PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR

PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR.

Os  Programas de Diversificación Curricular (PDC) teñen por finalidade que os alumnos e alumnas, mediante unha metodoloxía e uns contidos adaptados ás súas necesidades e características, acaden os obxectivos xerais da etapa de Educación Secundaria obrigatoria e, polo tanto, obteñan o título de Graduado en Secundaria Obrigatoria.

Con carácter xeral, poderán seguir un Programa de Diversificación Curricular os alumnos dende o terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os alumnos incorporaranse normalmente ó primeiro curso do programa  pero, cando as circunstancias así o recomenden tamén poderán incorporarse ó segundo curso:

  • Alumnos que teñan cursado cuarto de ESO.
  • Alumnos que teñan repetido terceiro e que no momento da incorporación lles quede só un ano de escolarización.

Para poder incorporarse ó PDC, os alumnos deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Haberse encontrado en cursos anteriores con dificultades xeneralizadas de aprendizaxe en tal grado que se atopan en situación de risco evidente de non acadar os obxectivos e as competencias básicas da etapa mediante o currículo ordinario.
  • Ter sido obxecto de outras medidas de apoio e seguimento, sen que lles resultasen suficientes para a recuperación das dificultades detectadas.
  • Manifestar unha disposición positiva de cara á súa integración no PDC, con plena conciencia de implicarse decididamente no plan de traballo que o programa supón e a vontade de acadar os obxectivos da etapa e as competencias básicas.

O alumnado que sexa avaliado negativamente en algunha das materias do primeiro curso do programa, deberá recuperalas no transcurso do segundo curso.

Os alumnos que se incorporen a un PDC non terán que recuperar as materias nas que obtiveran avaliación negativa ó longo dos cursos anteriores correspondentes á ESO-

Unha vez incorporados no Programa de Diversificación Curricular non cabe a posibilidade de volver ás ensinanzas establecidas con carácter xeral.

 

 

ALBA LÓPEZ ALONSO