• Blogs
  • silvia
  • Importancia do traballo colaborativo entre o profesorado

Importancia do traballo colaborativo entre o profesorado

Nesta entrada gustaríame reflexionar sobre a importancia do traballo colaborativo entre os docentes, un tema ao que xa fixen alusión en anteriores entradas, pero que agora me gustaría tratar con maior profundidade.

Para abordar esta temática vou utilizar como referencia o documento: La colaboración en los centros educativos: una oportunidad de aprendizaje profesional, artigo elaborado no ano 1999 por María Dolores Fernández Tilve e María Laura Malvar Méndez.

Aínda que xa pasaran uns cantos anos dende que as autoras escribiran o artigo, e xa naquel momento se falaba da importancia de que os docentes traballaran conxuntamente, con maior razón ten promover na actualidade esta metodoloxía de traballo entre o profesorado. Sen embargo, podemos afirmar que nos centros de ensino segue primando o traballo individualizado por parte dos docentes, reuníndose exclusivamente para resolver aquelas cuestións burocráticas (colexialidade artificial) que require da presenza de toda plantilla docente, isto é, reúnense porque así o esixe unha determinada situación, máis non o fan por interese propio.  

Sen embargo, antes de comentar determinados aspectos en relación ao traballo colaborativo, é fundamental responder á seguinte cuestión:  ¿A que nos estamos referindo cando falamos de traballo colaborativo? ¿Qué entendemos por esta modalidade de traballo? Ao meu modo de entender, o traballo colaborativo consiste nunha metodoloxía de traballo que implica a participación dun grupo de persoas interesadas en reflexionar e analizar aspectos relacionados cun tema específico do seu interese.  Trasladando esta definición ao contexto educativo, poderíamos dicir que o traballo colaborativo consistiría en establecer un grupo de traballo formado por aqueles docentes preocupados pola mellora da ensinanza, que ven no traballo cos demais profesionais unha oportunidade única para reflexionar e mellorar determinados aspectos que atinxen á súa labor como docentes. Estaríamos falando dun grupo de profesionais que reflexionan sobre a súa práctica e intentan mellorar a calidade da mesma, en tanto que configuran unha cultura escolar propia no centro no que desenvolven a súa labor docente.

            Sen embargo, aínda que nalgúns centros de ensino prima o traballo colaborativo entre os docentes, o máis frecuente é que os profesores continúen traballando de maneira individualizada. Pero a cuestión a responder agora é a seguinte: ¿Por qué os docentes seguen optando polo traballo individualista?

            Quizais o principal problema radique nos plan de estudos, posto que estes non promoven un aprendizaxe colaborativo entre os docentes, senón que seguen priorizando o traballo individualizado. Polo tanto, sería necesario que se cambiase este aspecto na formación inicial dos docentes, de xeito que unha vez na práctica optasen por promover o traballo cooperativo cos demais docentes e romper así o modelo individualista que caracterizou e segue caracterizando a práctica docente.

Por outro lado, cando os mestres e profesores chegan á práctica profesional encóntranse con trabas para desenvolver un traballo conxunto cos seus compañeiros, posto que a mesma organización e estrutura dos centros de ensino son máis ben estorbos que dificultan considerablemente o traballo colaborativo. Ademais, cando os docentes chegan á práctica profesional atópanse con modos diversos de traballo existentes no centro no que vai impartir clases, entre os cales destacan os seguintes:

Por un lado, existen profesores que traballan individualmente e apenas establecen diálogo cos seus compañeiros para reflexionar e compartir experiencias sobre situacións que ocorren no contexto da aula.

Por outro lado, nos institutos o profesorado traballa en pequenos subgrupos, que se corresponden co departamento ao que pertencen, é o se denomina como balcanización. É dicir, o profesorado de lingua galega traballa conxuntamente entre todos os docentes que pertencen a ese departamento, máis non establecen relacións similares de análise da realidade escolar con profesores que pertencen, por exemplo, ao departamento de matemáticas.

Tamén poderíamos facer referencia á colexialidade artificial imposta pola dirección do centro, e a cal non e aceptada nin asumida polo profesorado. Estaríamos falando neste caso da reunión do profesorado para resolver cuestións burocráticas que require o traballo conxunto por parte de todo o profesorado do centro.

E por último, falaríamos dunha cultura colaborativa, que sería a máis necesaria para desenvolver nos centros de ensino, considerando a mesma como unha boa oportunidade para mellorar a formación inicial e permanente do profesorado.

Pois neste sentido, todas as escolas que son boas  institucións para o aprendizaxe dos alumnos deberían ser tamén organizacións de aprendizaxe para docentes e outro persoal. (Hargreaves, 2003).

Porén, o traballo colaborativo supón establecer relacións de confianza entre os distintos docentes, de apoio mutuo e aprendizaxe social compartido. Implicaría pois, aceptar a posibilidade de ensinar como unha responsabilidade colectiva, colaboración espontánea e participación voluntaria. Requiriría condicións organizativas para promover o traballo conxunto, pero tamén actitudes de compromiso profesional.

Porén, o traballo colaborativo sería unha boa oportunidade para:

Colaboración entre o profesorado

- Buscar  solucións comúns a diversos problemas que ocorren no contexto diario da aula.

- Desenvolver a formación entre iguais.

- Diversidade de puntos de vista aportados polos distintos profesores nos temas abordados.

- Desenvolvercrítico-participativo de cada docente.

- Visión do centro educativo como axente de cambio. 

- Desenvolver a corresponsabilidade nos centros educativos.

Construción da cultura escolar proia de cada centro educativo.

-Consideración do profesorado como unha comunidade de profesionais reflexivos e críticos.

Polo tanto, a pesar das distintas modalidades de traballo nos centros de ensino, poderíamos afirmar que o traballo docente se desenvolve entre o aillamento e a colaboración, pero que sería necesario derribar as barreiras do individualismo a prol de fomentar a cooperación e interdependencia entre o profesorado mellorando deste xeito a práctica docente, e dalgún modo, tamén a educación do alumnado.

Por último, vou elaborar unha reflexión persoal acerca do contido abordado ao longo da entrada. Por un lado, considero que nos centros de ensino sigue primando a traballo individual, ou o traballo en equipo entre os docentes que pertencen a un mesmo departamento, pero tamén hai centros educativos nos que é frecuente a existencia dunha cultura colaborativa, nos cales os docentes reflexionan sobre a súa propia práctica, intentando mellorar a mesma, xa que tamén en función de cómo os docentes entendan o traballo colaborativo, poden promover nas súas aulas unha metodoloxía máis ou cooperativa entre o seu alumnado.

Polo tanto, a pesar de que é preciso mellorar a cultura individualista predominante, o certo é que xa se están superando as barreiras que caracterizaba o tradicional traballo docente, en prol da cooperación e colaboración con todos os profesionais que integran a cultura escolar dun centro.

Para finalizar, indicar que o profesorado que considera como unha boa oportunidade de aprendizaxe o traballo colaborativo cos seus compañeiros, tratará de incorporar e trasladar ao contexto da aula dita experiencia, propoñéndolles aos alumnos unha metodoloxía máis cooperativa no que prime o traballo en equipo. 

Bibliografía:

- Fernández Tilve, M.D. e Malvar Méndez, M.L. (1999). La colaboración en los centros educativos: una oprtunidad de aprendizaje profesional. En Revista de currículo y formación del profesorado, 3,1. 

- Montero, Mesa. L(2011). El trabajo colaborativo del profesorado como oportunidad formativa. En CEE Participación educativa, 12, pp 69-88.