Definición de currículo

Definir o termo currículo non é unha tarefa sinxela, e para facelo, botei unha ollada a varias fontes de información, para logo elaborar a miña propia definición, do que eu mesma considero que é o currículo.

A continuación preséntovos varias das definicións que observei deste termo:

-          Conxunto de obxectivos, contidos, criterios metodolóxicos e técnicas de avaliación que orientan a actividade académica: como ensinar? Cando ensinar? E que, como e cando avaliar?. É dicir, o currículo permite a previsión das cousas que temos que facer para posibilitar a formación dos estudantes.

-          Un currículo é a acepción singular en español do latín currículum. Refírese ao conxunto de competencias básicas, obxectivos, contidos, criterios metodolóxicos e de avaliación que os estudantes deben alcanzar nun determinado nivel educativo. De modo xeral, o currículum responde ás preguntas: que ensinar? Como ensinar? Cando ensinar? E que, como e cando avaliar?. O currículo, no sentido educativo, é o deseño que permite planificar as actividades académicas.

-          Non é mais que a concreción específica dunha teoría pedagóxica para volvela efectiva e asegurar o aprendizaxe e o desenrolo dun grupo particular de alumnos para a cultura, época e comunidade da que fan parte. É a maneira práctica de aplicar unha teoría pedagóxica á aula, á ensinanza, é o plan de acción específico que desenrola o profesor cos seus alumnos na aula.

-          É o método de organización das actividades educativas e de aprendizaxe en función dos contidos, dos métodos e das técnicas didácticas.

-          É aquela serie de cousas que os nenos e xóvenes deben facer e experimentar, a fin de desenrolar as súas habilidades que os capaciten para decidir asuntos da vida adulta (Franklin B, 1918).

-          Son todas as experiencias, actividades, materiais, métodos de ensinanza e outros medios empregados polo profesor ou que os tivo en conta no sentido de alcanzar os fins da educación (UNESCO, 1918).

-          É un proxecto educacional que define: os fins, as metas e os obxectivos dunha acción educacional así como as formas, os medios e os instrumentos para avaliar en que medida a acción produciu efecto (Hainaut, L. 1980).

-          O currículo é considerado ao mesmo tempo, como un contrato entre o que a sociedade espera da institución educativa e do que os responsables admiten que ela ofrece, en termo de contidos de ensinanza, de marco pedagóxico e como unha ferramenta de traballo nas institucións educativas e nas aulas. Trátase dun contrato e dunha ferramenta en permanente evolución (Ferreira Horacio, 2001).

-          O currículo está constituído polas experiencias de aprendizaxe que vive o alumno, dentro ou fora do ámbito escolar, baixo a orientación ou motivación do docente. Estas experiencias pretenden alcanzar os fins e obxectivos da educación e poden ser programadas ou emerxer durante o desenrolo cotidiano do proceso educativo, debido á constante interrelación escola – comunidade.

Despois de todas estas definicións, eu podo dar unha idea do que eu finalmente penso sobre o termo currículo: documento escrito, que inclúe os obxectivos, as competencias básicas, os contidos, a metodoloxía e os criterios de avaliación; polo que ademais dará resposta as preguntas de que, como e cando ensinar? E de que, como e cando avaliar?. En sentido xeral, o currículo trátase dun arquivo o cal expón as bases nas cales se asenta todo o proceso de ensinanza – aprendizaxe; é dicir, como se levarán a cabo todas as actividades que se realicen dentro e fora da aula co grupo clase. Ademais o currículo pódese definir como as metas que debe conseguir cada un dos alumnos para cada un dos niveis educativos.