Recopilando datos sobre o Currículo

Ola compañeiros/as. Esta semana, co motivo da folga, ao non ter clase de Asesoramento Curricular a Centros de Profesores e, polo tanto, ao non traballar nada novo na materia eu, pola miña conta, seguindo profundando no tema que nos ocupaba ata o de agora, o currículo. Deste xeito, fixen dous novos arquivos que falan sobre iso.

O primeiro deles é o que leva por título Reflexións persoais acerca da sesión de clase do 13 de Novembro, que podedes atopar no enlace seguinte: http://stellae.usc.es/red/file/view/48270/reflexins-persoais-acerca-da-sesin-de-clase-do-mrcores-13-de-novembro . Este, como ven indica o título, ven a ser unha reflexión persoal acerca de todo o que se falou no “debate” que tivemos na clase sobre o currículo a última sesión da materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores.

O segundo deles é o que se titula ¿Qué ideas previas tiña sobre o currículo? ¿Qué situacións podo identificar como de currículo oculto?, que podedes atopar no enlace seguinte: http://stellae.usc.es/red/file/view/48273/que-ideas-previas-tia-sobre-o-currculo-que-situacins-podo-identificar-como-de-currculo-oculto. Nel preséntase unha síntese do aprendido con respecto ao tema que nos ocupa, o currículo, a partir de outras materias, tal foi o caso de Didáctica Xeral, da diplomatura de Maxisterio e Deseño, Desenvolvemento e Innovación do Currículo da licenciatura de Psicopedagoxía. Ademais diso, no mesmo artigo, tamén se da resposta a unha cuestión que xurdiu na aula ¿Qué situacións se poden identificar como de currículo oculto?, cuestión, baixo o meu punto de vista, moi interesante, por certo.