Aulas hospitalarias: un novo espazo donde ensinar.

Nesta entrada gustariame afondar sobre a importancia da figura docente nunha aula hospitalaria. Para iso, en primeiro lugar cómpre deixar claro algúns aspectos como por exemplo que é unha aula hospitalaria ou cal é a súa importancia no campo educativo. Para seguir coa liña de análise vamos comenzar por resolver a seguinte pregunta, Que é unha aula hospitalaria? 

  As aulas hospitalarias son unidades escolares que se atopan dentro do mesmo hospital que naceron para dar resposta educativa, social. Estas aulas están dirixidas a nenos e nenas con diversos tipos de patoloxías que deben permanecer hospitalizados por longos periodos de tempo, pois consiste en seguir o curriculo escolar que estaba desenvolvendo o alumno o seu centro de referencia, co cal o mestre da aula ten que manter co contacto desde o comezo da actividade formativa e educativa. Ademáis de cubrir as necisidades académicas, cóbrense as necesidades de socialización, ocio e tempo libre xa que durante o periodo de hospitalización o educando vive no hospital e faise necesario dar resposta ás necesidades sociais que tiña antes de ingresar.

aula hospitalaria.

  aulas hospitalarias.

Pero, porqué é importante a existencia deste tipo de aulas? 

As aulas hospitalarias nacen da necesidade que presenta a sociedade para solventar aqueles problemas de escolaridade que sofren as nenas e nenos durante o período de hospitalización e deixa de asistir ao colexio de xeito regular. Nestas aulas son atendidos nenos e nenas que padecen diferentes tipos de trastornos físicos, enfermidades, operacións, os cales continúan co seu proceso educativo dentro do propio hospital.

 A existencia de profesorado e espazos de ensinanza-aprendizaxe nos centros hospitalarios foi cando menos un dereito para as nenas e nenos posto que todas sexa cal sexa a súa condición ten un dereito innegable, o dereito a educación, o cal está recollido no artigo 26 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser de balde, polo menos no que atinxe á instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acceso ós estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos. 

Por outra banda estes centros proporcionan un benestar innegable para as persoas ingresadas polo que a existencia destas aulas faise vital para o desenvolvemento integral das nenas e nenos hospitalizados. Por ende, podemos mencionar dúas funcións importantes das aulas hospitalarias, por unha banda a función terapéutica e por outra unha función educativa. Así mesmo, consideramos as aulas hospitalarias os lugares idóneos para convater o tan coñecido síndrome do hospitalismo. O hospitalismo é denominado como un conxunto de trastornos depresivos que aparecen nos nenos e nenas pequenas cando son separadas das súas nais e son internadas nun hospital.

A presenza das aulas hospitalarias provoca que a nena ou neno entre en contacto con outras compañeiras e compañeiros, aumentando o seu proceso de socialización, polo que chega a comprender que existen máis persoas que están na súa mesma situación e comeza a perder seu medo pouco a pouco. Ademais o contacto coas demais persoas ingresadas provoca un certo desprendemento da figura materna polo que a nena ou neno vaise facendo moito máis autónomo para afrontar a súa enfermidade. 

Neste sentido podemos dicir que as aulas hospitalarias non só lle brindan ao neno ou nena a oportunidade de continuar de certa maneira co seu currículo escolar, senón que tamén lle ofrecen ao neno ou nena unha autonomía e unha confianza en si mesma que provocan que afronte a enfermidade doutro xeito máis positivo. Este último ben dado pola presenza dos outros nenos e nenas, xuntas falan, investigan sobre as súas enfermidades chegando a ser estas unhas compañeiras máis do seu día a día.

