Nube de tags

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Tags de todo el sitio

Pechando outra etapa no Stellae

Para establecer o peche do meu blog, quero establecer unha relación entre a última entrada que publiquei sobre as redes pedagóxicas e a miña valoración da materia en canto ó emprego da rede social Stellae.

Unha vez máis, despois de cursar a materia de Tecnoloxía Educativa, a que me proporcionou unha experiencia nesta rede social, volvín a atoparme con ela neste 4º curso de Pedagoxía coa materia Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado.

Considero que, a experiencia desta segunda vez foi máis positiva, polo menos no tocante ao dominio dun espazo web que xa resultou coñecido, polo que a frustración de enfrontarse a algo novo non aflorou nesta ocasión.

Aínda así, considero que quedan aspectos por mellorar, xa que prácticas como estas deberían de realizarse en máis de dúas materias ao longo da formación académica como futuros pedagogos, posto que estamos enormemente acostumados a memorización, ao traballo individual e aillado, á elaboración de traballos sobre temáticas xa establecidas.

Porén, nesta materia, en certa medida, se nos ofrece a oportunidade de traballar sobre aspectos que consideremos de interese formativo ou que creamos oportunos para compartir cos nosos compañeiros e, é nese momento no que nos acobardamos e sentimos medo, posto que xorde unha certa frustración sobre o qué traballar e o que non e quizais, o feito de descoñecer o camiño que vas emprender tamén xera certa inseguridade.

images.jpg

A pesar diso, podo dicir que estou contenta e satisfeita co camiño percorrido e que sen dúbida, as redes sociais educativas son unha gran opción para o cambio e para a transformación dunha ensinanza tradicional e rudimentaria que non se adapta ás características da sociedade actual nin ás necesidades do alumnado.

De modo que, podo dicir que queda moito por aprender no senso da formación do profesorado pero, tamén me espera unha longa andaina na miña formación como pedagoga, tan longa como a miña vida.

Siempre se aprende

¡Ata a próxima!