Entre la realidad y el deseo: Una visión del asesoramiento (modelos de asesoramento)

Para esclarecer algunhas dúbidas que aínda tiña entorno á se o asesoramento e a orientación eran o mesmo ou se se trataba de algo diferente, lin o artigo publicado por Montero e Sanz Lobo "Entre la realidad y el deseo: Una visión del asesoramiento". 

A lectura deste artigo permitiume chegar a conclusión de que asesoramento e orientación enmárcanse na mesma práctica e que a orientación encontráse "traspasada" polo asesosramento. 

Ademais, este texto abarca os modelos de asesoramento: consulta, counseling, consulta colaborativa, de programas, de intervención; facendo unha descrición do que é cada modelo. Así mesmo, as autoras deste artigo, consideran que o modelo de programas sería o que máis beneficios aportaría a práctica asesora xa que: 

- Permiten situar a acción educativa nun contexto máis amplo: a comunidade.

- Permiten ter en conta o centro e as súas características, para contextualizalo axeitadamente dentro da comunidade educativa.

- O traballo por proxectos, implica a colaboración de distintos profesionais e colectivoss.

- Propician situacións de innovación, polas propias dinámicas de reflexión, flexibilidade,  e de traballo en rede. 

Partindo das características do modelo de programas, como xa mencionei en entradas anteriores, considero que este sería un bo modelo para empregar na práctica asesora. De feito se so puidese elixir un modelo para traballar sería o modelo de programas. Así mesmo, se tivese que elixir un programa que non o quixese empregar exclusivamente na práctica asesora sería o modelo clínico ou de servizos. Ademais, considero que a práctica asesora non debería estar guiada por un único modelo de asesoramento, senón que pola contra, creo que deberían convivir todos os modelos, para escoller o máis apropiado a  cada momento e problemática, aínda que isto sexa unha utopía. 

Finalmente, como este documento foime de gran utilidade para esclarecer algunha dúbidas que rondaban na miña cabeza, fixen unha síntese que aparece recollida no documento adxunto á esta entrada, no que resalto os aspectos máis relevantes.  Ademais, hai que dicir que é de utilidade xa que as figuras que aparecen foron as que a profesora Lourdes Montero emprego no powerpoint, para a sesión expositiva dos modelos e da práctica asesora.  Entre la realidad y el deseo: una visión del asesoramiento