Comunicación educativa

A educación reflicte no dialogo a súa principal baza como medio de transmisión dos coñecementos. Tendo en conta isto, existen distintos tipos de diálogo atendendo ao tipo de docente que leve a cabo o proceso de ensino e aprendizaxe.

Facendo fincapé no dito anteriormente podemos destacar dous tipos de diálogo o unidireccional e o bidireccional. Neste senso, estou a falar dunha comunicación bidireccional cando fago referencia a un docente tradicional que desenvolve o seu traballo a través dunha clase maxistral, na que transmite unha serie de contidos pero non dá pé a que ti poidas preguntar dúbidas ou aportar outros aspectos. Por outro lado, en contraposición, encontramos a outro tipo de docente aquel que cree na importancia de que o alumno sexa parte activa do seu proceso de aprendizaxe. Neste punto é moi importante incidir en que na actualidade as tendencias xiran en torno a este tipo de docente, mais aínda se mantén en moitos casos o rol anterior, nembargante, a consideración do alumno mudou e o seu papel é máis acusado no seu proceso de aprendizaxe.

 

comunicación educativa

 

Unha boa comunicación na aula está motivada así mesmo polo clima que se respire na mesma, así mesmo o clima da aula está moi vinculado ás relacións que se leven a cabo nela. No tocante a isto, é por tanto interesante relacionar o tipo de diálogo coa distribución espacial que teñan os alumnos nunha aula. Como vimos en diversas materias a comunicación é moito máis óptima nun lugar no cal temos a opción de mover cadeiras ou mesas, e non nun lugar estático que non de opción ao cambio. Con todo, aínda que os espazos si afectan, é certo que parte do motivo polo cal se leva a cabo unha mellor comunicación está motivado polo tipo de docente. Asemade o alumno tamén ten moito que ver neste proceso, mais aínda cando debe ser un axente clave no seu proceso de aprendizaxe. Un proceso que implica un intercambio de coñecementos e reflexións constante o cal facilita a interacción profesor- alumno, así como do alumno cos seus compañeiros. Motivar este tipo de relacións nas aulas, será clave para contribuír ao coñecemento compartido ou ao aprendizaxe cooperativo, aspectos importantes para contribuír ao noso desenvolvemento persoal e profesional.

É por tanto, que a calidade educativa depende en gran medida da comunicación educativa. Pero, Que é a comunicación educativa?

A través da definición creada por Villalonga e González (2001) entendo que a comunicación educativa é “ Un proceso de interacción entre profesores e estudantes e entre estes entre si, e da escola coa comunidade, que ten como finalidade crear un clima psicolóxico favorable, para optimizar o intercambio e recreación de significados que contribúan ao desenvolvemento da personalidade dos aprticipantes.”

Tendo en conta esta definición é moi importante, por tanto, non esquecer, a comunicación das escolas co seu entorno, feito a destacar para contribuír á contextualización local do traballo realizado na escola, así como para mellorar as relacións entre ambos ámbitos, tan próximos e ás veces, tan afastados.

Así mesmo, e seguindo con Villalonga e González (2001) “se a educación cumpre adecuadamente as súas tres funcións: informativa, regulativa e afectiva, convértese nun dos principais medios de influencia educativa”. En canto á función informativa, está claro que é necesario que transmita información entre os seus interlocutores, o mesmo ocorre coa función regulativa, na cal se resalta a importancia da interacción entre os individuos, por último a función afectiva fai referencia á empatía, á comprensión mutua.

Mais aínda que cumpra con estas funcións as cales teñen en conta aos suxeitos que interveñen no proceso comunicativo, considero relevante determinar algunhas das características básicas que debe ter unha boa comunicación educativa nunha aula. Para elo, mostro a continuación, as ideas expresadas por V.A. Kan Kalik recollidas por Manuel Alba Olivos na súa entrada de blogs Importancia de la comunicación en la educación:

  • É importante establecer unha comunicación tanto para o docente como para o alumno, permitindo ao profesor coñecer mellor ao alumno e cumprir cos obxectivos formulados.
  • Establecer unha comunicación  orientada cara o interlocutor (os alumnos)
  • Establecer unha interacción persoal cos alumnos, sendo esta de suma importancia para a docencia.
  • Establecer unha interrelación cos alumnos respectando a súa personalidade e independencia, de tal forma que orixine de maneira natural a súa posición como líder no proceso pedagóxico.
  • Non limitar o proceso pedagóxico á función informativa, débense buscar todas as posibilidades de comunicación que permitan un intercambio entre profesor e alumno.
  • Observar aos alumnos, percibir a expresión dos ollos, os xestos, comportamento, conduta e estado de ánimo.
  • Desenvolver unha actitude empática para cos alumnos
  • Conversar e escoitar aos alumnos. É importante darse tempo para escoitar as ideas dos alumnos así estean equivocados na súa posición
  • Débese ter en conta que existen diferenzas entre os alumnos e as características psicolóxicas entre eles son distintas, pode existir maior susceptibilidade, etc. Nalgúns deles.
  • É importante tomar a iniciativa na comunicación cos alumnos.
  • Establecer unha comunicación con respecto entre os alumno, sen ofensas.
  • Establecer a interacción entre os alumnos e xerar a necesidade de resposta en eles. Superando a pasividade e o illamento dos estudantes.
  • Evitar as actitudes negativas cara algúns alumnos, permitindo unha mellor interrelación con eles.
  • Evitar que a crítica sexa un elemento dominante na aula.
  • Aprender a trasladar na clase as nosas actitudes positivas cara a eles.
  • Aprender a analizar o proceso de comunicación, o cal nos permitirá determinar as causas dos erros na comunicación pedagóxica.
  • Evitar os conflitos e as barreiras psicolóxicas.
  • É importante ter eComunicación educativan conta o noso propio linguaxe e evitar asumir modelos doutras persoas.

Son moitas as ideas, mais en realidade son aspectos que de maneira case inconsciente os docentes teñen en conta para mellorar o clima de comunicación na aula. Asemade, debo incidir na importancia que ten para o proceso de ensino e aprendizaxe, ter en conta o valor do diálogo como eixe central deste proceso. Mais agora tócavos a vós.



 Pararádesvos a pensar na implicación que tiña o diálogo no noso proceso de ensino e aprendizaxe?

 

 

 

Bibliografía e webgrafía

Martínez, V. (2009). El diálogo educativo. En Comunidad escolar nº844

Villalonga, P.M. e González S. E. (2001). Propuesta para favorecer la comunicación en el aula de una facultad de ciencias. En Números. Revista de didáctica de los materiales nº48 pp.25-35

http://manuelalvaolivos.obolog.com/importancia-comunicacion-educacion-60698 (Consultada o 3/12/13)