Nube de tags

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Tags de todo el sitio

Enseñar para la sociedad del conocimiento: educar para la creatividad

Nesta entrada vou realizar un comentario sobre o capítulo “Enseñar para la sociedad del conocimiento: educar para la creatividad” da obra “Enseñar en la sociedad del conocimiento” de Andy Hargreaves, posto que trata moitos aspectos de interese sobre o sistema educativo en xeral e sobre a docencia en particular.

Para comezar, este autor, nos contextualiza nunha determinada realidade é dicir, di que vivimos na sociedade do coñecemento , polo que se fai alusión a unha sociedade dinámica, en continuo cambio e evolución. Polo tanto, a educación debe de ser competente no senso de atender aos cambios e avances que se desenvolven na nosa sociedade.

É por iso que se considera a ensinanza como unha profesión paradóxica, xa que se espera que os docentes constrúan comunidades de aprendizaxe e que preparen ás persoas para ter éxito na sociedade do coñecemento. Doutra banda, espérase dos docentes que reduzan e resolvan os problemas que crean as sociedades do coñecemento, como por exemplo o consumismo excesivo ou as diferenza de clases sociais. É dicir, aos docentes se lles esixen tarefas en certo modo contraditorias.

Por outro lado,  o recoñecemento do poder da educación e da labor dos docentes segue sendo un dos ámbitos sociais máis atacados, xa que hai numerosos recortes en gasto público e os salarios e as condicións dos docentes seguen sendo un punto de mira á hora de tomar decisións negativas.

En relación co anterior, pódese afirmar que os docentes se atopan encerrados nun triángulo de intereses ao ser catalizadores, contrapuntos e vítimas.

triangulo de intereses del docente (Andy Hargreaves).jpg

Por unha banda, os profesores catalizadores son dalgún modos os máis comprometidos co quefacer educativo, posto que son aqueles que consideran necesario o cambio e buscan novos recursos e estratexias para educar aos seus alumnos. Neste modelo, o docente é un guía ou orientador do proceso de aprendizaxe, polo que os alumnos son os verdadeiros protagonistas dun xeito autónomo no seu propio aprendizaxe.

Os profesores contrapuntos da sociedade do coñecemento, teñen que contrarrestar e evitar as ameazas e os riscos da cidadanía por medio da formación. Son aqueles profesionais da educación que promoven o aprendizaxe social e emocional.

Por último, estarían os docentes vítimas que son aqueles que se atopan sometidos e atacados pola propia sociedade. Son os profesores que preparan aos seus alumnos para a memorización de aprendizaxes, empregan unha metodoloxía tradicional e se amosan sumisos ao cambio.

Polo tanto, dado que vivimos nunha sociedade cambiante e en constante evolución, a escola tamén debería ser unha institución que sofre cambios e se adapta ás necesidades que podan ir xurdindo, é por iso que tamén se fai unha posta en valor na formación permanente dos docentes, xa que é esta a que nos proporciona os coñecementos e estratexias para facer fronte ás necesidades actuais, polo que en certo modo é unha garantía da mellora e adaptación da educación á realidade.

De modo que, o docente para educar para a sociedade do coñecemento debe ser unha persoa creativa, flexible, que se adapte ás necesidades, con habilidade para o traballo en equipo e para asumir riscos, con capacidade de busca de solucións e mellora continua.

El docente 2.0

Finalmente, recalcar que é moi difícil ensinar para a sociedade do coñecemento, posto que os docentes, ás veces sen a adecuada formación, debe buscar novas metodoloxías e estratexias para educar aos educandos e cumprir as características anteriormente expostas. Ademais, sumado a isto, debe soportar múltiples ataques sociais que desgastan o exercicio da súa profesión e tamén os desgastan de modo persoal.

 

Fonte bibliográfica

Hargreaves, A. (2003). “Enseñar en la sociedad del conocimiento”. Capítulo 1: Enseñar para la sociedad del conocimiento: educar para la creatividad. p.p. 19-42. Ed. Octaedro, España.