Formación Inicial do Profesorado de Educación Secundaria dende a década dos 70

Nesta entrada, vou elaborar unha especie de eixo cronolóxico amparado nas leises educativas, no que fagamos un percorrido pola historia da formación inicial do profesorado de Educación Secundaria, baseándome para elo no texto de Mercedes González Sanmamed, titulado Una nueva oportunidad para la formación inicial del profesorado de educación secundaria. Como de costume subirei o artigo ao Stellae.

Este interese por coñecer cómo se ten desenvolvido a formación inicial do profesorado de secundaria, nace despois de ver que todos vemos algo que falla nesta etapa do sistema educativo, pero por qué?

1. Lei Xeral de Educación (1970)

  • Establece os requisitos de titulación
  • Encarga os Instituos de Ciencias da Educación (ICE) os cursos intensivos de formación pedagóxica para os mestres de bacharelato (sobre 300 horas)
2. LOXSE (1990)
  • Recoñece a necesidade dunha cualificación pedagóxica para impartir Educación Secundaria
  • 5 anos despois da aprobación da lei, publícase un Real Decreto que regulaba o desenvolvemento do curso que daría acceso ao Certificado de Cualificación Pedagóxica (CCP)
  • Seguimos cun modelo consecutivo
  • Currículo formativo organizado en materias obrigatorias xerais, específicas (en función da especialidade), optativas e o Prácticum.
  • Módulos comúns: 
  1. Deseño e Desenvolvemento do Currículo
  2. Organización Escolar
  3. Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación
  4. Socioloxía da Educación
  5. Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación
  6. Atención á Diversidade
  7. Alumnos con Necesidades Educativas Especiais
  8. Titoría e Orientación Educativa
  • Valoraban de forma positiva aquelas persoas que cursaban maior número de créditos ou que ampliaban o ano de formación.
  • Esta proposta do CCP veuse truncada polo cambio político.
3. LOCE (2002)
  • Regulan a esixencia dun Título de Especialización Didáctica (TED)
  • O TED tiña unha duración de 2 anos e tamén seguía un modelo consecutivo
  • 1º ano: 48,5 créditos, onde había 25,5 comúns, 12 específicos e o resto complementarias.
  • 2º ano: prácticas tuteladas (mínimo 3 meses e 12 créditos formativos
  • Novo cambio de goberno e o TED queda no aire
4. LOE (2006)
  • Contempla aos profeosres de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.
  • Esíxese o Máster.
  • 60 ECTS organizados en 3 bloques: Xenérico, Específico e Prácticum e Traballo de Fin de Máster.
Como podemos ver, a formación inicial da Formación do Profesorado non foi máis que unha fluctuación, a modo de especulación política, cambiando de modelo de formación segundo o ano electoral. Isto negoulle o tempo necesario para ver se as medidas eran eficientes e eficaces, desvalorizando o valor da formación inicial do profesorado de Educación Secundaria. 
 
Desafíos e compromisos nun contexto problemático segundo Mercedes González Sanmamed
  • Dirixir a formación para organizar a ensinanza, pero tamén para: interpretala, explicala e comprendela.
  • Superar a visión de profesor como transmisor e ir hacia o rol de facilitador-orientador de aprendizaxes.
  • Asumir o rol de profesor como educador, comprometido co seu traballo e coa formación inegral dos seus estudantes (intelectual, cívico, afectivo e moral).
  • Analizar a cultura profesional docente, facendo que reflexionen e se cuestionen.
  • A labor docente como labor colaborativa e en relación co entorno.
  • A profesión docente como unh proceso de investigación tanto epistemolóxico como metodolóxico.
  • Facilitar a configuración dunha identidade profesional docente que permita saber ser e saber estar, saber evolucionar nun proceso de procura continuo e enriquecedor.
Webgrafía