Benestar-Malestar docente

Gustaríame reflexionar sobre o documento: la docencia, competencias, valores y emociones, de J.M. Esteve.

Este artigo aborda diversos aspectos en relación á formación e identidade dos docentes, que é preciso traballar con maior detalle. Así, nesta entrada vou facer alusión aos elementos do documento que me pareceron máis relevantes para elaborar finalmente unha valoración persoal sobre a información presentada ao longo da entrada.

O documento comeza facendo referencia a que a profesión docente é unha tarefa ambivalente. Isto significa que mentres que algúns docentes viven a docencia con auténtica paixón, para moitos outros acudir cada día as aulas provócalles unha gran tensión, considerando a ensinanza como un inimigo capaz de romper o seu equilibrio persoal.

En primeiro lugar, o artigo fai referencia á formación que reciben actualmente os docentes nas facultades,  nas cales predomina o modelo de investigador especialista, é dicir, os futuros profesionais da educación reciben unha formación na cal se lles ensina contidos dunha área concreta máis non como ensinar ditos contidos aos seus alumnos. Neste sentido, o noso sistema de formación de profesores presupón que o simple dominio da materia permite obter éxito ao ensinala, pero nada máis lonxe da realidade. Así, podémonos encontrar con docentes que teñen un gran coñecemento das matemáticas, máis non saben como transmitir ese coñecemento e saber aos seus educandos.

Así, o autor fai referencia a que é preciso un cambio na formación inicial dos docentes, un cambio que se centre en ensinar aos futuros docentes a manexar diferentes situacións ás que van ter afrontarse diariamente nas aulas. Neste sentido, trataríase de ensinar aos estudantes estratexias que lles permitise xestionar e solucionar os conflitos que poidan orixinarse nas aulas. Un bo exemplo para ensinarlles estratexias sería realizar simulacros de situacións reais que se dan nas aulas e ensinarlles aos futuros docentes como xestionar cada unha desas situacións dende as facultades.  Por iso, é necesario que os futuros profesores sexan conscientes dos distintos factores que inflúen na dinámica da aula e aprendan a valorar a importancia de cada un deses factores para obter un clima da aula adecuado e os resultados de aprendizaxe que desexa alcanzar.

Así, o autor establece catro tarefas esenciais relevantes para unha formación de profesores efectiva. As catro tarefas serían as seguintes:

-          Perfilar a propia identidade profesional, é dicir, cada docente debe ter un estilo propio acorde as súas ideas sobre a ensinanza para resolver calquera conflito que poida orixinarse no contexto da aula.  

-          Entender que a clase é un sistema de interacción e comunicación, isto é, o profesorado debe saber captar a atención dos seus alumnos, de xeito que lles cree curiosidade o tema abordado na aula e se fomente un debate entre os educandos. Neste sentido, a comunicación non verbal ten un papel relevante.

-          Organizar a clase para que traballe con un orde aceptable. Os docentes non so transmiten un contido aos seus alumnos, senón que teñen tamén a función de organizar a información coa cal vai traballar na aula, explicando aos alumnos o método que vai a seguir, así como o procedemento de avaliación.

-          Adaptar os contidos de ensinanza ao nivel de coñecemento dos alumnos. Este soe ser un dos problemas máis presentes nos centros de ensino. Os profesores teñen un coñecemento exhaustivo dunha temática concreta, máis ese coñecemento pode resultar complexo para os seus educandos, polo que sería preciso que adaptase os coñecementos ao nivel dos seus alumnos, xa que do contrario o proceso de aprendizaxe será un fracaso.

Por outro lado, o autor fai referencia ás dificultades ás que se teñen que enfrontar diariamente os docentes e que dificultan un bo desenvolvemento dos procesos de ensino aprendizaxe nas aulas. 

En primeiro lugar, fai referencia á excesiva preocupación que os profesores noveles teñen polo xuízo que os seus alumnos/as fan deles, pola opinión do seu director e supervisor, así como da valoración que pais e compañeiros de profesión fan sobre el. Porén, os docentes deberían non prestar excesiva atención a opinión que as demais persoas teñan sobre el, amosando así unha seguridade en si mesmo, sendo capaz de xustificar o porque das súas eleccións e do traballo que realiza nas aulas. Deste xeito, estaría definindo a súa identidade docente.

Sen embargo, moitos docentes non son capaces de enfrontarse as situacións que se lles presenta diariamente nas aulas, e tenden a inhibirse, é dicir, pasarían de ser docentes comprometidos coa educación a ser profesores que chegan ás aulas e cumpren co seu horario impartindo un determinado contido aos seus alumnos, pero xa non se implica nos procesos de aprendizaxe que se producen nas aulas nin lles importa a opinión que outros profesionais teñan deles.

