Bullying, Mobbing, Bulismo, Ijime, Wang-ta, Ausstiessen

Fai uns días publiquei unha entrada acerca das miñas lembranzas nunha escola rural. Gustaríame poder facer o mesmo ao respeto da miña etapa no instituto, pero non son quén. Teño moi malos recordos asociados a esa etapa. Só podo dicir que fun víctima dunha Bully, e a isto vou adicar a miña entrada, baseándome na miña experiencia persoal e nos apuntamentos dunha materia que tiña o ano pasado en Finlandia: Comportamento Agresivo e Bullying.

Antes de comenzar, faise preciso esclarecer que o bullying non é un conflito illado na escola que só afecta aos máis xoves, non. O bullying maniféstase en diversos contextos e poden sufrilo nenos, adolescentes e adultos. A agresividade pode ser tamén de diversos tipos, difernciando entre agresión directa (como por exemplo: patadas) da agresión indirecta (como por exemplo: maltrato psicolóxico). Polo tanto, faise necesario que todos coñezamos que é, xa que é moi difícil detectalo, e aínda máis se descoñecemos e non nos preocupamos por saber cómo se manifesta.

É moi importante que os mestres e mestras coñezan a fondo cómo se manifesta este fenómeno e que poden facer para que non vaia a máis ou previr que apareza, pois é unha realidade que está hoxe en día presente na maioría das escolas e que afecta seriamente ao benestar dos alumnos/as.


1. QUÉ É O COMPORTAMENTO AGRESIVO?


1.a. Diferentes definicións acerca do termo conflito

"É unha aberración na sociedade, un tipo de patoloxía social. Os conflitos son sempre disfuncionais e pódense eliminar dándolle a toda a xente envolta o que eles queren. Sempre teñen influencias negativas. Podemos negarnos a recoñecelo, pero son inevitables." (e.g. Parsons, 1951; Smelser, 1962)

"Son inevitables porque son produtos da interacción social. Son a consecuencia da imposibilidade de darlle sempre a tódalas persoas o que queren." (Coser,1956)

Atendedo ás definicións expostas aquí, os conflitos son algo normal, froito da interacción diaria entre as persoas. Non son sempre disfuncionais, e non deberíamos velos de maneira xeneralizada como unha patoloxía. Os conflitos son diversos, uns poden levar a melloras na sociedade e outros son debastadores e causan dano nas persoas, danos que normalmente afectan á psique das persoas.

1.b. Diferentes definicións acerca do termo agresión

Antes de presentar as diferentes definicións, é preciso distinguir o sentimento de enfado, do comportamento agresivo.

  • Os individuos poden ser moi agresivos sen sentir enfado.
  • Os suxeitos poden estar enfadados e non comportarse de maneira agresiva.

"A agresión é un acto intencional, levado a cabo co propósito de causar danos físicos ou psicolóxicos a unha persoa ou a varias." (Björkqvist,1989)

Debemos prestar atención polo menos, aos seguintes catro factores que se poden manifestar nun acto agresivo:

  • É intencional?
  • Cánto dano fai?
  • Cál é a razón da agresión?
  • Qué método empregaron? ( armas, mans,etc.)
1.c. Tipos de agresión
  • Agresión instrumental. Acto feito a sangue fría para conseguir determinadas metas.
  • Agresión emocional. Acto agresivo motivado polo sentimento de enfado.
  • Agresión activa. A persoa toma a iniciativa de agredir. (Ataque).
  • Agresión proactiva. A persoa responde a alguén que o tratou de maneira agresiva. (Defensa).

Logo, tamen podemos distinguir en función de como a agresividade se manifesta:

  • Agresión física. (Patadas, quitar cousas a outra persoa, empurróns, etc.)
  • Agresión verbal. (Insultos, berros, etc.)
  • Agresión indirecta. (Non facer caso a outra persoa, falar mal da outra persoa,etc.)

Este último tipo de agresión é unha dos máis difíciles de detectar, o suxeito que a sofre acaba con serios danos na súa autoestima debido a manipulación social que fixeron outros suxeitos. Normalmente non conta o que está sufrindo porque acaba creendo o que din del ou dela esas persoas. Hoxe en día, este tipo de agresión é máis grave debido a que se pode perpretar a outras persoas mediante as novas tecnoloxías (cyberbullying) sendo aínda máis difícil de analizar e máis prexudicial, xa que non hai límite de espazos nin tempo, a persoa pode ser agredida de maneira permanente e con máis frecuencia.

Un estudo realizado polo psicólogo Kaj Björkqvist, profesor da Universidade finesa Åbo Akademi aprecia a diferenza que existe entre o sexo masculino e feminino no tocante ao emprego de estratexias agresivas. Desta a agresión física é máis común no sexo masculino e menos común no feminino. Nembargantes, o sexo feminino emprega máis a agresión indirecta. O manifesto desa agresividade vai variando coas idades. Así o punto máis alto de agresión indirecta nas mulleres alcánzase aos 11 anos de idade, ao igual que na agresión verbal. A esa mesma idade, o sexo masculino é cando máis puntuación obtén na agresión física e na verbal. A continuación mostro as estadísticas nas que me baseo para afirmar isto:

Estadísticas estratexias agresivas

Gossip

1.d. A aprendizaxe da agresión

Björkqvist no libro Aprendo a agresión dos modelos, 1997 suxire que hai 4 factores importantes:

  • O grao de semellanza entre o modelo da situación e o modelo da actual situación.
  • Identifiación co modelo en cuestión.
  • Se o modelo observado ten éxito ou non.
  • A cantidade de veces que se expón o suxeito a este modelo.

