A función docente

O presente artigo, parte da seguinte afirmación “o profesor ten un papel determinante no proceso de ensinanza e aprendizaxe: é un mediador entre o currículum e os seus destinatarios entendendo que estes destinatarios son tamén mediadores do seu propio aprendizaxe”.

A partir desta idea, o autor determina unha serie de afirmacións, nas cales desenvolve o significado que abrangue a presente cita. O docente convértese nun elemento fundamental para acadar a calidade educativa, así mesmo a súa influencia afecta dende á planificación, pasando polo desenvolvemento práctico da actividade, para rematar coa avaliación. Por outro lado, o autor incide na paradoxa que suscita a importancia da docencia fronte á formación que reciben os docentes. Por último, incide na idea dun profesional activo, mediador da posta en marcha do proceso de ensinanza.

A partir destas ideas, cómpre centrarnos no que é a función docente e a súa importancia. A función docente está intimamente relacionada co contexto no que leva a cabo a actividade educativa. Asemade Tejada (1995) recolle a seguinte idea sobre a función docenteconxunto de accións- actividades – tarefas nas que participa o profesor nun contexto de intervención institucional (xa sexa no interior das aulas ou na súa interacción con outros colegas ou directivos), así como na interacción cos pais e a comunidade en xeral”.  Ter en conta este feito, fai que o análise a seguir se insira en distintos contextos de interacción social; o sociocultural o institucional e o instrutivo.

  • Contexto sociocultural: o presente contexto é o máis amplo, a función docente centrase na mediación, entendido o profesor como un axente que debe transmitir e motivar á formación do alumno a través da relación coa comunidade. Función socializadora.
  • Contexto institucional: neste senso o docente defínese de dás maneiras distintas. Por un lado como membro da comunidade educativa e como tal desenvolve o proxecto educativo do centro. Por outro lado é visto como un membro relacional na institución. En canto ás funcións do docente dentro da institución pódense distinguir distintas funcións atendendo as características da institución, a cal  está mediatizada pola cultura organizativa da mesma.
  • Contexto instrutivo: este é sen dúbida o contexto principal da función docente entendida como un proxecto de ensinanza e aprendizaxe, sendo a calidade da ensinanza un feito clave para a efectividade da mesma. Ademais dentro deste contexto podemos entender ao docente como organizador das tarefas da aula, horarios,… e instrutor, transmisor dos coñecementos, determinador dos obxectivos, entre outros.

A función docente, por tanto ten que ver co contexto no que se desenvolve. Asemade intrínseco á profesión docente determínanse unha serie de funcións que deben dar resposta aos seguintes aspectos:

  • Obxectivos da formación que ha de levar a cabo
  • Contexto no que se vai a desenvolver tendo en conta os distintos aspectos implicados neste, como son os destinatarios.
  • Estratexias e actividades de aprendizaxe, tendo en conta as necesidades presentes en cada momento. Distinguindo distintas metodoloxías, teorías, estratexias, entre outros.

Tendo en conta o momento que estamos a vivir, é obvio que o perfil de docente ao que aspiramos sexa un docente investigador e innovador, perfil motivado por:

  • Necesidade de cambio, mediante a cal os docentes deben mellorar as súas capacidades para dar resposta as necesidades da sociedade cambiante actual.
  • Aplicación práctica da investigación- acción entendida como elemento de mellora da ensinanza así como da formación dos docentes.
  • Traballo en equipo. A colaboración entre os docentes clave no desenvolvemento do profesorado e como non, na posta en marcha de melloras.
  • Existencia doutros protagonistas, como son a familia, e a sociedade en xeral, os cales se deben ter en conta na interacción.
  • Presenza das TIC.

O docente do século XXI, é consciente de todas as melloras que se deben levar a cabo, así mesmo, ten integra unha serie de coñecementos, capacidades e habilidades que dan resposta ás necesidades actuais. As máis relevantes, e que recolle Tejada son:

  • Coñecemento do entorno.
  • Capacidade de reflexión sobre a práctica
  • Actitude autocrítica e avaliación profesional
  • Capacidade de adaptación aos cambios é dicir flexibilidade
  • Tolerancia ao risco e á inseguridade
  • Capacidade de iniciativa e toma de decisións
  • Autonomía e poder para intervir no seu proceso de ensinanza
  • Traballo en equipo
  • Vontade de autoperfeccionamento: formación ao longo da vida
  • Compromiso ético profesional co traballo que leva a cabo, sendo consciente da importancia da súa tarefa.

Tendo en conta o abordado anteriormente, o autor recolle unha serie de principios acerca da formación dos docentes para a innovación, os cales están apoiados nas ideas de Marcelo (1994) recollidas no seu libro Formación del profesorado para el cambio Educativo.

  1.  Perfil flexible
  2.  Formación inicial como a primeira fase da formación
  3. Formación permanente recalcando a importancia dunha educación ao longo da vida, consciente dos cambios e necesidades
  4. Equilibrio entre os contidos científicos e a maneira de transmitilos
  5. Competencia entre as distintas institucións de formación tendo en conta a centralización e a descentralización das súas actuacións.
  6. o profesor de maneira individual non é o único receptor da formación permanente senón que o tamén o é a institución educativa.
  7. Integración de asesores externos na institución formativa
  8. Proxecto formativo como consecuencia da práctica, o cal debe dar resposta ás necesidades que foron aparecendo ao poñelo en práctica
  9. Interconexión entre institucións formativas, de apoio, recursos, etc.
  10. Facilitar espazo e tempo para a formación dos docentes

Neste senso e seguindo con Marcelo, recollemos a presente cita do libro nomeado anteriormente,  “A integración dos diferentes campos de coñecemento non se acadará só a través da elaboración teórica, senón principalmente a través do desenvolvemento de proxectos de mellora escolar,… outra característica para a integración das dimensións curriculares, docentes, didácticas e organizativas, ten que ver con promover una cultura escolar que asuma como normas a experimentación e a colaboración entre profesores, o que supón que os profesores, como profesionais, posúan autonomía para desenvolver as súas propias propostas curriculares, pero tamén, que non son suxeitos aillados”(Marcelo, 1994).

innovación, creatividade

Como se recolle na cita anterior a posta en marcha de iniciativas por parte dos docentes así como o traballo en equipo son claves dos docentes innovadores. Atendendo a isto, cómpre facer referencia ao docente catalizador de Hargreaves. Un docente consciente das necesidades que presenta a sociedade, un docente activo e disposto á innovación e á mellora da formación, apoiando gran parte do seu traballo na toma de decisións en equipo.

Por tanto, as funcións dos docentes do siglo XXI deben responder a unha serie de principios, formulados a partir das necesidades así como a través dos principios que determinan a súa formación. Ao largo de todo o documento, fun refelxionando acerca das distintas ideas que determinan as funcións que ás que debe responder un docente na sociedade actual, así como aqueles eixes formativos que debe seguir o seu traballo.

Considerades que o docente actual responde a estas necesidades? A formación docente é a correcta para poder dar resposta a estas necesidades?

 

Bibliografía

Tejada, J. (2001). Función docente y formación para la innovación. En EDUCAME nº 4

Hargreaves, A. (2003) Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Octaedro