A formación do persoal docente e investigador da nosa universidade

CeTa


O PROGRAMA DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN DOCENTE (PFID)


Qué formación reciben os nosos profesores da Universidade de Santiago de Compostela?

No marco da materia de Pedagoxía Laboral a profesora Mar Lorenzo citounos o servizo da nosa universidade que se adicaba a este propósito (CeTA), xa que estamos estudando a importancia da formación continua das persoas. Tamén o estamos tratando nesta materia con Lourdes, pois estamos vendo que non abonda coa Formación Inicial, é preciso estar formándose constantemente. Por elo, faise necesario indagar en qué consiste a formación do profesorado da Universidade.

Baseándome na información que aparece na páxina web dispóñome a analizar en qué consiste este programa levado a cabo polo CeTA. Comecemos!

1. Qué é o PFID?

É un programa deseñado para que os profesores, investigadores e bolseiros da nosa universidade poidan adquirir e mellorar as súas competencias docentes, investigadoras e de xestión.

 

2. Qué propostas ofrece o PFID?

  • Plan Xeral de Formación

Promove aprendizaxes e a reflexión dos profesores e investigadores sobre a súa experiencia na aula.

  • Plan de Formación de Novéis

Dirixida ás persoas que se inician na carreira docente universitaria e cuxos programas contemplan a posibilidade de participar na docencia. Engloban os seguintes ámbitos formativos:

  1. Tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á docencia.
  2. Metodoloxía: estratexias de ensino-aprendizaxe, titoria e avaliación.
  3. Desenvolvemento profesional.
  4. Diversas actividades en relación con outros servizos da USC: Servizo de Normalización Lingüística, Oficina de Igualdade de Xénero, Servizo de Prevención de Riscos, etc.
  • Formación de Demanda

Axudas para o desenvolvemento de actividades formativas e recoñecemento das actividades de formación do persoal docente e de investigación. As actividades teñen que tratar sobre as anteriores temáticas citadas.

  • Proxectos de Innovación Educativa e exemplos de boas prácticas

Axudas para os profesores ou grupos de profesores que queiran levar a cabo unha innovación no seu contexto de intervención. Aquelas innovacións máis destacadas poderán recibir axudas económicas para garantir a transferencia das mesmas a outros contextos, tendo que integrarse nunha base de datos institucional.

  • Proxectos de Creacción de materiais didácticos dixitais para a docencia

Axudas para a creación de materiais dixitais que favorezan a aprendizaxe activa e autónoma dos estudantes. Tamén se integraran estos nun repositorio institucional de contidos.


3. Qué é o que teñen que facer para poder participar?

Para poder participar téñense que matricular na sección web denominada “Programación”, onde aparece o listado de cursos co lugar de realización, data e horarios. Logo teñen que preinscribirse. Senón se cubre un 75% das prazas dun curso, elimínase.


4. Recoñecemento da formación

A universidade outórgalles os correspondentes certificados de asistencia e expide un diploma de docencia acorde co Plan Xeral de Formación ou Plan de Formación para Novéis. Para poder obter estes diplomas ten que haber acudido a un mínimo de 100 horas de formación.


5. Cursos que se están levando a cabo en Santiago de Compostela

 Estes son algúns dos cursos que xa se celebraron ou se van celebran entre o mes de Outubro e Decembro.

