De onde ven a crise da profesión docente?

 Na sesión expositiva do pasado día 6 de novembroté realizouse no conxunto da clase a "técnica acuario". Para poder realizar dita técnica era necesario leer, en primeiro lugar o documento de José Gimeno Sacristan sobre a porcedencia da crise da profesión docente.

A primeira pregunta que me fixen foi, e que é a técnica acuario? Ben, para ir centrando a miña análise comezarei por ir aclararando esta dúbida.

A técnica recibe o seu nome en función da colocación que toman os participantes durante o seu desenvolvemento. Tamén é coñecida como técnica da cebola ou dos tres circulos. Como todas as técnicas, a dinámica do acuario persegue unha serie de obxectivos, tales como:

  • Desenvolver a capacidade de expresar os diferentes puntos de vista.
  • Fomentar a intervención democrática
  • Favorecer o diálogo e a discusión informal.
  • Propiciar o aprendizaxe dunha temática mediante a análise e a síntese de información.
  •  Afondar no coñecemento dun tema.
  • Avaliar o grao de dominio que posúe o grupo sobre un tema concreto.

No noso caso, para levar a cabo esta dinámica foi  necesaria a división do grupo clase en tres subgrupos máis pequenos; peixes, tiburóns e observadores. Cada un deles tiña un papel é unhas funcións concretas.

 Técnica acuario

  Grupo dos peixes. Na imaxe ilustrativa que aparece no carón dereito este grupo identificariase co dos expertos. Este grupo constituido por tres compañeiros/as cuxa misión principal era transmitir ao grupo-clase as principais ideas do texto de Gimeno Sacristán.

 Grupo das quenllas ou observadores críticos. Constituían o grupo crítico, a súa tarefa era matizar e contrastar as ideas aportadas polo equipo dos peixes. Debían complementar e ampliar as ideas que xa foran previamente expostas coa finalidade de crear un coñecemento máis comp

 Observadores: constituído polo resto do grupo-clase. tarefa deste grupo erá aportar a opinión propia en base ás ideas transmitidas tanto polo grupo dos peixes como polo das  quenllas. 


 

  A modo xeral podemos dicir que é unha boa técnica para promover o traballo e o aprendizaxe cooperativo. É unha dinámica que permite o tratamento de contidos teóricos dun xeito máis lixeiro mediante a análise e a síntese daquelo máis significativo no conxunto do grupo, para o que e necesario que os participantes, previamente teñan unha lixeira idea sobre aquelo que se vai a tratar. Ademáis fortae fortalece as habilidades de análise e síntese, favorece a integración do grupo e fomenta a expresividade e a escoita activa. 

Sen embargo, como todo ten os suas vantaxes e os seus inconvintes entre os cales podemos mencionar os seguintes:

  • Dominio do tema antes da posta en marcha da técnica.
  • Esixe habilidades para a síntese, análise e observación.

Unha vez aclarado os aspectos máis xerais da técnica, cómpre pasar a realizar un análise do desenvolvemento da propia técnica no noso grupo clase. Para o correcto desenvolvemento da sesión, foi necesario establecer unha serie de pasos.

  1. En primeiro lugar foi o turno do grupo dos peixes, encargados de transmitir as ideas principais do texto, entre as que podemos destacar:
a) Como o profesorado se ve afectado tanto persoal como profesionalmente pola crise que estamos a vivir na actualidade. Os docentes na maioría dos casos non saben como afrontar os numerosos cambios  que se están producindo no contexto educativo, cambios que o alumnado mostra día a día e  que por desgracia afectan na súa labor como educadores. O profesorado está chamado a ter un papel activo na resolución de conflictos, pero para iso debe estar constantemente en crise posto que é o unico modo de que os cambios se convertan nalgo positivo e non nun obstáculo para a súa labor como docentes.

b) A segúnda idea que se barallou está ligada cos motivos que desestabilizan ao profesorado. Neste sentido e seguindo o texto podemos mencionar as seguintes:

  • Necesidade de buscar unha estratexia pedagóxica adecuada co fin de crear un ambiente produtivo nas aulas, para que resulte motivador para o alumno.
  • Existencia dun plan de estudos que se centre en transmitir aos futuros docentes coñecementos xerais que os axuden a resolver as dificultades que se lle presenten no seu día a día.
  • Problemas derivados da sociedade multiétnica e multicultural.
  • Busqueda de competencias básicas como se este concepto viñese a decirnos con claridade o que se debería ensinar.
  • Dúbida para compaxinar a excelencia coa xusticia e a importancia da inclusión social na educación obrigatoria.

