Competencias e habilidades do perfil profesional do orientador/a - asesor/a

Como futura orientadora, preguntome cales son as competencias e habilidades que debería de ter para realizar un boa labor. Pois ben, tras un primeiro sondexo na internet, encontrei unha páxina web www.orientacionprofesional.org que mostraba cales son as competencias que un bo orientador - asesor debería posuir. Deste modo, a continuación reflexanse algunhas das competencias encontradas nesa páxina xunto con outras competencias e habilidades que considero imprescindibles neste perfil profesional:

- Competencia emocional

- Competencia relacional 

- Competencia instrumental

- Competencia dixital

- Competencia de aprender a aprender

- Competencia conversacional

- Competencia metodolóxica

- Competencia de avaliación

- Competencia de rexistro

- Competencia de organización e planificación

- Competencia de información

- Competencia para a aceptación

- Competencia para o cambio

Así mesmo considero que é importante que o Orientador - asesor, teña: destrezass para establecer relacións interpersoais, capacidade para traballar en grupo, habilidade para aportar ideas e emitir xuizos tendentess á mellorar a calidade da educación, flexibilidade, iniciativa, ser observador, saber escoitar, ser obxectivo e imparcial, empatía, prudente, actitude reflexiva, crítica e proactiva, capacidade para traballar en grupo,autocontrol, sensibilidade, habilidades de comunicación, colaboración, interese,  motivación, asertividade.