 Unha vez analizado os aspectos máis básicos das aulas cómpre analizar agora o papel do profesorado nas mesmas. Unha vez que un neno é hospitalizado e tras comprobar que pode seguir con normalidade a súa escolaridade no hospital, comenza a función do maestro quen se pon a disposición da familia para continuar coa actividade escolar do neno ben na aula hospitalaria ou na súa habitación. A actuación do profesor na aula hospitalaria comenza no momento do ingreso do neno ou nena e termina cando este é dado de alta. Durante todo este tempo realiza un conxunto de actividades educativas que teñen como finalidade principal a atención do alumnado enfermo e o  seguimento da súa actividade escolar.

Entre algunhas das funcións realizadas polo profesor podemos mencionar as seguintes:

  • Recibimento e acollida do alumno hospitalizado.
  • Informar á familia do traballo educativo e que se levará a cabo durante todo o período de hospitalización. Con isto pretendese conseguir que a familia participe e se involucre de xeito activo na enfermidade e futuras actividades do seu fillo.
  • Coordinación co equipo médico, solicitando toda a información acerca da enfermidade do neno. 
  • Atención educativa do alumno individualizada e personalizada que teña en cnta as características propias do alumno. Neste sentido é importante dicir que o profesor da aula ten como función poñerse en contacto co tutor do centro de orixe para facer máis facil a súa normalización educativa.
  • Aproximación do alumno hospitalizado ao centro de orixe mediante o uso dos medios informaticos de maneira que se rompa o aillamento cos seus compañeiros provocado pola súa enfermidade.
  • Creación de un ambiente adecuado e apropiado na aula.
  • Uso de medios e recursos apropiados. Importancia dos recursos informaticos.
  • Potenciación de actividades lúdicas tanto dentro como fora do horario escolar.
  • Elaboración dun informe final no que se recollan os progresos e actividades educativas do alumno hospitalizado unha vez que foi dado de alta.
  • Unha das funcións máis importantes do profesor da aula é a relación permanente co tutor e profesores do centro de orixe.poden ser semanais ou quincenais.

Os principios básicos nos que se fundamentará a actuación do profesor nunha aula teñen que ter moi en conta o xogo, posto que será a primeira forma de relacionarse e o xeito máis sinxelo e divertido para crear un clima de confianza. Neste sentido, a metodoloxía a empregar polo profesorado hospitalario debe ter en conta os seguintes aspectos:

aulas hospitalarias.

 Operativa e funcional polo que se debe partir dunha evaluación previa das capacidades do neno.

Normalizadora. É necesario que as actividades  a realizar estén de acordo coa idade e o nivel do neno.

Individualizada / personalizada. 

Globalizadora. Integración do medio sanitario no que os nenos están vivindo nas programacións da aula.

Socializadora. É necesario que se produzan relacións de amizade e compañeirismo enre os nenos e nenas hospitalizadas.

Flexibilidade á hora de programar as actuacións educativas.

Participativa polo que e necesaria a cooperación entre o persoal sanitario, os tutores do centro de orixe e a familia.

En definitiva, o profesorado debe seguir unha metodoloxía lúdica e activa que garanta que o neno se atope comodo no centro hospitalario e se adapte da mellor forma e o máis rápido posible a nova situación que está a vivir. Pero, están os profesores realmente formados para afrontar esta situación?

O perfil do profesorado que traballe nunha aula hospitalaria debería ser unha persoa que tivese os coñecementos de todas as materias, que fora un bon psicólogo e que ademáis conocera todo sobre a enfermidade do alumno. Isto practicamente é imposible, estariamos a pensar nun superprofesional que reunise coñecementos de todos os campos temáticos. O ideal sería que en cada aula contase con profesores especialistas en cada un dos campos. Para os alumnos de secundaria sería bó contar con un profesor da rama de ciencias e outro da rama de letras, completando a súa actuación coa dun psicólogo. Non obstante na situación económica na que se atopa o pais esto é cada vez máis impensable posto que a maioria das aulas contan con un ou dos profesionais como moito.

En vista da situación anterior, o  profesor que traballase nunha aula hospitalaria debería ser:

Aberto e dialogante.

