A importancia do traballo en equipo

A través da materia Formación e Desenvolvemento profesional do Profesorado, tivemos que levar a cabo un e- portfolio, o cal realizamos de forma individual así como a través dun grupo. O noso grupo é Red de pedagogas, un espazo no que decidimos afondar naqueles aspectos que eran introducidos pola profesora nas distintas sesións interactivas. Un portafolio do noso análise conxunto de distintos aspectos como o conflito lingüístico ou o análise de distintos documentos oficiais, entre outros.

Pero, que significou para nós o traballo na presente materia?

Os inicios foron un pouco complexos, xa que non habíamos traballado en grupo a través do Stellae antes. Tivemos que familiarizarnos coas discusións, as cales non empregaramos ata o momento.

Consideramos que aínda que o noso traballo puido comezar sendo un traballo habitual de grupo, levalo a cabo neste soporte, permitiunos afondar noutros aspectos que ata agora non fixeramos. As discusións son un claro exemplo destas melloras, as cales facilitan a conversa activa entre os membros do grupo para abordar distintos temas. Con todo, somos bastante críticas con nós, posto que entendemos que non aproveitamos na súa totalidade as vantaxes que nos ofrecía esta forma de traballo.

Quizás o motivo polo que non empregamos de forma tan acusada as discusións, débese a que a realización dos traballados a levamos a cabo de forma conxunta, quedando ao mesmo tempo de forma presencial, para realizar as distintas análises. As discusións por tanto realizabámolas de forma directa o que fixo que nos resultase complexo á vez que raro, levar a cabo estas  discusións á plataforma.

En canto ás tarefas realizadas, o noso traballo xirou entorno ás actividades propostas pola profesora na clase interactiva, as cales non permitían indagar sobre distintos temas, os cales son complementarios aos contidos que abordamos na materia. Asemade, estes contidos que analizamos en grupo son un apoio moi importante ás reflexións que realizamos de forma individual nos nosos e-portfolios.

Trabajo en equipo

Se hai un aspecto que podemos destacar é a importancia do traballo en equipo. Como fomos traballando ao largo da materia, o traballo cos colegas é un punto primordial na formación dos docentes, así como na nosa propia formación. Con esta materia e a través da creación dos grupos de traballo fomos compartindo as nosas experiencias e axudándonos mutuamente a construír os análises precisos a cada un dos temas tratados. Como vimos nalgún dos artigos cos que traballamos o traballo en equipo é moi importante ao principio da formación para comezar a construír a nosa identidade profesional. Ao realizar o traballo de forma compartida os aspectos tratados son moito máis amplos e complementarios, xa que desta forma non te quedas coa túa única idea, senón que a compartes cos teus compañeiros e a amplías os teus puntos de vista. Grazas a que cada unha de nós ía realizando os blogs individualmente, este traballo axúdanos a complementar as tarefas grupais, e por tanto mellora o noso traballo en grupo.

Consideramos que a realización deste traballo en equipo axuda a complementar as nosas reflexións, así como a nosa forma de traballo. Aínda que o traballo foi complexo, os beneficios que obtivemos deste encanto a traballo grupal son moi óptimos.