Raíces da feminización docente en España

Hoxe vou tocar o tema da feminización docente seguindo a tese doutoral de Sonsoles San Román Gago, titulada Las transformaciones sociales de la profesión de maestra en España. Sonsoles, é catedrática do Departamento de Socioloxía da Universidade Autónoma de Madrid. Esta tese foi defendida no 1996 e revisada polo Institudo de Educación da Universidade de Londres. A raíz desta tese, escribiu dous libros que foron recentemente publicados: Las primeras maestras e Los orígenes del proceso de feminización docente en España. Tratarei de abordar os contidos do artigo da maneira máis breve posible, facendo fincapé en cómo foron mudando os roles da mestra ao longo da historia e qué presupostos teóricos defendían eses roles.

Mestra Analfabeta (1783-1838)

Chama desta maneira ás mestras daquel tempo porque realmente non tiñan formación para exercer como tal, e nin elas mesmas habían recibido educación, sendo normal que non souberan ler nin escribir. Daquela a educación feminina estaba centrada no espazo doméstico, e a mestra analfabeta adicábase exclusivamente á educación das nenas, é dicir, encargábase de ensinarlle as tarefas do fogar, acorde coa ideoloxía do momento. En definitiva, a muller non tiña dereito a educación coma os homes.

Nai ensinando a coser a súa filla

En qué se baseaban para dicir que a muller non tiña dereito a ser educada coma os homes?

Rousseau e Kant, pensadores daquela época, estaban dacordo neste tipo de discriminación hacia a muller. Opinaban que as mulleres servían para ser nais, e polo tanto os homes tiñan que coidar delas, sendo eles os responsables de levar os materiais precisos ao fogar.

Eran conscientes da fenda que existía entre sexo masculino e feminino, pero non o consideraban un problema, para eles era algo que viña determinado de nacemento. Como as mulleres tiñan que concebir, estaban destinadas ao fogar e o matrimonio. Para o cal se lle pedía ter calidades femininas como a dozura, a paciencia e a limpeza. Por elo, a figura da muller mestra nas escolas, acabará sendo un espazo onde reine, pois alí estará para coidar fillos e fillas de outras persoas.

Kant e Rousseau defendían que as mulleres non podían pensan, senón sentir, e que polo tanto non se lle podería dar dereito a exercer a cidadanía. Sendo a única educación posible para elas, a que lle dean súas nais na casa. Estes dous autores outorgan o papel de mestras da infancia ás mulleres, tanto para os nenos como para as nenas.

“Educarlos cuando niños, cuidarlos cuando sean mayores” (Rousseau, 1973)

Así, a modo de servidume, Kant e Rousseau afirman que a muller non debe aprender conceptos teóricos, senón en coñecer profundamente aos homes. Tendo polo tanto que transmitir de xereración en xeneración a cultura feminina de analfabetismo e sometemento.

Anuncio sexista americano

A mestra analfabeta na lexislación

O 14 de Agosto de 1768, Carlos III dicta as primeiras normas para o establecemento de casas destinadas á educación de nenos e nenas. Ordea que naqueles pobos nos cales as autoridades consideren oportuno, establezan Casas de Ensinanza para Nenas, onde estaba prohibido a presenza de varóns. Ao frente destas escolas, estarían mestras que tiñan a obriga de transmitir principios e obrigas da vida civil e cristiá, con habilidades propias ao seu sexo.

No 1771, Carlos III establece os requisitos necesarios para o Maxisterio de Primeiras Letras, onde se facían moitas probas aos homes (proba de doutrina cristiá, peripecia para ler e escribir, contar, boa vida e costumes, e certificado de limpeza de sangue), e case ningunha ás mulleres. A futura mestra tan só necesitaba un informe acerca da súa vida e as súas costumes e ser examinada da doutrina cristiá. Ou sexa, que non importaba si sabían leer, contar, escribir... O importante e que foran moralmente corretas.

No Informe Quintana de 1812, abordan cuestións relativas á escolarización masculina, pero nada acerca da formación da mestra, nin das nenas. Entendíase que a educación dos varóns había de ser pública e a das mulleres privada e doméstica.

No Proxecto de Decreto para o Arranxo Xeral da Ensinanza Pública en 1814, insistían na educación das mulleres para ser nais de familia. Recomendaban a creación de escolas femeninas, para que aprenderan a ler e escribir. Pero como a responsabilidade de abrir escolas para nenas era das diputacións, quedou todo en papeis mollados.

Co Trienio Constitucional xérase o Regulamento Xeral de Instrucción Pública no 1821, ónde engaden que non só lle ensinarán a leer e escribir ás nenas, senón tamén a contar, argumentando que era unha materia útil para facer a compra, isto chegaría á Lei Moyano co nome de “economía doméstica”.

No 1823, volve ao poder Fernando VII e pásase a edudcar a nena en fé católica, comportamento femenino, exercicio de virtudes e labores do fogar. Se a mestra sabía ler, ensinaría ás nenas, e de non ser así, encargaríase de iso un mestre maior de corenta anos, pero os prexuízos do lexislador fixo que delegara a elección da formación de lectura nos pais e titores, coa fin de previr relacións afectivas na aula.

Mestra Maternal (1838-1876)

Este modelo aparece en España coa aparición das escolas de párvulos en España. Estas escolas aparecen polas necesidades da clase obreira, debido a revolución industria.

Xustificación teórica do modelo de Mestra Maternal

Kant afirmaba que a influencia femenina era necesaria e positiva, debido a súa sensibilidade, que permitía refinar a sociedade. Segundo a profesora Sonsoles, o argumento de Kant é clave para xustificar a presenza das mulleres na escola, pois segundo él aportaría cualidades necesarias, das que os homes carecen.

Influencia de Pablo Montesino

Este político da época, subordinou a mestra ao mestre, tendo un soldo económico moito máis baixo que o sexo masculino e desconfiando do traballo que podía realizar, dividindo os tipos de mestra segundo:

  • Mestra a cargo de grupos reducidos (- de 40 alumnos)
  • Mestra-muller/nai/irmá/criada que axudaba ao mestre cos grupos de 120 a 140 alumnos
  • Mestra que axudaba a un mestre de superior habilidade, con clases de 150 a 200 alumnos
  • Mestre/Mestra de párvulos axudados por unha criada levaban ata 250 alumnos

Mestra Racional Intuitiva (1868-1882)

É chave a influenza ideolóxica do krausismo e a metodoloxía fröebeliana, que incidirán na necesidade da formación da mestranas Escolas Normales de Mestras. Esixíaselle un currículo dacordo ás esixencias das demandas sociais e unha metodoloxía froebeliana dacordo á natureza infantil, moi compatible, como dicían, coa natureza feminina.

Escolas Normais de Mestras  

Webgrafía

http://www.scielo.br/pdf/es/v21n72/4196.pdf [consultada o 03/12/13]