Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

A importancia das concepcións no asesoramento psicopedagóxico

Revisando o monográfico datado no 2008 "Repensar o asesoramento en educación: ¿Que prácticas para os novos retos?" en Profesorado, revista de currículum e formación de profesorado, atopeime cun artigo moi interesante titulado "A importancia das concepcións no asesoramento psicopedagóxico" de María Luna e Elena Martín que subín ós meus documentos xa que na miña opinión é merecente de ser lido.

Con este artigo, preténdese coñecer as dificultades que xorden ó traballar mestres e asesores conxuntamente e os problemas ós que se enfronta o asesoramento psicopedagóxico actualmente tendo en conta á baixa atención na área de asesoramento ó proceso de ensino-aprendizaxe. Fronte ás adversidades máis comúns na necesaria colaboración entre docentes e asesores para a resolución con éxito de problemas, pártese dunha gran diferenza nas concepcións ou teorías de cada un destes profesionais en relación ó proceso de ensino-aprendizaxe, o que dificulta enormemente o seu traballo conxuntamente.

Ca finalidade de coñecer as concepcións dos docentes e orientadores, aplicouse un cuestionario de dilemas que parten de problemas usuais nos centros con catro posibles solucións entre as cales tan só poden elixir unha de modo que se reflicta a teoría concreta. Con isto, por medio dun exhaustivo proceso e co seu conseguinte análise observouse que entre os docentes destacaba a teoría directa, centrada nun aprendizaxe baseado na copia da realidade sen a necesidade de medicación nos procesos psicolóxicos e a teoría interpretativa que, a maiores da anterior, destaca o papel activo do escolar pero sempre cun obxectivo reprodutivo. Mentres tanto, os asesores posicionábanse ante unha teoría construtiva que se diferenza do anterior ó non compartir a correspondencia entre realidade e coñecemento de modo que o escolar ten que reconstruír as súas representacións e así conseguirá mellorar a autoregulación dos seus procesos cognitivos. Cómpre destacar que estes dous profesionais coinciden principalmente nas súas concepcións sobre como ensinar e aprender os contidos curriculares, mentres que se afastan enormemente en temas máis xerais como pode ser a motivación ou a avaliación.

A maiores, neste artigo tamén se fai un análise das ideas sobre o traballo do orientador e a relación de asesoramento por medio dunha entrevista clínico-crítico a 12 mestres e 12 orientadores seguindo a proposta de Solé (2002) que defende a existencia de tres aspectos esencias para distinguir os posibles modelos de intervención psicopedagóxica. O primeiro relaciónase coa posición que mantén sobre o aprendizaxe, o segundo en relación ó ámbito preferente de traballo do orientador e o terceiro ás relacións entre os mestres e os asesores. Débese ter en conta que as ideas sobre estes tres rasgos levaría a dous extremos completamente opostos dos cales se poden quitar posicións intermedias. Nun extremo situaríase a concepción do aprendizaxe como un proceso no que a axuda é un aspecto fundamental  de modo que se concibe a atención directa ós alumnos con dificultades, sendo así unha idea clínica, mentres tanto, o outro extremo constitúe a idea de que o aprendizaxe é un proceso no que a axuda dos axentes educativos é básico para o desenrolo do alumno desenvolvéndose nesta caso unha relación de colaboración estreita entre profesores e asesores, dando lugar a un asesoramento denominado educativo.

Posteriormente, esta entrevista analizouse cualitativamente e construíronse distintas categorías de resposta para cada un dos aspectos avaliados, reflectindo con bastante fidelidade as posicións descritas por Solé  aínda que eran moitas as ideas que se situaban entre unha e outra posición. Deste xeito, no artigo detállase o perfil educativo e o clínico en relación as respostas dadas.

Como xa mencionei nun comezo, o artigo está nos meus arquivos polo que é interesante lelo con detemento analizando a investigación feita e así coñecer as concepcións de cada un dos profesionais e as súas ideas respecto á función e traballo dos asesores para así conseguir dar unha resposta educativa o máis adecuada posible para os alumnos partindo sempre da colaboración entre ambos.

 

A importancia das concepcións no asesoramento psicopedagóxico