Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas

A continuación, realizarei un pequeno resumo e valoración do texto “Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas” (Juana M. Sancho Gil) atopado en “Cuadernos de Pedagogía” e traballado en clase anteriormente. Neste documento preséntasenos o panorama actual co que deben lidiar os docentes para levar a cabo a súa tarefa.

Dende sempre, a finalidade dos sistemas educativos foi garantizar a transmisión e preservación de valores, actitudes e saberes dunha sociedade. Como o propio texto indica, poderíase dicir que este servizo dirixíase a “transportar a información dun tempo a outro” (pero estes coñecementos son estables, inamovibles).

Pero se realizásemos un análise máis en profundidade desta temática podemos ver que, na actualidade, ademais de multiplicarse as funcións da escola en sí mesma (xa que non é a encargada, tan só, de transmitir saberes, valores…), o contexto no que nos atopamos tampouco favorece moito. Como dice David Berliner nunha entrevista para “Cuadenos de Pedagogía” atopámonos ante unha sociedade ou nun mundo “V-I-C-A”, é dicir:

  • Volátil: donde nada é constante.
  • Incerto: non sabemos o que acontecerá mañá.
  • Complexo: en calquer ámbito no que eduquemos está coformado por un conxunto de múltiples conexións, configuracións, interpretacións e significados.
  • Ambiguo: no que a resposta máis común é “tal vez” “ao mellor”..

 

Polo tanto, poderíamos dicir que se aboga por un cambio de identidade como comentaremos a continuación.

Como se pode ver, ante este panorama, non pode resultar sinxelo dedicarse a ensinanza cos tempos que corren, tendo en conta tamén o actual momento de crise xeralizada ante o que nos atopamos.

Por outro lado, este texto analiza a situación dos docentes de Educación Secundaria e Primaria no noso país. En primeiro lugar, dícese neste estudo que o número de docentes neste nivel educativo aumentou de forma significativa, sobre todo entre a poboación femenina (tal e como analicei en blogs previos). Por outra banda, tamén se manifesta que este colectivo atópase entre os mellores valorados pola poboación, tan só superada por médicos e profesores de universidade. Ademais, faise un apuntamento oi significativo para min, que nos pon un pouco ós pes na terra ante tantos datos alentadores. Este dato é que no actual período de crise, tanto económica como política, a maioría de licenciados en maxisterio entre os anos 2004 e 2010, que participaron neste estudo, non contan con emprego no presente. De aí que o panorama co que nos podemos atopar nun futuro, non sexa moi alentador.

Por último, fálase dos docentes. O que implica esta profesión, os cambios que se produciron neste ámbito con respecto ao pasado, a gran diversidade existente entre o alumnado... Tamén se cita un aspecto para min fundamental, que é que os profesores pasan de ser meros transmisores de coñecementos a guías/orientadores, debido ao cambio que se produciu na nosa sociedade, e polo tanto, na escola.

Agora centrareime en realizar un pequeno análise deste documento a partir do meu modo de ver as cousas. Sinceramente, comparto a maioría das ideas que presenta o autor, por non dicir todas.

Realmente nos tempos que corren, penso que a profesión docente é unha das máis complexas ante a que nos podemos enfrontar, non só polo contexto cambiante ante o que nos atopamos, senón tamén debido a gran diversidade do alumnado co que debemos traballar.

Destacar que me parece moi importante a afirmación que leva a cabo a autora. Os docentes na actualidade xa non poden ser considerados como meros transmisores de coñecementos, xa que se engadiron unha serie de novas funcións que este colectivo debe afrontar. Como a propia autora pon de manifesto, os mestres nos tempos que corren deben ser tamén orientadores ou guías, onde o coñecemento dos alumnos e as súas situacións é imprescindible.

Por último, creo que unha das afirmacións máis importantes que se leva a cabo neste texto é a necesidade, por parte do profesorado, dunha formación continua ademais dun afán investigador a ter en conta. Engadir que me parece imprescindible a permanente renovación da que se fala no texto, xa que os mestres, deben levar a cabo un traballo moi importante e que supón un grande esforzo para conseguir a tan preciada renovación metodolóxica que dende a educación se ven promovendo dende fai moito tempo.

Bibliografía:

Sancho, J.M. y Correa, J.M. (2013). Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas. En Cuadernos de Pedagogía, nº436, pp. 18-20.