Nube de tags

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Tags de todo el sitio

  • Blogs
  • Bárbara Márquez
  • Las redes pedagógicas, una posibilidad de formación de maestros en el ejercicio de la docencia.

Las redes pedagógicas, una posibilidad de formación de maestros en el ejercicio de la docencia.

Aquí vos presento unha nova entrada, das derradeiras dado na etapa académica que nos atopamos. Esta vez vou centrar a miña atención nun texto que atopei que chamou a miña atención. Trátase dun escrito elaborado por Gloria J. Castro Bohorquez da Universidade del Cauca, Colombia: “Las redes pedagógicas, una posibilidad de formación de maestros en el ejercicio de la docencia”.  A continuación o que pretendo é salientar as ideas principais extraídas do texto acompañado dunha reflexión e opinión propia.

Plantéxase unha das necesidades prioritarias do Sistema Educativo facendo referencia á formación permanente dos docentes. Afírmase que este aspecto se trata por medio de programas de postgrao, cursos formativos e demais pero que realmente, o que nos atopamos nas aulas non fai alusión a esa formación continua que realizan os docentes. Isto é así, xa que moitas veces o que atopamos son aulas sen transformación, descontextualizadas e alonxadas dos intereses e necesidades dos alumnos.

Polo tanto, enténdese que esta formación permanente non ten a forza suficiente para resolver moitos dos problemas do sistema educativo. Isto pode ser o resultado dunha formación frustrada que realizan os docentes para responder a unha obriga que lles impón a lexislación e o estado, pero para a que eles non se atopan o suficientemente motivados, xa que son as institucións educativas as que determinan en numerosos casos sobre que aspectos se teñen que formar e capacitar os nosos profesores.

Neste senso, pode ser aquí onde radica un dos problemas da transformación e do cambio, xa que o mestre non se sinte protagonista da súa formación nin da súa intervención educativa. Pode ser por isto que os docentes amosen unha actitude de dependencia e sumisión con respecto ó currículo e aos libros de texto, posto que é o que impoñen as institucións educativas.

De modo que, quizais deberiamos reparar na necesidade de focalizar aos docentes nun rol central, fomentando a formación permanente no senso das súas necesidades e inquedanzas. Polo tanto, considérase positivo modificar a cultura académica predominante, propiciando ambientes de discusión e traballo en equipo arredor de intereses comúns e fomentando o desenvolvemento de novas prácticas. Deste xeito, considérase importante o feito de establecer redes de conexión entre os docentes como soporte para xerar o cambio da cultura académica.

Entón, preséntanse as redes pedagóxicas como unha oportunidade para o intercambio de prácticas e saberes entre iguais, posibilitando as relacións para avanzar na produción do saber.  Deste modo, se potencia o papel dos axentes educativos configurando unha verdadeira comunidade académica, na cal se desenvolven procesos, investigacións, construcións de proxectos, creación e recreación de experiencias que contribúen ao desenvolvemento dunha escola transformadora.

Aprendizaje en red

Finalmente quero recoller unha cita que me fai pensar e reflexionar “La experiencia del trabajo en red nos ha demostrado que los procesos formativos de mayor impacto son aquellos en donde se propicia el encuentro de maestros para compartir experiencias y los saberes que surgen de ellas. También implica la búsqueda de nuevos saberes, por medio de los trabajos en equipo, las publicaciones, los encuentros que surgen en su seno. El trabajo en red implica hacer posible el acto de estar comunicados y comunicándonos(Unda B.; Martínez B., 1998)”.

Para concluír, a modo de valoración persoal, facer fincapé no que supón este modelo de formación para os docentes, posto que implica a superación do seu illamento profesional, dando lugar ao xurdimento do traballo cooperativo entre a comunidade educativa fomentando o desenvolvemento de liñas de investigación grupais e o aprendizaxe entre todos.

Aprendizaje cooperativo

Sen dúbida, non quero menosprezar o papel que desempeñan os cursos formativos, os seminarios e demais modelos de formación permanente na construción de coñecemento nos docentes, pero quizais estas redes pedagóxicas abren unha nova porta cara outra metodoloxía de ensino-aprendizaxe que amosa ter moitas vantaxes.

Algunhas das vantaxes, como xa vimos, é o protagonismo que se lle outorga aos docentes na transformación dos seus coñecementos, estratexias e habilidades, sendo este un produtor da cultura e non un mero reprodutor.

Polo tanto, considero este modelo de formación como unha posibilidade na transformación da formación permanente do profesorado, a prol dunha mellora da calidade dos nosos sistemas educativos e da propia figura docente.

 

Fonte bibliográfica:

http://www.iered.org/ev/mod/wiki/view.php?id=901&page=LA+REDES+PEDAG%C3%93GICAS%2C+UNA+POSIBILIDAD+DE+FORMACI%C3%93N+DE+MAESTROS+EN+EL+EJERCICIO+DE+LA+DOCENCIA (Consultada o 2/12/2013)