• Blogs
  • REBECA
  • Os asesores educativos no fracaso e o abandono escolar

Os asesores educativos no fracaso e o abandono escolar

Fago esta entrada no blog porque onte, ao saír da facultade e encender a radio do coche decateime de que estaban a falar do fracaso e o abandono escolar.

En dito programa de radio; un debate de Radio Lider; os locutores reflexionaban sobre este problema tan patente na nosa sociedade e debatían se isto era froito da sociedade, dos cambios de necesidades que esta adoita, do cambio do papel da escola, dos pais ou culpa da perda de respecto que hoxe en día prima na escola hacia a figura do profesor/a.

Había opinións de todo tipo, pero un concretamente, centraba o problema na escola e nos mestres/as e isto recordoume a unha frase que a profesora Lourdes mencionou na clase un día nada máis chegar e que se debía a algo que ela tamén escoitara na radio: " O asesoramento está en tódolos lados" pois eu, sen pensalo,  encontreime, no coche,  escoitando como se debatía sobre este tema.

Un locutor, como xa dixen, centraba este tema nas aulas e no profesorado e preguntábase si tanto a escola como os mestres/as precisarían da axuda dos asesores educativos dun xeito máis intenso para así poder afrontar mellor as taxas de abandono e fracaso escolar.

Falaba esta persoa de colaboración man a man coas entidades educativas e co profesorado desenvolvendo ideas, técnicas e proxectos que chamasen a atención dos alumnos e alumnas, motivándoos a seguir no sistema educativo, ofrecendo múltiples técnicas de traballo grupal nas aulas que motivasen ao alumnado a permanecer estudando e lograr cantos máis títulos académicos posibles.

A min isto pareceume ben pero logo me viñeron a cabeza dous termos dos que xa falei en entradas anteriores: colaboración e cambio.

Penso que para que isto sexa posible fai falla unha gran labor conxunta entre asesores e persoal docente dos centros educativos e que por outra banda, estes, deben estar dispostos ao cambio na súa forma de levar a cabo e incluso entender a docencia.