Vocación e profesorado

Como cada ano, fai uns meses comezou o novo curso escolar, un curso cargado de cambios e dificultades e cunha posible nova lei de educación enriba da mesa. Unha vez máis este curso rematara ben entrado o mes de Xuño e, sendo pesimista a vez que realista, unha vez máis o noso país aparecera en multitude de informes, listas ou estudos amosando uns datos que deixarán bastante que desexar. Unha vez máis, logo disto, os políticos de turno e teóricos da educación volveran a encabezar o debate de que é o que falla, esquecendo por suposto as aportacións do profesorado e dos profesionais que día a día traballan directamente a eses males reflectidos en ditos informes e de máis. E como non, volverá a iniciarse outro curso no que se intentaran “resolver” as dificultades do noso sistema educativo pouco máis que dando paus de cego e achegándose a ideoloxía con a que simpatice o goberno de turno.

Os datos revelados por informes como PISA sobre o noso país sitúannos nun dos postos con maior fracaso escolar de Europa, a puntuación que acadan os alumnos españois nas diferentes probas atópanse moi por debaixo da media. Estes datos, por suposto, suscitan certas reflexións e debates, non tanto polo que analizan ou pola maneira en que o fan, o cal podería ser outro interesante obxecto de debate dende o meu punto de vista, senón polo feito de que se expoñen de maneira que exista unha comparación entre diferentes países de Europa. De aquí xurden unha serie de opinións sobre que é o que falla no sistema do noso país, sendo un numero moi importante de persoas os que pensan que o problema recae nunha falta de recursos económicos e que a solución basease en aumentar os presupostos destinados a mesma, pero na miña opinión esta razón asentase nunha análise moi simplista. Ben e certo que a educación neste país non e precisamente un ámbito demasiado estimado, pero tamén compre aclarar para que se quere este aumento de recursos destinados a educación, e dicir, onde se gastarán. Sendo isto último unha cuestión que moitas veces nin sequera se resolve.

Outra postura é a de pensar que os problemas de educación que sofre o noso país derivan da maneira en que esta construído o propio sistema educativo, postura na cal considero que me atopo eu. Ben e certo que como dixen a educación dentro dos presupostos do noso país atopase nun lugar moito máis relegado do que coido que lle correspondería, pero non todo son motivos económicos. Nace aquí un eterno debate sobre un asunto que esta lonxe de ser solucionado, onde habería que considerar tamén os intereses, valores e ideais da nosa sociedade.

Un dos grandes problemas con os que conta a nosa educación é a presenza de profesores que dende o meu punto de vista e a miña experiencia non están realmente capacitados para selo. Teño presenciado como moitas persoas que xa se dedican a ensinanza ou o farán nun futuro fano simplemente porque lles gusta a “vida de profesor”, pero tamén fun testemuña de como outras moitas persoas entran na ensinanza motivados por unha verdadeira vocación, xa sexa esta vocación unha vocación que levan consigo dende nenos ou que foi adquirida máis tarde. O primeiro grupo de persoas que mencionei é un dos grandes males do noso sistema educativo, aínda que si ben e certo que unha persoa polo simple feito de ter vocación para ensinanza non esta capacitado para exercela, coido que esta vocación e o primeiro paso para formar un bo profesional en este ou en calquera ámbito. Un bo profesor sería aquel que posúe unha vocación para a ensinanza e coñece e sabe transmitir correctamente os conceptos. Un título non é unha verdadeira acreditación de ser un bo docente.

Polo tanto, cal sería a solución? Na miña opinión creo que unha boa medida para a mellora do noso sistema educativo viría dada por que ese sistema fose máis estricto a hora de seleccionar o seu profesorado, un sistema de avaliación que fose capaz de seleccionar aquelas persoas que están realmente motivadas e capacitadas para exercer como profesionais da educación.