Blog interesante

Bos días psicopedagogos e psicopedagogas! Quería compartir convosco un blog de Juanto Fernández chamado Orienta y Psico (blog que pertence á páxina do mesmo autor chamada psicopedagogíaactiva, cuxo enlace é www.psicopedagogiaactiva.com, que ofrece información, artigos, imaxes e vídeos moi interesantes e que nos poden axudar no noso andar como futuros profesionais. O enlace é o seguinte: orientaypsico.blogspot.com.es 

De feito, un dos últimos vídeos que acaba de engadir, Nacidos para aprender (http://orientaypsico.blogspot.com.es/2013/03/nacidos-para-aprender.html) é un vídeo recomendable, xa que nos fala da aprendizaxe, o desenvolvemento, a importancia do xogo e a adolescencia e os cambios que conleva. Ademais, ao pé de dito vídeo, Juanto Fernández fai unha breve reflexión acerca dos contidos que se mostran no mesmo. 

Anímovos a que coñezades este blog e a que lle botedes unha ollada ao vídeo e ao artigo relacionado. 

Que pasedes un bo día!