A formación permanente do profesorado

Na presente entrada ó blog desenvolverei o tema da formación permanente do profesorado, xa que ó longo das diversas entradas publicadas sempre fun mencionando o que supoñía este tipo de formación. Ademais, xa presentei entradas nas que expoñía a formación inicial e a etapa da indución, ese eslabón perdido tan necesario para os profesores principiantes e que lle serviría de gran axuda.

            Deste modo, na derradeira sesión de clase profundizamos nesta formación, na importancia da mesma no contexto cambiante no que nos inserimos, na importancia que lle hai que conceder á actualización docente.

Táboa 1: Cambios acontecidos no marco educativo

 

Neste intre

No pasado

Aprendizaxe

Construción activa

Conexións

Contextualizado

Dar información

Xerárquica

Descontextualizado

Ensino

Transformación

Andamiaxe

Transición

Directo

Currículo

Flexible

Fixo

Tarefas

Innovadoras

Conxunto de representacións

Illadas

Materiais secuenciados

Mediación social

Comunidades de aprendices

Colaboración

Diálogo

Individualización

Competición

Memorización

Ferramentas

Emprego interactivo e integrado de ordenadores

Lapis e papel

Avaliación

Fundamentada na actuación

Carpetas individuais

Probas de rendemento

Tests estandarizados

Fonte: Elaboración propia a través de, Consello Escolar do Estado (2002). Los educadores en la sociedad del siglo XXI. Madrid: MECD

            Considerei oportuno amosarvos esta táboa, porque da conta das enormes transformacións que se deron en materia de educación. Cambios nos que o profesor debe reflexionar, xa que nuns casos levará a cabo unhas actuacións totalmente distintas ás outras. Así por exemplo, en liñas xerais observamos mediante a táboa como hoxe en día se persegue unha educación e unhas aprendizaxes baseadas na comprensión, e non na mera repetición e memorización de contidos ó igual que se facía na década pasada.

            Desta maneira, para afondar máis no tema, debemos sinalar o que entendemos por formación permanente:

FORMACIÓN PERMANENTE

  • O paradigma educativo é aberto a calquera tempo e espazo e a calquera etapa da vida do ser humano. Os contidos constrúense e páctanse, os métodos son participativos.
  • A experiencia da vida en xeral constitúe un aprendizaxe continuo ó largo de toda a vida.
  • Pasado, presente e futuro están implicados.
  • Non acumula coñecementos senón que se empregan para seguir aprendendo.
  • Céntrase no desenvolvemento de “procesos” de aprendizaxe desde o patrimonio cultural.
  • O suxeito aprendiz participa activamente na construción de aprendizaxes significativos.
  • As súas aprendizaxes son significativas por motivacións intrínsecas ó propio proceso de aprender: curiosidade, encontrar resposta a unha pregunta, solucionar un problema, gozar do saber.
  • A aprendizaxe depende do ensino dos que saben e da propia experiencia.
  • A orde de aprendizaxe é psicolóxica e sociolóxica.
  • A aprendizaxe céntrase en torno a problemas e a preguntas.

Fonte: Elaboración propia a través de, http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/125/cd/unidad_3/la_educacion_permanente.htm (Consultada o día 27/11/2013)

            Como se constata a educación permanente é un proceso totalmente construtivo, non se basea na acumulación e coñecementos, senón na construción dos mesmos a partires da reflexión e toma de constancia deles, nun proceso no que o interese de cada un é un factor motivante a seguir formándose. De aí que, os coñecementos dos profesores sexan heteroxéneos ó descubrir contidos en base ó seu interese, aínda que tamén que hai que dicir, que todos estes contidos parten dun alicerce común.

image

            Segundo Chang e Simpson (1997) existen 4 modelos de formación permanente básicos: aprender de outros (mediante cursos), aprender sos (autoformación), aprender con outros (a través de seminarios e grupos) e a aprendizaxe informal.  

