A colaboración entre profesionais e o traballo en rede

Un dos aspectos que levamos traballado nestas últimas sesións é o tema da colaboración. Aspecto que cobra gran revelancia no noso futuro traballo profesional como psicopedagogas/os. A profesora Lourdes Montero, referenciounos o texto de Bassedas "A colaboración entre profesionais e o traballo en rede" . Polo que lin o seu capítulo dentro do "Manual de Asesoramiento Psicopedagógico" de Joan Bonals (2007). En concreto o texto de Eulalia Bassedas ocupa o capítulo 2 da primeira parte "El asesoramiento psicopedagógico" de dito libro. 

Antes de ler o documento anexo no que se amosa unha síntese e conclusión deste texto, débese coñecer que se entende por colaboració

A miña definición de colaboración podería ser: a implicación de diversos profesionais nun proxecto outraballo en común para a consecución conxunta duns determinados obxectivos ou metas. Isto implica un traballo en rede a través de proxectos.

Finalmente, considero que en todos os centros educativos debería existir a cultura profesional da colaboración (consultar entradas anteriores no blog sobre culturas profesionais).  

A colaboración entre profesionais e o traballo en rede