Formación Permanente

Realizo esta entrada coa finalidade principal de amosar as diferentes ofertas que se realizan dende o Estado e as Comunidades Autónomas respecto a formación permanente do profesorado.

Dende que comecei a estudar esta carreira sempre me ensinaron a importancia da formación “permanente ou ao longo da vida” que debíamos levar a cabo, un aspecto fundamental para os formadores. Pois, tras tratar nesta materia esta temática, creo que é necesario coñecer cales son as propostas que se dan, tanto dende o estado como dende as CCAA (Comunidades Autónomas).

En primeiro lugar, hai que dicir que en España as competencias en educación correspóndenlle as CCAA, de aí que os seus plans de formación permanente para o profesorado sexan mais específicos, é dicir, teñen mais en conta as necesidades do seu contexto en particular (como pode ser o bilingüísmo no caso da nosa comunidade por exemplo). Mentras que as propostas que nos chegan dende o Estado son de carácter mais amplo, transversal...

Dende o estado, mais concretamente dende ministerio de educación, cultura e deporte propóñense unha serie de accións formativas co fin fundamental de seguir formando aos profesionais da educación. Esta formación permanente basaríase en diversos exercicios como poden ser:

Cursos, congresos e xornadas:

  • Cursos:Cursos de verán: Os cursos da actual convocatoria inscríbense no marco de actuacións dos plans de Desenvolvemento Profesional Docente e de Cultura Dixital na Escola desenvoltos polo INTEF.
  • Estancias para profesores: Son visitas de estudo nas que un centro europeo acolle ao docente español (que non impartirá docencia) durante un período de unha ou duas semanas en Alemania, Francia, Reino Unido ou Suiza.
  • Curso Nacional para o profesorado da familia profesional de actividades físicas e deportivas: Este curso pretende ofrecer unha actualización científico tecnolóxica ao profesorado dos novos ciclos formativos de Actividades Físicas e Deportivas que resultarán da próxima aprobación e aplicación dos seus títulos incidindo fundamentalmente nas novas que presentarán, así como a análise, prevención e control de riscos en actividades de turismo activo.
  • Dereitos Humanos: O papel da educación na loita contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo.
  • As ensinanzas artísticas: situación e perspectivas. (tan só ofertado para a CCAA de Andalucía)
  • Aulas Europeas: Esta convocatoria ten como finalidades: sensibilizar sobre a significación da dimensión plurilingüe da educación e adquirir unhas competencias de comunicación en dúas das principais linguas utilizadas nos foros comunitarios así como coñecer os aspectos máis relevantes da cultura francesa e británica co obxecto de facilitar ao profesorado non especialista en linguas estranxeiras a súa participación en proxectos educativos europeos, en programas de intercambio cultural e científico e nunha ensinanza bilingüe. En ningún caso pretende ser unha vía de aprendizaxe de idiomas paralela as establecidas de forma institucional.

-          Congresos e xornadas:

  • Congreso Iberoamericano das linguas na Educación e na Cultura. IV Congreso Leer.es. 2012
  • Xornadas “Modelos de intervención da inspección de educación e evaluacións externas”
  • Congreso nacional  sobre os Contidos Educativos Dixitais
  • Primeiro congreso nacional sobre dificultades específicas na aprendizaxe
  • Congreso estatal sobre Convivencia Escolar
  • I Congreso estatal sobre a educación compensatoria: “Transformando a escola”
  • Congreso Igualdade de xénero e educación
  • Radiación e protección radiolóxica
  • Congreso Liderazgo e éxito escolar

Formación en Europa: Ademais, dende o propio estado tamén se ofrece a posibilidade de continuar a formación do profesorado a través de diversas metodoloxías colaborativas entre diversos docentes de toda Europa e así conseguir un coñecemento moito mais representativo. Entre as metodoloxías propostas atopamos:

  • Actividades de Aprendizaxe entre iguais
  • Reunións de grupos de traballo temáticos

Como se pode ver, dende o estado propóñense actividades que lle repercuten a todo o profesorado en xeral, xa que como dixen antes, as cuestións que se poden propoñer dende o Estado en común para a toda a nación non poden atender as necesidades individuais de cada comunidade.

