El Profesor de Frank McCourt

Fai tempo nunha sesión expositiva mencionouse una novela a cal eu lera fai un par de anos ou máis para realizar una recensión da mesma titulada “El profesor” de Frank McCourt. Non me custou moito recordar o tema e a trama desta novela posto que xa no seu día tivo certas cousas que me resultaron interesantes e por iso propóñome recordar as opinión e que me suscitou esta obra cando a lin.

A novela está escrita a modo de autobiografía e cóntanos como foi o comezo da labor como docente de Frank McCourt con 27 anos, unha labor para a que consideraba que a súa formación non o preparara, un comezo difícil no que o autor fixo máis caso da súa intuición que as directrices académicas. Seguindo esta intuición, este profesor é capaz de desenvolver a súa labor nun ambiente hostil e difícil, adaptándose, innovando, achegándose o alumnado, sempre en contra das metodoloxías clásicas. McCourt chega aproximarse de tal maneira aos seus alumnos que xa non so se preocupa da súa vida académica senón que tamén pola persoal rompendo con a barreira establecida “por defecto” entre alumno e profesor. Como por exemplo cando no primeiro día de clase  un alumno lanza un bocadillo o chan e McCourt o recolle e comeza a comelo ou o modo en que sempre sorprendía os alumnos con metodoloxías atípicas. A obra amósanos a importancia de unha metodoloxía activa e participativa dentro da aula, así coma a importancia que teñen as relacións e a comunicación e o xeito no que estas se levan a cabo.

O que o meu parecer máis destaca de este profesor “especial” é a paixón que este manifesta pola ensinanza, o amor pola súa profesión, a súa vocación. Proba disto é que a pesar dos moitos momentos difíciles, as burlas dos alumnos e a pouca gana de aprender que estes manifestaban as veces, a hora de recordar todo isto o autor o fai con cariño e añoranza. Esta paixón coido que é o que máis resaltaría da novela, podendo dicir que é a ensinanza que esta aporta. Por iso coido que este libro e unha boa lectura tanto para persoas que se dedican ou teñen pensado dedicarse a ensinanza como para calquera outras que non estean vinculadas con a mesma pois a paixón e o espírito de superación que este profesor transmite nesta novela é necesario para realizar calquera profesión.

                                                     image

 

 

Bibliografía:

McCourt, F. (2006): El profesor. Madrid: Maeva