  • Formación semipresencial no campus virtual
  • As pizarras dixitais interactivas para estratexias docentes
  • Ferramentas informáticas de análise de datos: SPSS (Inicial)
  • Melloras na xestión das aulas virtuais en Moodle 2.5
  • Xornada sobre Propiedade Intelectual e outras normativas
  • Así falan eles, así falan elas. A interacción de xénero e a docencia universitaria
  • Deseño e implementación dunha materia no campus baseado en software libre
  • Xestión dos cursos, grupos, avaliación e cualificacións no campus virtual

 Pódense descargar os programas de cada curso, ónde podemos atopar información relativa a:

  • Quén imparte o curso
  • Cáles son os obxectivos a acadar
  • Qué contidos se van abordar
  • Cál vai ser a metodoloxía a empregar
  • Cómo van avaliar o curso
  • Requisitos para poder participar
  • Data de matrícula
  • Número de horas
  • Lugar do curso
  • Data do desenvolvemento do curso
  • Horario do curso
  • Número de prazas
 

6. Creacción de grupos de Innovación Docente

Os últimos datos relativos á creación de grupos son do ano lectivo 2010-2011.Non se sabe se este programa segue vixente ou se xa se cesou. O caso é que é unha iniciativa moi interesante pois fomenta a cultura de colaboración na súa formación permanente.


7. Informes anuais

Os últimos informes que aparecen na páxina web datan do 2005-2006, o cal demostra que está un pouco abandoado este espazo. Sería interesante coñecer datos referidos á participación do profesorado e investigadores, así como a avaliación da docencia recibida, pero nin tan sequera podemos acceder ao datos do Informe 2005-2006, ao premer no link non aparece nada.


8. Actividades de Formación Docente para o Profesorado Non-Universitario

A USC, non só oferta cursos para os seus docentes, senón tamén para todos aqueles profesores non universitarios, baixo o amparo dun Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a USC. A continuación expoño os cursos que se van levar a cabo durante este ano académico:

  • Xornada Consumidores responsables no eido financieiro
  • Cine e valores. O cine como recurso educativo
  • Nietzsche no pensamento contemporáneo
  • Astronomía práctica, fonte de recursos para as áreas de ciencias
  • Xornada a Institución Libre de Ensinanza e a educación da muller: ideas, feitos e nomes
  • Xornada habilidades básicas de resolución de conflitos
  • Xornada a titoría do prácticum no máster en profesorado de secundaria como escenario de desenvolvemento profesional
  • Xornada teoría e práctica en alemán como lingua estranxeira. Sobre a integración de léxico e gramática.
  • A influencia de Grecia e Roma na cultura occidental
  • Xornada sobre lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa
  • Xornadas repensando o currículo educativo en Lingua Galega e Literatura nun contexto social en mudanza
  • Construíndo valores desde a Pedagoxía do Abrazo de Vinculación según Jirina Prekop
  • Curso de arte e educación
  • Como observar e documentar a vida da aula de Educación Infantil
  • Aproximación das últimas achegas da investigación ás materias de Filoloxía Clásica en IES
  • Xornada de hidrobioloxía para Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
  • Desenvolvemento e avaliación de competencias básicas nas ciencias sociais
  • Habilidades Informacionais para Docentes
  • Xornada coñecer a UE navegando na WEB
  • Desenvolvemento de técnicas artísticas para a creatividade persoal
  • A fotografía como instrumento pedagóxico
  • A xestión da convivencia e das altas capacidades nos centros educativos
  • Xornada metodoloxías innovadoras en Educación Infantil: o traballo por proxectos
  • Xornadas de terminoloxía matemática: A beleza dos números, a beleza das palabras
  • Seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante. Experiencia e innovación
  • Xornadas Austríacas. Österreich Tage.

Estes cursos aparecen todos eles acompañados da información correspondente, ao igual que os dirixidos aos docentes e investigadores universitarios. Nembargantes, despois de analizar o Informe Anual de Formación do Profesorado en Galicia, puidemos ver os cursos impartidos pola USC non figuran, cando sería interesante e importante engadilos, pois abranguen temáticas que no antedito informe non aparecen. Ademais, a realización destes cursos non é gratuíta, aínda que na páxina web non o concreta, podemos ver folletos dos mesmos na nosa facultade, no cal o prezo dalgúns ronda sobre os 75 euros.

 

9. Webgrafía 

http://www.usc.es/gl/servizos/ceta (consultada o día 29/11/13)