Pola contra, o caso da nosa comunidade e ben diferente. Tras analizar o "Plan Anual de Formación do Profesorado" traballado nesta materia, sabemos que son dous os organismos primordiais que levan as tarefas de control e formación permanente tanto de profesores como de orientadores. Estes organismos son o CAFI (centro autonómico de formación e innovación) e os CFR (centros de formación e recursos). Cabe resaltar que tan solo existe un CAFI en toda a Galicia, mentres que CFR existen 6 dispersados por toda a xeografía galaica (A Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo). No pasado existía un CFR mais situado en Santiago de Compostela, pero este foi sustituido coa chegada do CAFI.

Dende estas organizacións ofértanse toda unha serie de cursos, xornadas, encontros, congresos... que lles serven aos profesionais docentes para conseguir unha efectiva e completa formación permanente ou ao longo da vida. Dende estos organismos autonómicos levanse a cabo análises de necesidades entre os profesores da nosa comunidade e, a partir destes, propoñen diversas actividades que creen oportunas para resolver as distintas dificultades que se poden presentar. 

Acto seguido mostrarei un conxunto de temáticas sobre as que xiran as propostas destes organismos (cursos, xornadas, congresos...). Decir que non as citarei todas debido ao grande numero de propostas que hai neste plan:

- CAFI:

  • Elaboración e posta en marcha do proxecto deportivo de centro.
  • MAIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA. Recursos didácticos e ferramentas para o profesorado
  • A xestión dos residuos urbanos no modelo Sogama
  • Creación de actividades en liña con Ardora. Uso didáctico
  • Traballando coa publicidade na aula
  • A posta en práctica da acción titorial
  • Arte e natureza. Integración co medio
  • Nivel medio en tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Etc

- CFR:

  • O traballo en equipo como mellora do proceso de ensinanza-aprendizaxe
  • Falar, contar e cantar na escola infantil
  • Leer e escribir. Escribir para leer.
  • A música como soporte nas clases de educación física
  • Aprender investigando
  • etc

Neste apartado tan solo citamos unha pequena mostra de tódalas actividades propostas por estes organismos. Hai que engadir que dende estos centros realízase unha oferta de actividades que suelen combinar o réxime presencial co non presencial.

Engadir que dende a Consellería de Educación tamén se ofrece a posibilidade dunha formación Europea moi similar a da proposta dada polo Estado Central. Esta posibiliade podese dar a través de programas como o Comenius, Leonardo, visitas de estudo... Ademais, por último, tamén se ofrece a posibilidade dunha "formación no centro". Esta opción cosistiría en mellorar a formación do profesorado a través da creación de grupos (entre 3 e 10 docentes) que deberían confeccionar un proxecto que posteriormente debía ser aprobado por un tribunal. Cada grupo contará con un coordinador. Ademais tamén se propón un supervisor que será o encargado de seguir e evaluar este proxecto e o papel do coordinador. Este proxecto deberáse axustar a unha serie de temáticas propostas pola consillería de educación e, como non, deberá de contar con unhas necesidades reales polo cal é confeccionado e levado a cabo con posterioridade.

Para concluir esta entrada, podo decir que baixo o meu punto de vista tras analizar deteñidamente os textos e páxinas sobre as que xira este traballo, esta formación permanente ou ao longo da vida centrase en aspectos como poden ser as linguas extranxeiras ou a formación nas TICs (en diversas ocasións incluso chegan a ser repetitivas as actividades en torno a esta temática) e pola contra, existen numerosos temas que vemos que se traballan moi pouco ou incluso nada como pode ser a diversidade nas aulas.

webgrafía:

http://www.edu.xunta.es

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/profesorado/formacion/formacion-permanente.html

http://www.edu.xunta.es/web/node/9809