Contar cunha ampla formación académica e profesional. Neste sentido é importante dicir que nas Escolas de Maxisterio e nas Facultades de Pedagoxía pouco a se están introducindo ao seu Curriculo materias relacionadas coa temática hospitalaria, sendo de gran importancia para todo o alumna do que realiza as súas prácticas nestos centros educativo. Non obstante, considero que esto queda escaso; no meu caso persoal só puiden cursar Pedagoxía hospitalaria un só curso polo que considero que o plan de estudos de pedagoxía se debería revisar para concederlle máis importancia a este campo de tráballo que non deixa de ser educativo e de moita importancia.

Coñecer moi ben a psicoloxía do neno e das persoas maiores. Recordemos que gran parte do traballo do mestre hospitalario está dirixido a tratar cos pais.

Controlar as emocións.

Saber escoitar. O mestre convertese en psicólogo de nenos e maiores.


En definitiva, ser un profesor nunha aula hospitalaria é moito máis que ser un mestre. Inclúe infinidade de variables a ter en conta, variables decisivas para o avance do neno non só educativas senón tamen relacionadas coas melloras relacionadas coa súa propia saúde.


Webgrafía e bibliografía:

GUILLÉN CUMPLIDO, Manuel y MEJÍA ASENSIO, Ángel. Actuaciones educativas en aulas hospitalarias. Atención escolar a niños enfermos, edic. Narcea, Madrid, 2002.

Teijeiro, Y. (2010). De que falamos cando falamos de aulas hospitalarias? Revista Galega de Educación, 46.

http://diversidad.murciaeduca.es/publicaciones/aahh2012/docs/doc4.pdf recuperado o dia 30 novembro de 2013.

http://reddedalo.files.wordpress.com/2012/03/aulas-hospitalarias.pdf recuperado o día 30 de novembro de 2013.

 

Comentarios

  • Nuria

    Grazas por compartir un novo ámbito da educación xa que coma ben dixo Silvia en moitas ocasións a nosa concepción da profesión docente queda limitada a ensinanza formal propia dos centros educativos. Pero hai en moitos outros ámbitos e contextos nos que os profesores e profesoras exercen a súa labor educativa e a sociedade debe ser quen de valoralo. 

    Un saúdo.

  • Brais Corral Otero

    Moi boa entrada Bea, sen dúbida moi importante a labor que se pode levar a cabo nas aulas hospitalarias. Aínda que está moi enfocada a mestres, como ben nos di Yésica nas clases, temos que loitar por ter máis cabida dentro destes espazos. A labor do pedagogo/a tamén debe ser fundamental, e temos moito que dicir tanto no trato co propio neno, coma no trato coas familias. Eu sinceramente, incluso poderia ver ao pedagogo como un intermediario entre a familia e o contexto hospitalario, en todo aquelo que non atinxe a aspectos médicos lóxicamente, aínda que unha pequena formación sobre iso suponde que debemos ter. Un saúdo ;)

  • Beatriz Lopez Muniz

    Estou de acordo coas vosas opinións, pese a que o campo da educación é moitas veces o que está presente no día a día, refirome con isto a que ocupa titulares de prensa, televisión... é ao tempo un ambito moi descoñecido posto que como ben dicides se relaciona coa educación impartida nas aulas tradicionais sen ir máis alá. Non obstante, sabemos que existen moitos outros campos donde impartir docencia como por exemplo nunha aula hospitalaria.

    En referencia a aportación de Brais, dicir que por desgracia o resto da sociedade e os políticos non pensan igual ca nos xa que por lei so poden traballar nas aulas aquelas persoas que teñan titulación de maxisterio. Non obstante como ben dis ti a labor que nos podemos realizar como pedagogos podería ser moi importante e incluso me atrevería a dicir que vital para a recuperación do neno. Creo que como pedagogas e pedagogos nos tocará seguir loitando por unha praza neses contextos que non deixan de ser educativos :)