Conectivismo.

O conectivismo é considerado unha teoría da aprendizaxe para a era dixital; para explicar o efecto que tivo a tecnoloxía na na forma que vivimos, en que nos comunicamos e en como aprendemos. Esta teoría ten 8 principios que a fundamentan :

1. A aprendizaxe e o coñecemento nacen da diversidade de opinións.

2. A aprendizaxe é o proceso de conectar nodos ou fontes de información.

3. Non sólo o ser humano aprende, o coñecemento pode residir fóra do humano.

4. A capacidade de aumentar o coñecemento é mais importante que o que xa se sabe.

5. É necesario nutrir e manter as conexións para facilitar unha aprendizaxe contínua.

6. A habilidade para ver as conexións entre os campos, conceptos e ideas é primordial.

7. A información actualizada e precisa é a intención de todas as actividades do proceso cognitivista.

8. A toma de decisións en sí mesma é un proceso de aprendizaxe. Elixir o qué aprender, e o significado da información entrante é visto a través da lente dunha realidade cambiante. É posible que unha resposta actual a un problema esté mal o día de mañá baixo a información que se recibe.

Unha vez teño unha definición e uns principios sobre os que se sustenta este concepto innovador para min, podo concluír sacando unha idea persoal e principal sobre éste. O conectivismo trata de conectar as novas formas de información con todas as opinións posibles e con todos aqueles seres que estén inmersos neste proceso, co fin de poder incrementar o seu coñecemento mantendo unha información actualizada para poder levar a cabo unha boa toma de decisións.

Non sei si o entendemento que fixen sobre este concepto será o mais idóneo, pero dende logo si para min, é o mais claro e preciso.

Se ademais das súas principais características e conceptualización, desexades indagar mais sobre o tema, deixovos o artigo completo : http://es.scribd.com/doc/201419/Conectivismo-una-teoria-del-aprendizaje-para-la-era-digital