2. O BULLYING NA ESCOLA

2.a. Definición de bullying

  • Comportamento intencional cuxa misión é danar a outra persoa
  • Pode darse unha vez ou manifestarse repetidamente ao longo do tempo
  • Hai un desequilibrio de poder, que fai que para a víctima sexa moi difícil defenderse
  • É un abuso sistemático de poder

Como dixen ao principio desta entrada, o bullying pode manifestarse en varios contextos, tales como:

  • A escola
  • Lugares de traballo
  • Exércitos
  • Cárceres
  • Familias
  • Organizacións (tales como clubs de deportes, entre outras).

O bullying sempre existeu, pero non fai ata o 1970 cando foi recoñecido como un fenómeno psicolóxico social. No 1970 fixéronse investigacións acerca do bullying na escola, e no 1980 acerca do bullying nas empresas. Aínda queda moito por investigar no tocante ao bullying nos exércitos, nas familias, etc. 

2.b. Tipos de bullies

Os bullies son os suxeitos que realizan a agresión. Poden ser da seguinte tipoloxía:

  • Bully intelixente
  • Bully que non é tan intelixente
  • Bully-víctima

2.c. Tipos de víctimas

  • Víctima pasiva
  • Víctima proactiva
  • A víctima bully

2.d. Roles dos participantes no bullying

Os bullies non actúan sós, senón que operan en grupo, onde outros poden tomar diferentes roles:

  • Reforzadores da acción do bully 
  • Asistentes da acción do bully 
  • Defenden as accións do bully
  • Mantéñanse á marxe, pero observan
  • Non teñen ningún rol
Esta idea dos roles, foi empregada para ben no programa KiVa Koulu de Finlandia, un programa antibullying no que os observadores ou os que non tiñan ningún rol adoptaban o papel de defensores do acosado.
 
2.e. Consecuencias do bullying que inciden directamente no correto desenvolvemento e maduración da persoa
  • Fracaso escolar, debido entre outros factores ás dificultades de concentración que presentan.
  • Fobia á escola.
  • Alto nivel de ansiedade, especialmente de tipo anticipatorio.
  • Descenso da autoestima.
  • Cuadros depresivos.
  • Nos casos máis graves, cando a victimización se prolonga no tempo, intentos de suicidio.
 
3. O ROL DOS PROFESORES ANTE O BULLYING
 
Segundo Sullivan (2004), existen determinados roles que adoptan algúns profesores e que facilitan a manifestación do bullying:
  • O profesor autoritario
  • O profesor narcisista
  • O profesor que fai bullying aos propios alumnos
  • O profesor que non mostra interés polos seus alumnos
  • O profesor permisivo

O profesor debería resolver o problema e non ser parte del. 

 

4. PREVENCIÓN A NIVEL INDIVIDUAL

  • Deféndete (non de maneira agresiva)
  • Se non eres capaz de defenderte, evita as situacións potenciais de bullying, ou finxe que non che preocupa
  • Conta aos pais/nais, profesores, tan pronto como sexa posible. Os pais/nais da víctima teñen que falar cos pais/nais do bully o antes posible
 

5. PROGRAMAS ESCOLARES ANTI-BULLYING

Existen dous programas levados a cabo nas escolas finlandesas: Olweus´s program e KiVa program, ámbolos dous chegaron a reducir un 50% o bullying nas escolas. Estes programas consisten de diversas partes como diferentes niveis de intervención:

  • Intervención na clase. Normas de clase, reunións, role-playing, entrenamento da empatía, etc.
  • Intervención a nivel individual. Traballar directamente cos bullies e coas víctimas.
  • Intervención parental. Traballar cos pais e nais, reunións e normas.
  • Intervención con toda a clase. Normas, reunións, peer tutoring onde os alumnos maiores axudan aos máis novos.
 

6. O BULLYING EN FINLANDIA

Finlandia tense considerado unha sociedade pacífica, seguindo o sistema político e social do benestar. Nembargantes, recentemente foi sacudida por dous tiroteos en escolas. O primeiro tivo lugar o 7 de Novembro do 2007 en Jokela, onde morreron nove alumnos. O segundo foi o 23 de Setembro do 2008 en Kauhajoki, onde un estudante asasinou a 10 alumnos. De feito, Finladia está entre un dos países con máis tiroteos nas escolas, en primeiro lugar está EEUU, logo Alemaña, despois Canadá e en cuarto posto Finlandia. 

Isto sorpréndenos acordo cos resultados PISA, porque segundo este informe, teñen as mellores escolas de Europa, porén algo deixaron atrás no tocante á saúde mental e o benestar dos alumnos psicolóxico, e por elo agora están moi preocupados por elaborar programas preventivos que eviten desastres como os anteriormente citados.

 

7. QUÉ IMPORTANCIA TEN O ROL DO DOCENTE ANTE O BULLYING?

  • O profesor/a pode crear un clima axeitado de aula para previr este tipo de abuso, facendo que os estudantes se sintan seguros.
  • Implicar aos pais/nais na construcción dun clima positivo na escola.
  • Elaborar programas preventivos.
  • Responder cando o bullying se manifesta. Aprender a como detelo, ver que é o que aconteceu e apoiar aos alumnos que están implicados.
  • Responsabilizarse de aprender máis acerca deste fenómeno.
  • Crear normas ao respeto.
  • Pedir axuda senón é capaz de afrontar a situación.
  • Dar a coñecer aos seus compañeiros qué é, cómo se manifesta, cómo previlo ou frealo.

 

8. WEBGRAFÍA