Panorama da Educación. Indicadores da OCDE 2013. Informe español.

Ó longo desta entrada dirixireime a elaborar unha reflexión sobre “El entorno de los centros educativos y el aprendizaje”, un capítulo inserido dentro do informe de educación deste ano elaborado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE). Sinalar que esta organización agrupa a 34 países membros (Alemania, Turquía, Islandia, Finlandia, entre outros), sendo o seu obxectivo fundamental o fomento de políticas que melloren o benestar económico e social das persoas.  Deste modo, establecen informes comparativos sobre diversos aspectos entre estes países, como neste caso é sobre a educación.

Neste capítulo expóñensenos varias temáticas principais:

  • Horas de ensino
  • Ratio alumno‐profesor
  • Media de alumnos por clase
  • Retribución do profesorado
  • Horas de ensino do profesorado
  • ¿Quen son los profesores?

image

            No que respecta ás horas de ensino que posúen os nosos profesores e estudantes españois, este informe da OCDE revélanos que  “España se sitúa por encima de la media de la OCDE y de la UE21 tanto en Educación Primaria (875 frente a 791 y 768 horas respectivamente) como en primera etapa de Educación Secundaria (1.050 frente a 907 y 881 horas respectivamente)”. Deste modo, que podemos inferir deste dato? É que España ten os mellores resultados educativos debido a isto? Ou esta posición de maior carga horaria que outros países non afecta de ningún modo?

            Pois ben, como se toma constancia mediante outros informes como o Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes (PISA) non se comproba como grazas a aspectos como ter máis horas de ensino que o resto de países da OCDE, a educación e os resultados académicos nos estudantes españois sexan mellores que os de outros países. Entón que sucede?

            Dende o meu punto de vista, o feito de posuíren en España maior carga horario de ensino é un feito positivo, tal como Lavy, V. (2010) no lo fai constar no documento que sometemos a reflexión, “se puede concluír que aumentar el tiempo en clase es positivo para el desempeño de estudiantes, pero se carece de estudios rigurosos que se centren en los costes y beneficios de este tipo de intervención”. A este respecto se nos retemos a reflexionar, considero que a importancia radica nos descansos que se deixen entre esas horas de ensino, xa que se cada hora posúe o seu conseguinte descanso, os alumnos segundo o meu puno de vista, acadarán resultados académicos notables, ó estar máis motivados e descansados á hora de atender ás sesións de clase. Polo contrario, senón se desenvolven os descansos axeitados os alumnos atoparanse saturados de información, polo cal non se concentrarán tan activamente nas sesións de clase.

image

            No tocante ó tema da ratio profesor-alumno debemos indicar que no caso español debemos amosarnos orgullosos de soster unha ratio baixa polo que é un elemento beneficioso, no sentido de “permitir a los profesores centrarse más en las necesidades individuales de los alumnos y optimizar el tiempo de la clase”. Aínda así, os resultados que obtén España non son os adecuados entendendo que dispón dunhas características proveitosas para acadar un éxito nos resultados educativos. A este respecto, porque este factor non pode afectar positivamente? O feito de gozar de ratios baixas fai que o profesorado atenda mellor ás dificultades de cada neno, polo que a aprendizaxe é un proceso diferente para cada un, darase unha riqueza nos coñecementos propios de cadaquén xa que se atenderá especificamente ó camiño que desexa, un escolar ou outro, construír os seus coñecementos.

            Pero, por outra banda, tamén reflexiono sobre a miña experiencia como estudante vivida que, na maioría dos casos sempre estiven inmersa en clases cunha ratio bastante alta (30 alumnos por clase, aproximadamente), nas que me enriquecía enormemente dos meus compañeiros, xa que ó haber máis alumnos nas sesións de clase formulábanse máis dúbidas ó sermos moitos, polo que nos facía pensar no que o profesor desenvolvía froito desa dúbida, facendo que con estes interrogantes dos compañeiros medráramos en coñecementos diversos, dos que estando nunha clase cunha ratio baixa quizais non acadaríamos.