c) A última idea exposta polo grupo dos peixes está relacionada coa cuestión da deslexitimación e imaxe do profesorado. Neste sentido fixose  alusión ao escaso recoñecemento que ten a labor docente na actualidade, posto qrue non se valora todo o todo o traballo que os profesores realizan. Neste sentido e seguindo as liñas do texto, pódese dicir que a función docente e moi importante, pero non o son tanto as figuras que a desempeñan. Así mesmo, fixose referencia a escasa formación dos docentes teñen, mantendos nunha minusvalorización intelectual, non elevando o seu nivel cultural e científico de cara ao seu día a día.

Todo o exposto anteriormente, provoca un estado de pesimismo e malformación no profesorado o que levan a que moitos se sintan "desprestixiados" ante o seu labor, " queimados" ao non sentirse valorados como profesionais que teñen que afrontar numerosas trabas para poder realizar o seu traaballo correctamente.

2. Unha vez expostas as ideas que baraxou o grupo dos peixes, era o turno do grupo das quenllas. Recordemos que a súa función era ampliar a información proporcionada polo grupo anterior. A modo persoal, teño que dicir que este resultoume un papel moito máis complicado posto que a maior parte da información que aparece recollida no texto xa saira a luz no grupo anterior. Ainda así, este grupo botou man do seu baul de coñecementos e aportou ideas tales como:

  •  Necesidade de ver a crise como algo positivo e que axude a labor docente.
  • Consideración do profesorado como unha peza clave no proceso de cambio.
  • Consideración da formación continua por parte do profesorado, formación que lle permita facer fronte as novas situacións.
  • moao informe PISA, o cal debería ter en conta aspectos como o contexto ou as diferenzas existentes entre os países e non so os resultados obtidos a través de probas “obxectivas”.
  • Referencia ao concepto "de sociedade líquida"  para facer alusión a falta de compromiso por parte do profesorado. Exemplo diso é a xubilación anticipada.
3. Finalmente chegou o grupo dos observadores, encargados de aportar as propias opinións derivadas das aportacións tanto do grupo dos peixes como das quenllas. Do debate que surxiu podemos sacara en claro as seguintes ideas:
  • Dificiles condicións para a figura do profesorado.
  • Consideración importante da formación permanente do profesorado, feito que facilita e mellora a calidade do traballo docente.
  • Alusión ao informe PISA.
  • Importancia da separación entre a ideoloxía dos partidos políticos e a educación. Non é  para nada beneficioso que cada vez que haxa un cambio de goberno, esto se vexa reflexado nas diferentes leis educativas o que provoca unha menor calidade. Neste sentido mencionouse o pais finlandes, referente en tema educativa.
  • Controversia existente entre a teoría dada na universidade e a posterior práctica nos centros educativos, dous aspectos que en moitas ocasións non se relacionan polo que dificulta, máis si cabe a labor docente.

 

Calidade docente.

A modo de reflexión teño que dicir que estamos ante unha sociedade cambiante, e polotanto é necesaria máis formación e máis axuda ao profesorado. Estamos ante un profesorado desmotivado, sen ganas para innovar, e ata me atrevería a dicir que sen ganas de ensinar. Esta sociedade da información e do coñecemento, donde aflora moita información que ensinar e moita diversidade de alumnado provoca que o profesorado asuma cargas que moitas veces non pode chegar a solucionar. Unido a isto, temos que ter en conta que a profesión docente non é unha profesión socialmente recoñecida, como se a tarefa de ensinar fose sinxela ou pouco importante. Debemos ter en conta que un profesor é unha persoa moi importante na sociedade, son os piares da formación de toda persoa, esa figura encargada de formar a nosa identidade ao tempo que se nutre das súas experiencias como docente. É por iso que todos debemos poñer o noso gran para facer que a labor docente sexa mellor e de máis calidade, para que o traballo do profesorado sexa recoñecido socialemente e sobre todo para que as xeracións do futuro estean mellor formadas.

 

Bibliografía:

Gimeno Sacristán, J. (2007). ¿De dónde viene la crisis de la profesión docente? En Cuadernos de Pedagogía, nº374, pp.17-21.

http://www.slideshare.net/astaroht84/acuario-2562295 recuperado o día 2 de novembro de 2013.