En defensa de la educación mixta

En defensa de la educaci

Estiven a ler un artigo sobre educación, na revista "Trabajador 48" no seu nº 48. IV Época de novembro do 2013, publicada pola Secretaria Confederal de la Mujer e Igualdad. Con ler o título "En defensa de la educación mixta" de Carmen Heredero de Pedro, xa souben de que ía o artigo.

Carmen Heredero de Pedro, é secretaria de Muller, Igualdade e Política Social da Federación Estatal de Ensinanza de Comisións Obreras.

Este artigo ten como propósito facer unha crítica a nova Lei de Educación (LOMCE), que foi aprobada pola maioría do Partido Popular. Este artigo menciona que a LOMCE é unha volta ao pasado, en concreto á Lei Moyano de 1857 onde existían escolas para chicos e escolas para chicas. Heredero de Pedro neste artigo da unha explicación de porqué non deben existir escolas que diferencien por sexo.

Por unha banda, mostra as xustificacións que fan os centros segregados para seguir coa súa actividade e por outra, mostra as ventaxas  que CCOO considera que ten a escola mixta.

Se me tivese que decantar por centros segregados ou escolas mixtas, elixo escolas mixtas sen dúbida porque considero que a segregación por sexos non aporta ningunha ventaxa. E ademais considero, que na  maioría das ocasións estes centros segregados están favorecidos xa que coa LOMCE vanse destinar máis carto ao centro deste tipo, e non nos damos conta que na súa maior parte estes centros segregados son de clase elitista. 

 

Finalmente, espero que vos resulte de interés este artigo.