            En canto á media de alumnos por clase segundo a miña maneira de ollar España atópase cunhas boas cifras, “en la OCDE y en la UE, en los colegios públicos de Educación Primaria la media estimada de alumnos por clase es de 16, mientras que en España es de 13 alumnos. En la primera etapa de Educación Secundaria, el tamaño estimado aumenta con respecto al nivel educativo inferior, al igual que en el caso del tamaño real, siendo de 17,3 alumnos en la OCDE y de 18,6 alumnos en la UE, mientras que en España se estima una cifra de 15,2 alumnos”.  A través disto comprobamos como España está nunha posición de tamaño da media de alumnos por clase inferior ó balance  medio dos países da OCDE e da UE.

image

            Este factor que describimos máis o anterior son “determinantes del rendimiento académico de los estudiantes y, por el otro lado, tienen un impacto considerable sobre el nivel de los gastos en educación”, polo que son dous aspectos a ter moi en conta nas políticas educativas que se desenvolvan. Porén, segundo os estudos realizados nesta materia, verifícase como unha ratio baixa ou un tamaño da clase baixo non afecta significativamente ó rendemento académico dos alumnos, só inflúe se este tamaño ou a ratio son cifras considerables. Neste sentido, hai que ter en conta varias variables á hora de estimar se estes factores afectan ou non ó rendemento dos nenos, non só van influír estes factores por si sos, senón hai que tomar constancia de multitude de variables: contexto de cada país, valores inmersos na sociedade, cultura que predomina, etc. Non todos os países da OCDE ou da UE perseguen os mesmos ideais, polo que habería que ter en conta que en moitos casos moitos factores pódense comparar, pero tendo presente que cada país é diferente no que respecta á cultura (moitas culturas son máis restritivas no que respecta á participación e implicación dos alumnos nas aulas, polo que isto afecta directamente ó seu rendemento segundo o meu modo de ollar), por exemplo, sendo este un aspecto que contribúe enormemente a que exista un tipo de rendemento académico ou outro.

            Por outra banda, outro compoñente a estudar ven sendo a retribución do profesorado, un elemento que chamou a miña atención, xa que pensaba que o salario dos profesores españois sería inferior ó resto dos países da UE, así, despréndese do informe dos indicadores da educación da OCDE que “los salarios de España están por encima de los de la OCDE y de la UE”. O que me cuestiono é o porque? Ou se realmente o profesorado merece obter un salario maior que o doutros países, como por exemplo Finlandia, país a seguir no que se refire a educación.

            Así, en base a esta temática presento un interesante vídeo da man do célebre programa televisivo “Comando Actualidad”:

                                                                               

            Outro dato que que destaco do informe é que “en la mayoría de los países OCDE los salarios de los profesores aumentan con el nivel educativo en el que enseñan”. Este aspecto seméllame totalmente ilóxico e considero que trae aparelladas ideoloxías que quedaron ancladas nun pasado, é dicir, hoxe en día promovemos unha educación en base ós valores, á non memorización, á comprensión dos contidos, todos estes elementos deben ser desenvoltos nas primeiras etapas educativas enormemente para que queden completamente aprehendidos e interiorizados polos alumnos, como alicerces que fundamentarán as súas reflexións e accións futuras. Por este motivo, concédolle por exemplo ó profesorado da Educación Primaria (EP) máis valor e recoñecemento que ó profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), xa que aparte de posuír unha menor carga lectiva que o profesorado de EP só se adica a desenvolver unha materia de coñecemento específica (véxase Lingua Galega ou Castelán por exemplo). Polo cal creo que o profesorado da EP debe ser “premiado” cunha maior retribución económica que o profesorado da ESO.

image

            “En España, los salarios relativos de los profesores son de los más altos, tanto en Educación Primaria como en Educación Secundaria: son un 23% y un 40%, respectivamente, más altos que los salarios de los trabajadores similares en otras ocupaciones”, a cuestión partiría do porque. Non me vou encamiñar a profundizar neste elemento xa que non dispoño de datos suficientes polos que desenvolver unha hipótese de traballo que considero neste senso: a importancia que a sociedade e o estado español lle concede á educación e polo tanto ó profesorado. Pero como ollades trátase dunha hipótese bastante positiva no que se refire á posición do profesorado fronte á sociedade. Hai que ter tamén en conta que, o profesorado español tamén desenvolve unha maior carga de traballo, ó posuír maiores horas de ensino que o resto de países da OCDE e da UE.

