O profesor hoxe.

 O presente documento elaborado por Antonio Novoa ten como finalidade analizar a formación e a figura do profesor actual en base a tres criterios: a persoa na súa singularidade e diversidade, a coparticipación referido ao traballo colectivo por parte dos docentes que contemple ao alumnado tan diverso que conforman as aulas; e finalmente, a prudencia como base do proceso ensinanza- aprendizaxe ( facer unha proposta prudente sobre o que merece a pena ensinar e como debe facerse).

O documento comenza facendo referencia aos cambios que nos últimos tempos se produciron no eido educativo tal así que "falar de educación nos tempos que corren, obriganos a todos a un exercicio de gran modestia e humildade". O propio texto, continua facendo unha referencia aos tres elementos necesarios para revisión da profesión docente, sobre todo nos aspectos relacionados coa formación: persoa, coparticipación e prudencia.


Persoa.

Neste apartado o autor comeza  facendo referencia a forte crítica que a principios do siglo XX se fixo da "escola tradicional", crítica que fai referencia ao avandono dos modelos tradicionais de ensinanza aprendizaxe reclamando unhas novas formas de aprender centradas no neno. Non obstante faltaba unha teoría sobre a persoas. Unha teoria que nos axudase a comprendeer as persoas no seu conxunto e que contribuisen a reforzar a integridade no caso dos profesores como persoas e como profesionais e viceversa, como profesionais e como persoas.

No caso do alumnado a ausencia desta teoría impediunos ter unha capacidade reflexiva e de comprensión sobre os novos alumnos que forman as aulas das nosas escolas. As accións pedagóxicas do s. XX  están caracterizadas pola implantación dun modelo "ideal de alumno" ou alumno medio que que lle daba as aulas un toque de homoxeneidade social e cultural.

O fundamento teórico deste modelo de ensinanza foi o da escolastica que significa orde. O mestre é o piar do proceso educativo polo que lle corresponde a el organizar o coñecemento, aillar e elaborar o que debe ser aprendido ao tempo que traza o camiño que deben seguir os seus alumnos. O profesor é o guia e como tal deben imitalo e obedecelo. As clases están organizadas, ordenadas e programadas sendo o método de ensinanza o mesmo para todos os alumnos sendo a súa finalidade que o alumno aprenda. 

Homoxeneidade social.

"dejen que los niños decidan por sí solos lo que les conviene. Lo saben no menos bien que vosotros.

Unha vez analizado de xeito breve o modo de ensinanza da escola tradicional, temos que dicir que na actualidade, o ideal de alumno non existe polo contrario os mestres dos días de oxe atópanse cunha diversidade moi ampla formada por alumnos de todas as procedencias, culturas e sobre todo motivacións ( alumnos que queren ir a clase outrso que van pero sin intención de aprender). Como reaccionaron os educadores a este cambio?

Ante estos cambios na educación atópamonos con variedade de profesorado, algúns centraron a súa atención nas características individuales do alumnado, outros negaronse a ver as diferencias entre os alumnos e centraron a súa  misión na transmisión de saberes sin preocuparse se estes eran aprendidos ou non. Neste sentido, insiste o autor unha teoría da persoa o que provocou un foso que hai que encher.

Faise necesario que os mestres sexan persoas íntegras, é dicir, trátase de recoñecer que os tan coñecidos e necesarios termos de cientifidade e tecnicidade non conforman o ser docente, é necesario unha terceira proposta que reforce a persoa-profesor e ao profesor-persoa. Estamos pois no camiño dunha  proposta teórica que construa unha teoría da personalidade no interior dunha teoría da profesionalidade. Neste senso, faise vital, a autoformación dos docentes, para o que se fai importante un auxe das autobiografías educativas.


Coparticipación.

¿ Que é a coparticipación?

 Podemos definir a coparticipación como o traballo colectivo e cooperativo entre o profesorado para dar resposta as problematicas o panorama educativo.

No campo educativo o traballo coperativo cobra vital importancia posto que estamos a traballar con persoas de diferentes etnias e culturas. É necesario que os educadores e pedagogos dean resposta aos novos alumnos que chegan as escolas con culturas, idiomas e proxectos de vida moi diversos. Neste sentido o Novoa duas correntes pedagóxicas que o profesorado debe evitar:

Infantilización:

"A escola non ten que facerse a imaxe da vida, senón a vida a imaxe da escola" G. Bachelard.

O termo infantilización refirese as metodoloxías que o profesorado usa nas aulas o que acerca cada día máis a escola ao mundo social. O feito de motivar ao alumnado con referencias do seu día a día ou máis cercanas é unha estratexia pedagóxica correcta pero sempre e cando non sexa usada dun xeito abusivo.Non debemos caer na consideración de que os nenos van a escola a divertirse, efectivamente si van a iso pero tamén van a aprender, van a formarse como persoas críticas e autónomas. Como se dí no propio texto, se a escola chega a ser unha institución igual as demáis, perdería o seu sentido.

Comunitarización:

Este concepto fai referencia a que na escola o que nos une principalmente é a vontade de ensinar, as reglas de vida social e de aprender a vivir en grupo. 

Como no caso anterior faise referencia ao termo Mutatis mutandis sendo este unha das cuestións centrais da formación do profesorado. A aparición do profesor colectivo é unha das principais realidades deste principio de siglo. A competencia colectiva é máis que a suma das competencias individuais. Temos que falar da necesidade de integrar na cultura docente un conxunto de formas colectivas de producción e de regulación de traballo dos profesores. O que se pretende e abarcar estes aspectos:

  • A idea da escola como lugar de formación do profesorado, como un espazo de análisis colectivo das prácticas, de supervisión e de reflexión.
  • A necesidade da teoría do colectivo.

 Prudencia:

" Sobre a prudencia, sobre a decencia, sobre a necesidade de " un coñecemento prudente para unha vida decente" Bonaventura de Sousa Santos.

Neste apartado o autor fai referencia a dúas cuestións: ¿Que merece a pena ensinar? e ¿ como se debe ensinar?

No tocante a primeira pregunta "podemos ensinar todo aquelo  que merece a pena ensinar, todo o que nos une e libera".  É dicir todo o que integra a cada individuo nun espazo de cultura e sntidos e todo o que promove a adquisición do coñecemento. Non obstante esta resposta debe ser complementada con aquilo que fai a vida máis decente.

Polo que se refire a segunda pregunta, mencionamos de novo a Antonio Damásio cando dice que sin emocións non é posible tomar decisións,  non é posible movilizar un pensamento racional.

Para finalizar esta análise, gustaríame facer referencia a unha frase mencianada no documento "a veces a ensinanza é ao mesmo tempo traballo de corazón e traballo de razón". O traballo do profesor ten un aspecto científico en canto a adquisición de coñecemento se trata; pero ao mesmo tempo o seu traballo ten un aspecto artista no sentido de reacciónar a situacións imprevistas. " Os profesores teñen unha parte de geómetras e outra de saltimbanquis" e estas teñen que estar ligadas para construir o devir propio que cada un ten como profesional.


Bibliografía

Novoa, A. (2007). El profesor, hoy. Cuadernos de PedagogíaNº 374, 21-25