O profesor, hoxe

O artigo sobre o cal vou a reflexionar nesta ocasión titúlase:  O profesor, hoxe, de António Nóvoa.

Este artigo ten como finalidade analizar a formación dos docentes en base a tres criterios diferenciados como son; persoa, copartición e prudencia.

        1.       A persoa

No tocante á persoa o autor fai referencia á necesidade de que exista unha teoría que permita entender ás persoas na súa singularidade e diversidade.

Isto foi así, debido aos cambios que se produciron na nosa sociedade e que afectaron non só ao sistema educativo, senón ao traballo dos docentes, posto que estes eran incapaces de comprender aos novos alumnos que comezaban a impregnar as aulas do século XXI, deixando atrás o modelo de “alumno medio” (un ideal de alumno que realmente nunca existiu) que caracterizou o modelo de ensinanza do século XX.

Así pois, debido a existencia  dunha gran diversidade de alumnado nas aulas,  os docentes encontráronse con distintas situacións ás que non estaban afeitos, como foi encontarse nas aulas con alumnos de diversas procedencias ou estudantes que querían estar na escola, pero que non tiñan o máis mínimo interese en estudar nin aprender, co cal o profesorado tivo que facer fronte a esta situación da mellor maneira posible, posto que na súa formación inicial non se contemplaba que puidesen darse este tipo de situacións nas aulas, e polo tanto, non se lles indicou como actuar ante ditos casos.

Pero como reaccionaron os docentes ante esta situación? Pois ben, podemos dicir que os docentes adoptaron dúas posturas diferenciadas. Por un lado,  houbo  profesores que se centraron exclusivamente en axudar aos nenos, atendendo as súas características individuais, os seus afectos e as súas necesidades, pero deixando a un marxe a transmisión de coñecementos. Por outro lado, poderíamos dicir que houbo docentes que actuaron á inversa do comentado anteriormente,  xa que neste caso os docentes,  ante a diversidade de alumnos na aula, e a imposibilidade de xestionar adecuadamente a mesma, se centraron exclusivamente na transmisión de contidos pero esquecéndose das características idiosincrásicas que presentaba cada un dos seus estudantes.

Así pois, encontrámonos con dúas posturas extremas, pero nas cales sería necesario unha posición intermedia, na que o profesorado partindo primeiro da diversidade que hai aula e das características que presenta cada un dos seus alumnos, planificase posteriormente os procesos de ensino aprendizaxe que se van a levar a cabo nas aulas. Faltaría pois o que o autor denomina unha teoría sobre a persoa-alumno.

En canto á formación dos docentes, sería necesario que os profesores reflexionasen acerca da súa experiencia como docentes, construíndo narracións sobre as súa historias de vida tanto persoal como profesional, pois so a través da reflexión sobre as propias experiencias é como o educador adquire unha maior conciencia do seu traballo. Estaríamos a falar do que o autor denomina empowerment, e que significa un reforzo de poder nos docentes, e máis concretamente nos profesores noveles.  

       2.       A copartición

Como xa indicaba anteriormente, aos centros educativos chegan alumnos de distintas procedencias con culturas, idiomas e proxectos de vida moi diferentes, aos cales deben atender os profesionais da educación do mellor xeito posible, posto que como comentaba anteriormente os docentes non estaban preparados para atender á gran diversidade de alumnos que hai actualmente nas aulas.

Sen embargo, o autor explica dous fenómenos nos cales non debe caer o profesorado, como son a infantilización e a comunitarización.

Por un lado, o termo da infantilización refírese a aceptar as culturas infantís e xuvenís de maneira crítica, xa que do contrario poderíase producir a perda de diferenzas e tender á homoxeinación. 

Por outro lado, evitar a comunitarización na escola, xa que o importante neste espazo non serían os lazos afectivos que se establecen senón máis ben a vontade de ensinar as regras da vida social, de aprender a vivir en grupo. 

Cooperación entre o profesorado

 

 
 
Neste caso, respecto da formación que deberían recibir os docentes estaría o traballo colaborativo entre os profesionais da educación,xa que é a coparticipación cos compañeiras e compañeiras o que nos fai educadores
 

    

 

     3.    A prudencia

En este apartado o autor reflexiona en torno a dúas preguntas: ¿Qué merece a pena ensinar? e ¿Cómo debe ensinarse? A resposta á primeira pregunta ten en conta dous aspectos: por un lado, fai referencia a ensinar todo o que integra a un individuo nun espazo de cultura e de sentidos, e por outro lado, alude a todo o que promove a adquisición dun coñecemento, o espertar do espírito científico. Para responder a segunda cuestión é preciso facer referencia  a comunicar a través das emocións, pois é imposible separar a actividade racional da actividade emocional.

Neste sentido, o autor alude á enorme complexidade que ten a tarefa de ensinar, xa que aínda que pareza fácil, non é así, pois ensinar esixe mestría, competencia e tacto pedagóxico.

Para rematar, vou a realizar unha valoración sobre os aspectos comentados anteriormente. En primeiro lugar, facer referencia ao gran labor do profesorado, xa que estes profesionais se atopan diariamente con situacións nas aulas ante as que deben actuar rapidamente e en función do que consideren máis adecuado para cada situación, xa que  non dispoñen dun manual que lles diga como actuar ante cada problemática que se poida ocasionar no contexto educativo.

Ademais, os docentes non só transmiten aos seus alumnos os contidos que figuran no currículo, senón tamén valores. Asemade, é importante indicar que os docentes transmiten a través da emoción e da cercanía que establecen cos seus alumnos, pois é imposible separar a actividade racional da emocional. 

Ensinar é aprender dúas veces

 

Por outro lado, os docentes non son os únicos que transmiten coñcementos aos alumnos, senón que tanto alumnos como profesores aprenden conxuntamente e enriquecen os seus coñecementos. E isto, para o meu punto de vista, é onde se atopa a riqueza da educación e dos procesos de ensino aprendizaxe que se levan a cabo nos centros educativos.

 

 

 

Para rematar citar unha frase que aparece no documento: Ensinar só é fácil para quen nunca estivo nunha aula. 


Bibliografía: 

- Novoa, A. (2007). El profesor, hoy. En Cuadernos de Pedagogía nº 374 pp.21-25.