  • Aprender de outros mediante cursos de formación: como todo sabemos esta é a maneira máis habitual de acceder á formación. Un profesor impártenos uns contidos claramente delimitados e cuns obxectivos precisos. Pero hai que sinalar que, dende o meu punto de vista, isto non implica que todos os participantes ó curso adquiran os mesmos coñecementos de forma homoxénea, senón que “el aprendizaje se entiende como un proceso individual” (Consello Escolar do Estado, 2002), no que cada integrante afondará nuns aspectos ou outros segundo os seus intereses.
  • Aprender só a través da autoformación: considero que este tipo de aprendizaxe é moi frutífera, xa que o profesor aprende en base á reflexión que establece cos contidos, en base a súa experiencia vai conformando un camiño do saber. El é quen dirixe o seu proceso de aprendizaxe como suxeito autónomo e en consonancia cos seus coñecementos previos.
  • Aprender con outros mediante a aprendizaxe colaborativa: ó realizarmos actividades ou quefaceres grupais estamos aludindo á importancia de fixar unha meta común pola que guiarnos. Unha vez establecida traballaremos conxuntamente desenvolvendo aprendizaxes totalmente enriquecedoras ó relacionarnos con multitude de visións dos nosos compañeiros, co cal desplegaremos capacidades como a comprensión e o diálogo, relevantes no contexto actual.
  • Aprendizaxe informal: todos os modelos anteriores parten dunha intencionalidade na que se procura a aprendizaxe dende diversas maneira. Porén, a aprendizaxe informal moitas veces dáse inconscientemente e dependendo das diversas situacións: lendo un artigo determinado, accedendo a unha páxina web, etc. Neste senso, garda especial relevancia a teleformación, configurándose como unha gran ferramenta de actualidade ó conxugar elementos formativos completamente beneficiosos para a nosa aprendizaxe: papel activo do profesor ó ser interactiva a teleformación, actualización dos contidos ó ser unha ferramenta aberta, sincrónico ou asincrónico, accesible xa que non existe ningún tipo de limitación xeográfica, os coñecementos están distribuídos e non concentrados nun único espazo ou dispón de recursos on-line, entre outras características. Neste sentido, debemos dicir que, a teleformación supón unha ferramenta notablemente produtiva nas aprendizaxes dos profesores, constituíndo un sistema que combina a autoformación, a aprendizaxe colaborativa e incluso a aprendizaxe mediante cursos que se poden realizar de maneira on-line.

            Sen dúbida, todos estes modelos de aprendizaxe deberían ser desenvoltos conxuntamente, é dicir, non prescindir de ningún, xa que cada modelo apórtanos importantes elementos (reflexión, comprensión, interactividade, exposición)  a parte dos enormes e tan diversos coñecementos que podemos obter.

image

            Esta formación permanente do profesorado dou lugar a que o noso contexto actual español presente unhas características determinadas:

  • 17 realidades diferentes: referido ás 17 comunidades autónomas españolas que dispoñen de competencias plenas en educación. Feito polo cal, unha comunidade non é igual a outra ó acentuar máis o interese nuns aspectos que noutros. Véxase por exemplo Galicia que posúe unha lingua propia, fronte Madrid que non a posúe. Considero isto moi beneficioso, xa que non todas as comunidades teñen un coñecemento homoxéneo, deste modo, ante calquera problemática educativa a nivel español pódese responder dende diversas perspectivas.
  • Complexidade. Poder distribuído: ó non existir unha comunidade que exerza o poder sobre as outras, cada unha correspóndelle un poder concreto que resulta complexo á hora de tomar unha decisión común. Porén, aínda que é complexo tamén é enriquecedor, xa que mediante o diálogo e a comprensión chegarase a solucións favorecedoras e totalmente ricas en coñecementos para todas as comunidades.
  • Características comúns e singulares: os eixes básicos polos que se deben orientar as comunidades están determinados, pero todos os outros aspectos dependen de cada comunidade en si mesma. Isto leva ó incremento da complexidade ó atender ás particularidades de cada entorno, pero como comentamos anteriormente tamén é enriquecedor.
  • Rede de institucións específicas (CEP), diversidade de axencias formativas e gran número de asesores e formadores. Esta realidade é lóxica na actualidade de sucesivos cambios na que estamos inseridos na que precisamos actualizarnos necesariamente.
  • Liderazgo da Administración Educativa: coido que isto é importante, xa que se este liderazgo correspondese a cada unha das comunidades autónomas sería imposible que existisen elementos común entre elas, a complexidade neste senso sería tal que considero non existiría un diálogo clave entre as mesmas.
  • Avaliación, a materia pendente: este é un dos temas que realmente preocupa, se non realizamos unha avaliación da formación permanente non coñeceremos se o que estamos a desenvolver é correcto ou eficaz, desenvolveremos prácticas sen unha meta concreta, desenvolveremos prácticas “a cegas”. Por isto, se cremos nunha educación de calidade a formación permanente debe ser avaliada co fin de establecer as melloras pertinentes.

            Para finalizar, esclarecer que, a formación permanente supón a reciclaxe das aprendizaxes. Unha formación que xorde das necesidades que detectamos, volvendo reformulala de modo que academos unha formación óptima acorde a un tempo e espazo determinados.

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

 

Consello Escolar do Estado (2002). Los educadores en la sociedad del siglo XXI. Madrid: MECD.

Chang, E. and Simpson, D. (1997) The Circle of Learning: Individual and Group Processes. Educational Policy Analysis Archives, 5 (7).

http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/125/cd/unidad_3/la_educacion_permanente.htm (Consultada o día 27/11/2013)