illamento profesional docente

O illamento docente é una das principais problemáticas ás que se enfrontan os profesores. Debido a isto, e á importancia que se lle deu a tal concepto nalgunha sesión da materia, considero relevante reflexionar sobre este.

É sabido, que un dos ditos acerca da profesión docente é que se trata dunha profesión solitaria, tendo en conta isto recollo unha cita de J.C.Tedesco (2001) “Un dos problemas que afronta o profesional docente no seu desempeño é o individualismo co cal o docente realiza a súa tarefa.”

Flinders (1988) diferenzaa entre tres tipos de illamento docente:

  • Illamento psicolóxico: o cal se debe á inseguridade do docente e ao medo ante as críticas dos demais profesionais do eido.
  • Illamento ecolóxico: ten que ver coa organización escolar un dos principais motivos aos que se alude como desencadéante desta situación é o modelo organizativo escolar, aludindo a feitos como que as materias son estancas e cada docente imparte a súa sen colaboración con outras.
  • Illamento adaptativo: aludindo a un tipo de estratexia mediante a cal o docente crea un espazo persoal e individual no cal non poden influír o resto dos docentes.

O illamento produce as súas vantaxes e os seus inconvenientes. Atendendo ao primeiro, moitos docentes aluden a que este individualismo é autonomía profesional, así como que facilita a creatividade individual. Mentres que os inconvenientes máis claros atopámolos na imposibilidade de traballar en equipo e desenvolverte profesionalmente de forma conxunta cos teus compañeiros.

Tendo en conta isto, paréceme interesante recoller  as seguinte ideas, nas cales se reflexa a situación que provoca o illamento profesional.

Lortie (1975) “O illamento profesional dos mestres limita o seu acceso a ideas novas e solucións mellores, fai que o cansancio se acumule interiormente,…, xera conservadorismo e resistencia á innovación educativa”.

S. Antúnez (2000) “Incluso nos centros educativos mellor estruturados e coordinados, o traballo dos profesores, a súa acción directa na aula realízase case sempre illadamente, individualmente.”

Un claro exemplo do que se observa nas citas anteriores, podemos observalo na equiparación que Fullan e Hargreaves fan do illamento docente como “Competencia non recoñecida” e “incompetencia ignorada”. Con estes termos os autores aluden, en primeiro lugar a un docente que innova, que é bo no seu traballo pero que o seu esforzo non sae da súa aula, non implica ao resto dos docentes, non serve como exemplo ou modelo de mellora educativa. Mentres que en canto ao termo “incompetencia ignorada” fan fincapé na idea dun docente tradicional, que non atende ás necesidades dos seus alumnos perante os cambios que se producen. Neste senso é citando de novo a Fullan (1999)  “Esta situación ten unha dobre consecuencia: todas as cousas que os docentes fan ou farían pasaran inadvertidas, e todas as boas e as malas, sen poder corrixir e sen poder aproveitar as boas ideas.”

Tendo en conta esta problemática, debo incidir na paradoxa que se dá neste momento, por un lado realzase a importancia do traballo en equipo, mais a situación segue a verse igual. Asemade, non se ten en conta o que provoca o illamento en canto á coordinación no centro educativo. Nembargante, alúdese á importancia do traballo en equipo como única forma de dar resposta a esta problemática.

Neste senso, un equipo é “un conxunto de persoas que se necesitan mutuamente para actuar. Todos os equipos son grupos, pero non todos os grupos son equipos. A noción de equipo implica o aproveitamento do talento colectivo, producido por cada persoa na súa interactuación cos demais.”(Cortese, 2004)

Con todo debemos ter en conta que o traballo en equipo nun centro educativo non debe caer na “balcanización” do profesorado, termo ao que alude Fullan, é dicir na creación de subgrupos que traballan de forma independente e que por conseguinte dificultaran o consenso xeral en todo o centro. Así mesmo, na evolución dos docentes o traballo cos compañeiros, a reflexión conxunta e o apoio son pezas claves tanto no desenvolvemento profesional como nos procesos de cambio. Os procesos de cambio, son por tanto vitais, a actualización constante e a posta en marcha de iniciativas innovadoras é moi importante, xa que deste xeito facilita dar resposta ás necesidades que presentan os alumnos, así como ao proceso de ensinanza en xeral.

Aínda que sabemos que a riqueza e a mellora do desenvolvemento profesional se atopa no traballo en equipo, é difícil contrarrestar a forte influencia do individualismo. Neste senso, considero interesante crear un punto de inflexión, un eixe vertebrador que impulse o traballo en equipo e que limite na medida o posible o illamento.

 

Webgrafía

Demaria, M.J.(2006).Del aislamiento profesional al profesionalismo colectivo. En Efdeportes nº 101

Fullan, M. (1994). La gestión basada en el centro; el olvido de lo fundamental. En Revista de Educación nº304 pp. 147-161

http://apinnovacion.wikispaces.com/Aislamiento+docente (Consultada o día 2/12/2013)

https://wikiproyecto1.wikispaces.com/AISLAMIENTO+PROFESIONAL (Consultada o día 2/12/2013)

http://apinnovacion.wikispaces.com/Resistencia+al+cambio+docente (Consultada o día 2/12/2013)

http://www.liderazgoymercadeo.com/articulocont.asp?a=990(Consultada o día 2/12/2013)