            Doutro lado, no referente ás horas de ensino do profesorado, debemos indicar que “en España, el porcentaje de horas de enseñanza es más alto que en el promedio de la OCDE: un 62% en Educación Primaria y un 50% aproximadamente en las dos etapas de Educación Secundaria”. Deste modo, os profesores españois teñen maior porcentaxe de horas de ensino, porén aquel traballo dispoñible para outras accións como a avaliación dos alumnos, a preparación das clases, reunións co claustro de profesores, etc, segundo as gráficas expostas no informe de educación da OCDE é menor. Ante isto, establecemos unha reflexión principal: que é o verdadeiramente importante, preparar ben as sesións de clase e avaliar de modo axeitado e xusto ó alumnado atendendo a todas as variables posibles ou dispoñer de máis horas de ensino sendo o tempo de preparación das clases menor o que leva en moitos casos a situacións de improvisación e de falta de control nas aulas? Considero que o importancia radica en na preparación consciente das clases, é certo que poden existir elementos que nos leven fora do guión preestablecido, pero sempre haberá que seguir un marco fundamental polo que orientarnos, senón que tipo de aprendizaxe nos alumnos estaríamos desenvolvendo?

image

            Finalmente, outro apartado interesante neste informe de educación da OCDE é o: ¿Quen son os profesores? Neste sentido subliño dous aspectos que a miña maneira de ver son interesantes: por unha banda a relación “directa entre el número de años de experiencia en la profesión y los salarios, por tanto el envejecimiento puede aumentar los gastos de los colegios y, como consecuencia, limitar los recursos disponibles para otras iniciativas”. Someto a reflexión este elemento xa que, está demostrado que os mestres máis experimentados desenvolven unhas mellores prácticas educativas que os mestres que levan no exercicio educativo menos tempo? Non existe moita bibliografía ó respecto, pero habería que ter en conta que, como todos sabemos, os profesores noveles acceden ó seus postos laborais con moita enerxía e con gran multitude de innovacións, coñecendo tamén doutra banda que, os mestres máis experimentados seguen a poñer en marcha prácticas pasadas que non toman en consideración os ideias que se promoven no hoxe en día: guía e mediación no proceso de ensino e aprendizaxe, feito polo cal este tema debería estar sometido a investigación.

            O outro aspecto que subliño e que, “en Educación Terciaria, las mujeres profesoras están en minoría con respecto a los hombres, al igual que en los otros países de la OCDE”. Consideramos se realmente estamos nunha igualdade de oportunidades entre sexos ou que aínda existe algunha traba a este nivel? O interrogante daría a multitude de discusións, sobre todo cando non ocorre só isto no noso país, senón tamén noutros que se conciben como totalmente libres (tanto na práctica como na teórica).

            A análise deste capítulo 4 do informe sobre educación da OCDE puxo sobre a mesa diversos elementos interesantes á hora de realizar unha reflexión sobre o que acontece co noso profesorado español, que factores inciden na súa motivación, no seu traballo, na súa formación permanente, e como non de que maneira todo isto afecta á educación dos nosos alumnos.

 

 

WEBGRAFÍA

http://www.mecd.gob.es/dctm/inee/internacional/panoramadelaeducacion2013informe-espanol.pdf?documentId=0901e72b816996b6 [Páxina web do MECD, consultada o día 19/11/2013]

http://www.oecd.org/centrodemexico/laocde/ [Páxina web da OCDE, consultada o día 19/11/2013]

http://www.oecd.org/edu/eag2013%20%28eng%29--FINAL%2020%20June%202013.pdf [Páxina web da OCDE, consultada o día 21/11/2013]