concienciar á sociedade de que todos os membros da sociedade estamos interrelacionados indirectamente, o que lle afecte de xeito a negativo a un grupo, afectáralle do mesmo xeito a todo o seu entorno. No caso da educación, unha sociedade menos culta e máis dirixida ós mercados, como se pretende coa “Lei Wert”, desencadeará nunha sociedade máis sumisa, a cal non será o suficientemente crítica para reclamar os seus dereitos cando estes se vaian reducindo pouco a pouco mediante reformas conservadoras. Debemos saír á rúa, da igual o partido, sindicato, asociación... que convoque a manifestación, se estamos de acordo co que defenden ou polo que protestan, debemos participar para facer forza social e deixar constancia de que a sociedade non está conforme coas decisións dun goberno que mentiu máis que verdades dixo durante a súa campaña política. É certo que debemos buscar alternativas a este movemento, alternativas que nos axuden a conseguir os resultados máis rapidamente, pero isto resulta complexo e ábrense certos debates como o dos actos radicais ou o incumprimento de normas. De momento, senón aparecen alternativas debemos secundar e asistir ás manifestacións coas que esteamos de acordo e as que creamos que reivindican cousas que sexan necesarias para a mellora de toda a poboación. Como dixo o revolucionario mexicano Emiliano Zapata Salazar, coñecido como ‘O Caudillo do sur’, “senón hai xustiza para o pobo, que non haxa paz para o goberno”.



Comentarios

  • Álvaro Conde Debén

    Estou realmente dacordo coa túa publicación Daniel. Non se pode caer na monotonía de dicir "Non nos vamos a manifestar, total, para que?". Penso que é moi importante que a sociedade, como "cabezas pensantes que somos", diga ou exprese o que sinta, que os políticos sepan que están facendo as cousas mal ou ben. E sobre todo, debemos como mínimo, defender todos os dereitos que conseguiron os nosos antepasados, xa que eles loitaron para que nós poidesemos vivir ben. E se non loitamos por o noso, que lle quedara de herdanza as xeracións vindeiras?