Sistemas educativos e Formación do Profesorado en Francia, Reino Unido e Finlandia

1. TIPOS DE ORDENAMENTO ADMINISTRATIVO E ORGANIZATIVO DAS INSTITUCIÓNS ESCOLARES NA UNIÓN EUROPEA

a) Centralización

É o modelo de países como Luxemburgo, Francia, Italia, Austria, Grecia e Portugal. O prototipo é o sistema francés porque é deber do Estado garantir a calidade da educación.

b) Rexionalización

É o caso de Alemaña, Suiza, España e Bélxica.

c) Localización

Este é o modelo de Dinamarca, Finlandia, Sueia e Irlanda. Caracterízase polo control local e por un alto nivel de autonomía de cada escola, regulación central lixeira combinada con forte papel adminsitrativo dos concellos.

d) Autonomía institucional en cuasi mercado

A educación como ben do mercado. É o modelo de Holanda e o Reino Unido. A financiación destas escolas faise tendo en conta as cifras de matriculación e os centros escolares teñen máis autonomía curricular e de regulación de exames, aínda que hai unha tendencia actual ao control estatal.

 

2. MODELO ESCOLAR FRANCÉS (centralizado)

 2.1. Escola obrigatoria

Escolaridade obrigatoria ata...

16 anos

Dos 6 anos ata os 11 anos

École Élémentaire

Dos 11 anos aos 16 anos

Collège

Control das escolas

Concellos


2.2. Ensinanza secundaria superior

Dos 16 anos aos 19 anos

Lycées (Existen 3 tipos)

De quén dependen os Lycées?

Rexións

Qué hai que facer para obter o bacharelato?

Aprobar os tres cursos e ter superada unha proba final a nivel nacional

Lycée de Bacharelato Xeral (BX)

3 modalidades:

  • Literaria
  • Económico social
  • Científico

Lycée de Bacharelato Tecnolóxico (BT)

3 especializacións:

  • Laboratorio
  • Industrial
  • Médico-social

Lycée de Bacharelato Profesional (BP)

Inclúe:

-1º curso de técnico

-Dous restantes de estudios profesionais

 

2.3. A formación dos profesores

Instituto Universitario de Formación de Profesores

 

  • Preparación de tódolos profesores  (primaria e secundaria)
  • Formación pedagóxica inicial
  • Formación continua
  • Investigación educativa
  • Para acceder é necesario ter unha diplomatura (Licence) + superar unha proba de acceso+ test+ entrevista + currículum
  • Os estudos duran 2 anos académicos
  • 1º ano de estudos: carácter teórico-práctico (inclúe a preparación das oposicións)
  • 2º ano de estudos: prácticas + memoria profesional + certificación dun tribunal

 

 

2.3.1. Aspectos positivos dos IUFP

  • Ofrecen o número de prazas acorde coas necesidades do sistema educativo, polo tanto ofrece garantías profesionales para os estudantes.
  • Orientaicón pedagóxica, psicolóxica e práctica da formación.
  • Integración de estudos, ao unificar a formación inicial de primaria e secundaria.

2.3.2. Aspectos negativos do IUFP

  • Orientación da preparación hacia probas e sistemas de avaliación
  • Centralización administrativa en torno as Academias
  • A formación é compartida con catro tradicionais Escolas Normais Superiores (París, Fontenay-Saint Cloud, Lyon e Cachan). Centros de gran prestixio.

2.3.3. Composición dos estudos nos IUFP

            No caso dos profesores de primaria e secundaria elemental:

  • 54% do plan de estudos está composto por materias xerais e didáctica
  • 16% adicase ás materias pedagóxicas
  • 20% prácticas escolares
  • 10% preparación da proba e elaboración da memoria final

            No caso dos profesores de secundaria superior:

  • 82% materias xerais e didáctica
  • 8% materias pedagóxicas
  • 10% prácticas escolarse
 

3. O MODELO ESCOLAR DO REINO UNIDO (autonomía institucional)

Escolarización obrigatoria

Dos 5 ata os 16 anos

Para alumnos de 5 a 8 anos

First Schools

Para alumnos de 8 a 12/13 anos

Middle Schools

Para alumnos de 12/13 anos ata os 16

High Schools

 

3.1. Divisón das High Schools

Comprensive Schools

  • Polivalentes

 

Grammar Schools

  • Reciben alumnos ata os 18/19 anos
  • Selectivas
  • Elixen en función do rendemento dos alumnos

Specialist Schools Programme

  • Especializadas nunha das seguintes áreas: tecnoloxía, linguas, deportes ou artes.

 

3.2. Organización da ensinanza post-obrigatoria (16-18 anos)

Sixth Forms Colleges

  • Ensinanza obrigatoria de carácter xeral

Tertiary Colleges

  • Cursos de formación profesional

Further Educacion Colleges

  • Cursos de formación continua

 

3.3. A formación dos profesores

MODELO SIMULTÁNEO

MODELO CONSECUTIVO

  • Ensinanza preescolar e obrigatoria
  • 4 anos de estudo en centros universitarios
  • Obteñen unha Diplomatura en Ciencias da Educación
  • Licenciatura nunha materia científica estudada
  • Posteriormente, realizan un ano de formación pedagóxica
  •  Licenciatura nunha materia científica.
  • Posteriormente, realizan un ano de formación pedagóxica.

 

4. O MODELO ESCOLAR DE FINLANDIA (localización)

4.1. Características xerais da escolarización obrigatoria

  • Integradora
  • Non selectiva
  • Gratuita
  • Incorporación aos 6 anos é optativa
  • Non hai exames
  • Non hai repetición de curso ao final do ciclo
  • Impártese en centros polivalentes dende o 1983

4.2. Clasificación do profesorado

  • De aula (primeiros seis cursos)
  • De materia
  • De educación especial
  • Orientadores pedagóxicos

4.3. Educación Secundaria Superior

  • Dividida en 2 ramas: xeral e profesional
  • Duración: 3 anos (dos 16 aos 19 anos)
  • O 94% do alumnado de educación obrigatoria promociona a este nivel
  • Hai materias obrigatorias e optativas
  • Realización dun examen de carácter nacional

4.4. Modelo de formación dos profesores

  • A formación pode ser en Finés ou en Sueco.
  • A unidade académica equivale a 40 horas de traballo pedagóxico (clases, seminarios, titorías,  lecturas, etc.).
  • O profesorado de preescolar, educación primaria e ensinanza secundaria elemental fórmanse nas Falcultades de Pedagoxía seguindo un modelo integrador de estudos.
  • Modelo consecutivo cun ano de especialización (Maistrise) para todos aqueles que queiran ser profesores e que veñan dunha rama científica determinada.
  • Durante a licenciatura, todos aqueles que saiban que queren adicarse a docencia poden cursas a materia de Pedagoxía.

5. CADROS COMPARATIVOS NO TOCANTE A FORMACIÓN DOS PROFESORES

% en materias. Ensinanza primaria e secundaria elemental


Ensinanza secundaria superior (formación pedagógica) % en disciplinas.

6. WEBGRAFÍA

http://www.revistaeducacion.mec.es/re336/re336_10.pdf (consultada o 26/11/13)