Pero, ademais dos problemas comentados anteriormente, hai un factor que constitúe un gran fonte de tensión para os docentes. Así, a educación é unha tarefa utópica, que sempre se pode mellorar. Porén, nos existe un consenso acerca de si tratar ou non nas aulas determinados temas que se consideran polémicos, e os cales os docentes teñen á súa elección si abordar os mesmos ou non. un exemplo, sería a educación sexual, pois é un tema que sería preciso abordar cos adolescentes, pero quizais a resposta das familias dos estudantes free a iniciativa do profesorado de abordar nas aulas este tema. Co cal o profesorado  

Outra fonte de tensión son os sentimentos de monotonía e desilusión ante a realidade práctica da ensinanza, fronte a unha actividade que ao elixila se vía como espectacular, pero que unha vez na realidade parece ser todo o contrario. Sen embargo, a este aspecto de idealizar a ensinanza contribuíron películas como: “el club de los poetas muertos” ou “Fama”, entre outras. Nestas películas o labor do profesorado era marabilloso e os estudantes que se embarcan nesta profesión buscan vivir experiencias semellantes ás dos seus heroes televisivos, máis nada máis lonxe da realidade, xa que na práctica soe suceder o contrario e os docentes acaban queimados dunha profesión que crían marabillosa e na cal ían a vivir grandes experiencias e resultou ser todo o contrario.

Finalmente, outro dos aspectos que me chamou a atención son os papeis inadecuados que poden desempeñar os docentes.

Por un lado, encontrámonos cos docentes que consideran que o importante para dar clase e ter un coñecemento exhaustivo da materia que van a impartir. Pero isto non é certo, porque dominar un coñecemento sobre unha temática determinada non implica saber transmitir axeitadamente eses contidos.

Relacións docentes- educandosUn segundo papel  inadecuado de profesor é o que atopamos no ámbito universitario, que sería o de selector social. Neste segundo papel incluiríanse a aqueles docentes que terminan por amargar aos estudantes e quitarlles as ganas de estudar a carreira que nun primeiro momento elixiron. É dicir, serían aqueles profesores que fixeron un gran esforzo por ter a carreira, e que dalgún xeito queren que os seus educandos experimenten esa mesma sensación que el tivo cando foi estudante.

E por último, teríamos ao profesor que J.M. Esteve denomina “académico extraterrestre”, e que fai referencia a aquel profesor que se centra na investigación, deixando en segundo plano a función docente.

Finalmente, vou realizar unha valoración final en base a información tratada ao longo da entrada.

A profesión docente é unha tarefa complexa e ambivalente, xa que por un lado, encontramos con profesores que desexan estar nas aulas e se senten a gusto cos seus educandos, e por outro lado, atopámonos con docentes para os que acudir cada día aos centros educativos supón unha fonte de tensión e malestar (profesor queimado ou burnout).

A este malestar contribúe o status social da profesión docente, pois esta profesión esta exposta a críticas de diversos colectivos, como son os políticos, os medios de comunicación e sociedade en xeral. Ante a valoración en ocasións negativa que se fai do profesorado, este tende a ir perdendo o entusiasmo na educación e pouco a pouco se vai afastando das aulas, aínda que siga estando presente nas mesmas, é dicir, acudirán as aulas para impartir ao alumnado un contido determinado, máis non se implicará no proceso de aprendizaxe. Todos temos exemplos destes profesores que están “cansos” de traballar e que ninguén recoñeza o seu traballo, senón que polo contrario se ataque o mesmo e se culpe ao profesorado de calquera aspecto que atinxa a educación.

É este negativismo por parte do profesorado, débese a que se encontraron con situación que nun primeiro momento non consideraron, pois vían a ensinanza como unha profesión marabillosa, que finalmente non foi o que eles esperaban.

Pero quizais o problema deste fracaso, sexan os plan de estudos que forman ao profesorado, pois sería preciso que nas aulas se simulasen situacións ficticias que ocorren nas aulas, para que deste xeito o profesorado se familiarizara coas mesmas e cando chegase realmente ás aulas non tivese ningún problema para afrontalas.  

Bibliografía: 

Esteve, J.M. (2009). La docencia: competencias, valores y emociones. Organización de Estados Iberoamericanos: Fundación SM. 

Comentarios

  • Nuria

    Moi boa entrada! Grazas por compartir outro dos paradoxos característicos desta profesión, xa que coma ti ben dis, defínese por un lado polo benestar de moitos profesores ou profesoras orgullosas da súa labor e profesión mentres que outros se atopan nunha situación de negativismo e rexeitamento polo seu traballo.

    Opino que en moitas ocasións falamos do desprestixio que a sociedade fai acerca desta profesión pero hai casos nos que este menosprezo se realiza dende dentro, polos propios docentes, así que se pretendemos cambiar o status social desta profesión debemos comezar por valorala os que formamos parte dela.