¿De dónde viene la crisis de la profesion docente? De José Gimeno Sacristán.

Fai algún tempo dedicamos unha sesión de clase a analizar un artigo de José Gimeno Sacristán mediante a técnica do acuario, unha técnica moi interesante dende o meu punto de vista e un texto que tamén coido é de gran interés. Nesta entrada propóñome expoñer o que me suscitou este texto e as conclusións que saquei del.

O texto trata sobre a crise da profesión docente e de onde ven a mesma, aludindo a causas que a motivan así como a visión que se ten do profesorado dende diferentes ámbitos.

É un texto enfocado basicamente na crise do profesor, e centrase nas distintas causas que provocan dita crise. O ler o texto detidamente chamoume a atención a visión que o autor da a crise da educación, ven  a dicir que non é que partindo dunha situación boa nos fomos dirixindo a unha peor, senón que de unha situación mala pouco a pouco e durante anos e anos a educación neste país foise mellorando. A imaxe tan negativa que os políticos, a administración e os medios dan constantemente da situación da nosa educación  crea un mal concepto na xente cara a educación e o profesorado, provocando neste último unha situación de inseguridade, malestar, desánimo, etc.

A figura de mestre, noutro tempo admirada e altamente considerada pola labor que desenvolve, cada vez máis esta a cambiar e sendo cada vez considerada máis negativamente, o que provoca unha perda de respecto da sociedade cara este colectivo e polo tanto e perdendo a súa posición social. Todo isto leva a un alto grado de inseguridade, perda da motivación e interese pola súa profesión e a unha perda de autoridade, con autoridade non me refiro a autoridade dentro das aulas, senón a hora de decidir no referente ao sistema educativo, como por exemplo ante a proposta dunha lei educativa.
Como parte dun proceso xa establecido que tende a repetirse, isto lévanos a unha sociedade de cambios na educación son constantes e  na que o profesorado tende a manterse fora destes cambios, nin participando nin adaptándose correctamente os mesmos,  polo mencionado anteriormente.

Os  docentes deben de intentar superar estes obstáculos e adaptarse os novos tempos, tempos que non cambiaron tanto pois a relación entre  docente e o alumno segue a ser a base da nosa ensinanza, e partindo disto, os docentes deben de ser consciente dos cambios do contexto e moldearse e adaptarse a eles partindo da idea de que a súa formación nunca acaba.

Polo tanto, e para concluir, considero que se necesita un cambio na educación, pero un cambio que o englobe todo e no que todos os profesionais da comunidade educativa camiñen cara unha mesma dirección e tamén no que as voces dos docentes sexan escoitadas e consideradas ante as modificacións do sistema educativo.

Os profesores deben de contar con toda axuda que precisen pois a súa labor é moi difícil, e a sociedade debe de axudar xa que non toda a responsabilidade dos resultados educativos é dos docentes.