Mestres suspensos en primaria

Onte repasando un traballo para outra materia veume a cabeza unha pregunta que estibo moitas veces presente durante o desenvolvemento da nosa carreira. O traballo centrase principalmente na importancia que debe de ter o saber ensinar nun profesor, e dicir, a capacidade de transmitir coñecementos e de ser capaz que un alumno os adquira.

A Pregunta que me veu a mente non foi máis que: Que pasaría por exemplo se na nosa sanidade contásemos con un gran número de médicos que saberían diagnosticar unha enfermidade pero que non serían capaces de dar un tratamento a mesma?

Pois ben, esta situación, facendo unha equivalencia, e o que esta a pasar moitas veces na ensinanza. Proba disto son noticias como estas:

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/03/13/actualidad/1363202478_209351.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/03/14/actualidad/1363297944_043059.html

De aquí xurden varias  “preguntas do millón”: Que está a pasar con a formación do profesorado no noso país, en que falla? Como se podería solucionar? A culpa e dos alumnos? Da sociedade? Do goberno? E un longo etc.

Non vou a dar resposta a estas preguntas neste blog porque simplemente non estou capacitado para facelo, quizais o este algún día quen sabe, pero polo de agora non. Pero o que si que podo dar e a miña opinión.

A formación do profesorado neste país sofre moitas fallas, so hai que ler os artigos que acheguei nesta entrada, como e posible que unha persoa que se presenta a unha oposición para exercer de mestre suspenda un exame que podería ir dirixido a un alumno de primaria? E de quen e a culpa disto?

A esta última pregunta coido que podo responder cunha anécdota vivida por min fai algún tempo xa. Cando eu cursaba 2º de bacharelato, na clase de “Lingua castelá e literatura”, logo de ter en varios cursos anteriores un profesor (cuxa capacidade para exercer como docente podería ser máis que cuestionable) atopámonos cun novo profesor que nos impartiría ese curso a materia. As primeiras clases dedicámolas a repasar o que en teoría deberíamos saber sobre a materia logo de haber cursado e superado 1º de bacharelato. Cal foi a sorpresa do profesor cando lle mandou a un alumno que realizara un análise morfosintáctico de unha oración que creo recordar era moi simple. O alumno non soubo realizar a tarefa e o profesor preguntoulle ao compañeiro do lado, o cal tampouco soubo. Ante isto o profesor, sempre moi alegre, mudou o humor e comezou a  alhumorarse, pero logo de unha especie de riña dixo algo así como: “Perdoade, esta riña debería ir dirixida ao voso anterior profesor, empecemos dende o principio.”

Por que responde esta anécdota a pregunta? Pois simplemente porque da de conta de un exemplo de profesor que seguramente non posuía xa non so a capacidade para transmitir coñecementos senón que pode que nin sequera posuíse ditos coñecementos, e como os seus alumnos sofren as súas carencias e as “replican” máis tarde. Polo tanto, como e posible que unha persoa que se presenta a unha oposición para exercer de mestre suspenda un exame que podería ir dirixido a un alumno de primaria? Deberíamos enfadarnos con os seus profesores así como co sistema educativo que permita isto.

Coido que de aquí tamén xurde unha realidade presente no noso país. Moita xente quere ser funcionario por ter un posto e soldo fixos, horarios, etc. E moitas veces os postos de docente, un oficio que dende o meu punto de vista e nun 90% ou máis vocación e dedicación queda en mans de xente que non esta nin capacitada nin motivada para exercer como tal. Isto podo ilustralo con outro exemplo: se eu poño un taller de carpintería e non sei cortar madeira, o meu taller seria un desastre, eu non sería válido como carpinteiro e non podería exercer como tal. Pois o mesmo debería pasar co oficio de mestre.  

                                                      image