Desprestixio da profesión docente

Nas miñas últimas entradas do E-portfolio, abordei o desprestixio que sufre a profesión docente nos nosos días, motivada en gran parte pola influencia dos medios de comunicación. Tendo en conta isto, e  partir dun artigo de José M. Esteve, La imagen social de los profesores, pretendo afondar neste tema. Este artigo parte da obra de Eric Hoyle, The role of the teacher, na cal recolle os dous tipos de estereotipos que presenta a profesión docente.

Neste senso, sabemos que existen estereotipos en todas as profesións, os cales presentan unha imaxe fixa da profesión que é moi difícil de eliminar, ademais, nos casos en que a realidade non é como a formulan estes estereotipos, é explicada como unha excepción á regra xeral. Debido  a isto, non podemos deixar pasar por alto estas percepcións, posto que inflúen na opinión da sociedade, e sen dúbida están afastadas en moitos casos do que é a realidade en si mesma.

Tendo en conta este feito, un dos principais factores que inflúen neste estereotipos son os medios de comunicación, e máis aínda nunha profesión como a docencia, a cal é un servizo á comunidade. Centrándome por tanto, nesta profesión, considero preciso destacar os dous estereotipos habituais que predominan na visión do profesorado:

  1. Este estereotipo é o máis antigo e consiste na percepción idílica da profesión docente. Neste sentido, minimízanse as tarefas de ensinanza centrándose a tarefa docente na relación profesor –alumno, como eixo fundamental do seu traballo.
  2. En segundo lugar, preséntase a profesión docente como unha actividade conflitiva, na que se destacan como se dunha realidade habitual se tratase as agresións ou enfrontamentos ideolóxicos, entre outros.

A tenor disto, o autor fai mención da influencia que os medios de comunicación así como as películas ou series de televisión inflúen e manteñen estes estereotipos. Facendo referencia a isto, determina que será a través das películas como El maestro ou series como Fama, se mantén a visión idílica do profesor, a cal se ve reflectida na actividade dos docentes os cales son mostrados na maioría das ocasións conversando cos alumnos, e non tanto traballando nas aulas. En cambio o estereotipo contrario pode verse claramente nos medios de comunicación, a través de titulares ou noticias como; “Despido indebido de un profesor”, “profesor agredido pro sus alumnos”, entre outros.

As ideas que mostran estes titulares ou noticias sobre os docentes, podemos recollelas nos seguintes compoñentes os cales fan referencia claramente a manter unha imaxe conflitiva da profesión docente.

  • Situacións de violencia física nas aulas, incluíndo profesores, pais e alumnos
  • Os despidos ou situacións de conflito motivadas por enfrontamentos ideolóxicos
  • As baixas retribucións dos docentes
  • A falta de medios materiais para levar a cabo a docencia.

Debido a estas ideas, e como di o autor, o que estamos a conseguir e asentar en maior medida esta imaxe estereotipada dos docentes. Neste senso é certo que a situación actual non e boa, e que son numerosos os conflitos que se producen nas aulas, mais sesgar esta información e mostrar só aqueles aspectos que se reducen a mínimas expresións, produce un gran dano na imaxe da profesión.

A presenza destes estereotipos, non está de todo afastada coa realidade que viven os docentes ao formarse e chegar pro primeira vez a un centro educativo. Como falei nalgunha entrada no blog anterior, a formación inicial dos docentes parte dunha serie de ideais, na cal se explica de maneira teórica o que se vai a ter que realizar na práctica. Con todo no momento de chegar a un centro educativo por primeira vez, xorde un conflito no docente, xa que a visión que tiña o mellor non é a que se atopa en realidade. Neste sentido, enmarcarse nas normas da institución ou cumprir o currículum limitan o traballo docente, e este feito provoca que nun momento de introdución ao mundo profesional, se cree unha controversia entre o que aprendeu e como poder atender as necesidades dun colectivo.

A idealización que tiñan ao comezo dá paso a un conflito persoal no cal se dan diversas reaccións, as cales son abordadas,  no libro El mundo interior del docente de Ada Abraham, ao cal fai referencia o autor a través das seguintes ideas:

  • A aceptación do conflito como unha realidade obxectiva a superar.
  • Sentimentos de contradición provocados pola falta de adecuación entre os ideais e a realidade.
  • A negación da realidade, evitando acercarse aos problemas, para os que non está preparado.
  • Predominio da ansiedade, ao verse incapaz de levar á práctica o ideal de docencia que lle foi inculcado.

Somos conscientes de que esta situación debe finalizar e para elo, é necesaria unha clara axuda de toda a sociedade. Neste sentido, e como puidemos ver noutros artigos que analicei anteriormente como Nuestro sistema educativo no es un desastre, do mesmo autor, a percepción dos pais e alumnos acerca dos docentes e do sistema educativo non é tan negativa como se pensa. Con todo a gran influencia de políticos e medios de comunicación contradín esta idea. Isto é moi perxudicial xa non só para os docentes senón para o sistema educativo en xeral, e moito máis para as entidades públicas, as cales acollen normalmente estes conflitos.

Que é entón máis importante?, Facer crer que o sistema educativo está mal e que non se obteñen os resultados desexados ou que aínda con limitacións e con todas as dificultades que presenta a sociedade actual, os docentes están a facer o seu traballo da mellor maneira posible?

 

Bibliografía

Esteve, J.M. .La imagen social de los profesores. Recuperado dehttp://www.juntadeandalucia.es/educacion/vscripts/w_cea/pdfs/Jornadas/10%20a_05%20E.pdf o día 23 de novembro de 2013

Esteve, J.M.(2007). Nuestro sistema educativo no es un desastre. En Cuadernos de Pedagogía, nº374, pp. 12-16

Comentarios

  • maria jares

    Muy buena entrada Coral!

    En mi opinión si queremos mejorar algo no es suficiente con crititcar por criticar lo que no está bien en la actualidad, hay que hacerlo con la finalidad de buscar soluciones a ello. Por todo esto opino que hacer creer que estamos con un sistema educativo pesimo y muy por debajo del nivel de resto de paises no es la solución. Primeramente hay que analizar cuales son aquellos puntos que hemos ido mejorando a los largo de los ultimos años y cuales aquellos que todavía hay que modificar. Partiendo de la idea de que con traabajo hemos conseguido avanzar en esos aspectos que han mejorado, se conseguira mejorar poco a poco todas las dimensiones del sistema educativo.  Si meramente nos dedicarmos a criticar y a apenarnos por la situación actual del mismo, lo unico que se conseguirá es negatividad respecto a este y la sensación de que no hay nada que hacer para que la situación cambie, cuando la realidad es totalmente distinta.

  • coral lopez lozano

    Moitas gracias polo teu comentario. En efecto, estou dacordo contigo en que ás veces todo se basa nunha crítica sen fundamento, e que en realidade debemos ter clara cal é a situación para poder levar a cabo as nosas propias conxeturas.