As culturas do profesorado segundo Hargreaves

Nunha das últimas sesións de clase estivemos a traballar o tema da colaboración. Nesta liña a profesora destacou a existencia de diferentes graos de colaboración, centrándose para explicalos no libro de Hargreaves, Profesorado, cultura y postodernidad. Cambian los tiempos, cambia el profesorado, no cal diferénciase entre cinco tipos de culturas entre o profesorado.

A continuación subo un arquivo no que se tratan as diferentes culturas das que fala dito autor, pois considero que é preciso afondar neste tema, xa que como futuros asesores, resulta esencial coñecer a cultura predominante na práctica do profesorado para comprender o que fan e por qué o fan. Así, en caso de ser necesario unha transformación na súa cultura de traballo, acompañarémolos, no seu proceso de cambio.