eTwinning, unha plataforma na que mestres e alumnos aprenden

etwinning logo

1. Qué é eTwinning?

É unha plataforma de equipos educativos de distintos centros escolares da Comunidade Europea e países próximos á mesma mediante o eTwinning+. A iniciativa promove a colaboración escolar mediante o emprego das TIC e apoia aos centros escolares prestándolles ferramentas e os servizos que sexan precisos para asociarse e traballar conxuntamente con outro colexio.

O portal está traducido a 25 idiomas, conta con 170.000 membros e uns 5.324 proxectos.

 

2. Qué tipo de proxectos se levan a cabo?

Os proxectos pódense inserir dentro das seguintes áreas temáticasArtes, Ciencias Sociais, Cultura, Deportes, Economía e espíritu emprendedor, Educación primaria, Historia e Xeografía, Linguas, Matemáticas e Ciencias, Necesidades Especiais, Políticas e Asuntos Europeos e Tecnoloxía.

e-Twinning ofrece unha serie de ferramentas e exemplos de proxectos para facilitar o comezo do mesmo. En España están 8.514 centros escolares inscritos, hai 18.398 membros inscritos e 1.428 proxectos en marcha. Un exemplo dun proxecto interesante que se está levando a cabo en Galicia titúlase Decálogo da Educación en Valores, no CEIP de Pazos de Reis. A proposta consiste na elaboración por parte dos alumnos dos centros dun documento conxunto e un póster en ambos idiomas, dónde aparezan expresados dez valores que consideren fundamentais, valores que teñen que ser traballados na aula. É un proxecto curto dun mes dirixido a alumnos de 5º e 6º de Primaria asociados cun colexio francés.

Pero tamén podemos atopar proxectos máis extensos como é o das Estacións dos Sabores. Mediante o cal deron a coñecer o menú típico de cada estación do ano para poder facer unha comparación co país socio. Mediante esta temática abordaron o inglés e contidos relativos a Coñecemento do Medio (estacións, saúde e alimentos). Todo elo se fixo mediante o intercambio de correos entre o alumnado de cada colexio, plasmando posteriormente a análise comparativa nun blog de aula.

 

3. Por qué nos interesa na materia de Formación e desenvolvemento profesional do profesorado?

Interésanos porque forma parte dende o 2007 do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP). Os profesores teñen que atopar socios na plataforma, por en marcha proxectos, compartir ideas, intercambiar prácticas e traballar xuntos. Contando para elo cunha asistencia pedagóxica que garante o proceso.

Contan con encontros didácticos  que son como cursos curtos e intensivos nos que se lle introduce un tema determinado aos docentes para estimular ideas e desenvolver competencias. Cada encontro dura 4 ou 5 días de traballo activo, xunto con debates, seguidos de 4 ou 5 días de reflexión e traballo persoal.  Recientemente celebraron os seguintes encontros: Mans á creatividade en TwinSpace e Uso do iPad para eTwinning.

Ademáis, contan cunha base de datos de formación chamada Comenius-Grudtvig, que é un catálogo de actividades e cursos de formación para o profesorado dende prescolar ata a formación de adultos.

 

4. Resumo das metas, beneficios e retos do eTwinning


Metas

Beneficios

Retos

  • Mellorar as competencias TIC
  • Promover intercambios interculturais
  • Desenvolvemento das competencias comunicativas e sociais
  • Desenvolver a creatividade
  • Animar os contactos e o compañeirismo internacional
  • Mellorar a competencia lingüística noutro idioma
  • Mellora da competencia lingüística
  • Aprendizaxe das competencias TIC
  • Expansión do coñecemento intercultural
  • Compañeirismo
  • Intercambio de ideas e reflexións
  • Traballo colaborativo
  • Avaliación dos proxectos a distancia e comunicación dos resultados
  • Colaboración dos socios participantes
  • Planificar e axustar o calendarios dos proxectos

 


5. Webgrafía