Formación inicial: entre a teoría é a práctica.

O texto a analizar pertence a Fernando Herraiz Garcia e a Sandra Martínez Pérez é trata a relación  existente e distante entre a teoría dada na Universidade e a práctica.  O conxunto xeral do monográfico intenta dar resposta a dúas preguntas que son as seguintes:

  • Qué aprenden para ser maestros e maestras e cómo, cando e con quen o fan?
  • Como recordan a súa experiencia académica na Universidade?

O texto comeza cunha breve introdución na cal se intenta reflexar a importancia da Universidade e dos contidos e teorías que nela se aprenden. Define pois a formación inicial adquirida na Universidade como o comezo da formación permanente. Neste sentido e define a Universidade como un lugar de relación e aprendizae, unespazo de crecemento persoal e de coñecemento. A medida que os universitarios cursan diferentes materias van construindo o seu banco de recursos e coñecementos que lles serviran posteriormente para o seu desempeño como profesionais. Neste sentido, temos que dicir que a profesión docente é cada día máis complexa debido aos avances nas necesidades que presenta a sociedade e  " espérase dos docentes, máis que de calquera outra profesión, que constrúan comunidades de aprendizaxe, que creen a sociedade do coñecemento e que desenvolvan as capacidades para a innovación, a flexibilidade e o compromiso co cambio que son esenciais para a prosperidade económica”.  Pero realmente da Universidade salen ben formados os futuros profesionais da educación ? Ao respecto, é importante destacar que a medida que os alumnos van cursando as diferentes materias da titulación, danse de conta que coa teoría non é suficiente, tamén é necesario un pequeno periodo de tempo que te aproxime a realidade concreta da aula.

"A formación é unha, en todo momento práctica e teórica á vez, tamén reflexiva e con identidade" ( Perrenoud, 2001,p.505)

Partindo destas premisas iniciais, en concreto sobre a importancia da Universidade na formación inicial do profesorado e a futura aplicación á vida laboral recóllese ao longo do texto unha reflexión abordada dende dúas perspectivas. En primeiro lugar está o testimonio daquelas persoas que non están conformes coa súa experiencia e por outra situamos a valoración daquelas miradas que buscan algo positivo na súa formación.

Miradas críticas:

Sempre esperamos levarnos da Universidade as técnicas, metodoloxias e estratexias que despois poidamos levar a práctica e nos permita resolver os problemas que surxen no día a día. Segundo recolle o texto existe unha serie de maestros desencantados coa súa formación, quenes argumentan que durante o seu paso pola Universidade non se lles ensinou a dar unha clase por si  mesmos, é dicir aprenden os contidos das materias pero non as estratexias para transmitilos. Alberto: "Una cosa es saber inglés y otra es enseñar ingles".

Outros testimonios son máis críticos, María comenta que " En la Universidad lo que aprendes son conocimientos teóricos, y la mitad o las tres cuartas partes no te sirven para nada (...) pero realmente cuando aprendes es cuando estás en clase, cuando tienes unos años de experiencia (...) quitando lo de prácticas, lo que sé, lo he aprendido en la poca trayectoria profesional que puedo tener". Neste sentido gustaríame matizar que dende o meu punto de vista a teoría non é tan inutil como manifesta María, a miña experiencia como estudante de cuarto de grao así mo manifesta. É certo que na titulación de Pedagoxía o período de prácticas pode chegar a ser escaso e quizais e no periodo temporal que máis se aprenda pero, acaso non son necesarias as bases teóricas para a actuación? Considero que adquirir coñecementos teóricos a posibilidade de comprender a relidade na que estamos a traballar, axudanos a comprender porque das cousas e que podemos facer para actuar correctamente. Chegar a unha institución e traballar nela sen unha teoría de fondo, provocaría que estivesemos a camiñar sobre un terreo inseguro posto que non chegariamos a comprender nunca a realidade na que nos estamos a mover.

Miradas complices e valoracións positivas:

" En mi expriencia valoro mucho lo que aprendí en la Universidad, non tanto por los contenidos teóricos, sino por el contacto con unos pocos profesores que eran diferentes del resto y que me hicieron ver lo que había detrás de lo que hacía, más allá del currículo"

 " Una de las profesoras en la Universidad me hizo volver a tener ganas de leer; tenía que encontrar conexiones entre el libro que quisiéramos y nuestra vida real, y no hacer el típico comentario de texto que había hecho siempre"

 Estas son algunhas das valoracións positivas que e recollen no monográfico en relación a actitude positiva de cara a formación recibida na Universidade. Se nos fixamos ben no que queren transmitir, podemos claramente identificar dous valores fundamentais: motivación por parte do profesorado e metodoloxía innovadora. Un mesmo contido pode ser transmitido de moitas formas pero a forma en que o profesorado o transmite e traballe con el  xoga un papel decisivo no interese por parte do profesorado. Cantas veces estudamos algo para un exame e ao día seguinte non nos acordamos? Que ou quen fallou nese proceso de ensinanza- aprendizaxe? Está claro que por moi motivadora, flexible e innovadora que sexa a metodoloxía que o profesor utilice en aula, ten que darse un traballo de fondo por parte do profesorado para que o proceso de ensino sexa satisfatorio o positivo por parte de ambolos dous membros. Por parte do profesorado sentirase máis motivado se vé que os seus alumnos aprenden a medida que el avanza nos contido, feito que lle crea seguridade no que está a facer. Por outra banda, o alumnado sinta unha vocación pola ensinanza máis forte tendo como exemplo aqueles docentes que realizan un traballo óptimo.

Finalmente adícaselle un apartado ao reparto de responsabilidades, posto que o peso da docencia debe ser compartido entre o alumnado e o profesorado, formando deste xeito un proceso común no cal todos sexan axentes activos que aporten a súa pequena aportación.

Neste sentido crítican o sistema educativo tradicional profundamente, marcado pola memorizacion de contidos e a futura reprodución sen dar pé a ningún tipo de análise crítico, aportación ou reflexión persoal. Cristina:" No querían que fuéramos flexivos y críticos, porque ¡cuantas veces he tenido qeu coger unos apuntes de no sé dónde, memorizarlos y reproducirlos sin dar mi opinión ni decir...! Por supuesto, no soy catedratica, pero puedo tener mi opinión".

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Herraiz, F. et Martínez, S. (2013). Formación inicial: entre la teoría y la práctica. Cuadernos de pedagogía. Nº436, 46-49.