Análise do Plan Anual de Formación do Profesorado 2013-2014.

Na pasada clase do 21 de novembro, dedicámola a analizar o Plan Anual de Formación do Profesorado formulado pola Administración educativa de Galicia seguindo un guión facilitado pola profesora. Dito guión consta de catro apartados:

  • Que contido está incluído e por qué.
  • Que non hai pero podería haber e por qué.
  • Marco conceptual explícito ou implícito.
  • Observacións e suxerencias.

Segundo este guión pretendo analizar nesta entrada o Plan Anual de Formación do Profesorado 2013-2014.  Dito plan consta de: Normas xerais, Convocatorias, Programas europeos, Formación en centros, Actividades a desenvolver polo CAFIActividades a desenvolver polo CFR (de Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), Cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), Inscrición nas actividades e Enderezos de interese.image

Antes de comezar o análise dos diferentes apartados do plan xa se nota en falta de un ou varios apartados, como ben se dixo na sesión de  clase. Unha introdución, unha presentación do plan ou preámbulo, un análise de necesidades, os obxectivos xerais que persegue o plan, a súa xustificación, etc. Todo isto debería de estar o meu parecer na presentación de calquera plan.

 

Normas xerais:

Este apartado divídese en tres subapartados os cales son: criterios de admisión, criterios para a avaliación de actividades e certificación.

Nestes tres apartados trátase establécense basicamente os criterios de prioridade e  selección de participantes así coma os criterios seguidos para a avaliación das actividades de formación, e por último as condicións que os participantes deberan de cumprir para recibir unha certificación.

Neste apartado coido que a falla máis evidente é o apartado de certificación, o cal so se limita a mencionar brevemente tres cuestións que serán condicionantes para a adquisición de un certificado.

 

Convocatorias:

Neste apartado nun primeiro momento trátanse as licenzas por formación  os reintegros individuais e por último un plan para a mellora das bibliotecas escolares que pretende desenvolver diferentes actividades neste ámbito.

 

O que máis me choca deste apartado é que as temáticas  están restrinxido as TIC e a inmersión lingüística.

 

Programas europeos:

Este apartado comeza a falar do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP), un programa de acción comunitaria o cal inclúe:

COMENIUS: programa que vai dirixido a atender as necesidades de ensino-aprendizaxe de todos os participantes dende educación infantil ata educación secundaria, así como das institucións ou organizacións que imparten esta formación.

 

ERASMUS: o obxectivo deste programa é atender as necesidades de ensino-aprendizaxe dos participantes en Educación Superior formal e Grao Superior de formación profesional. Por medio deste programa e das súas accións trátase de reforzar a contribución destes sectores educativos ao proceso de innovación e facilitar o desenvolvemento de prácticas innovadoras en educación e formación, así como a súa transferencia, incluso dun país participante a outros.

 

LEONARDO: dirixido a atender as necesidades de ensino-aprendizaxe de todos os participantes en Formación Profesional, excepto os de nivel terciario, así como as institucións ou organizacións que facilitan esta educación.

 

 GRUNDTVIG: dirixido a atender as necesidades de ensino-aprendizaxe de todos aqueles implicados na educación das persoas adultas en calquera das súas modalidades, así como a todas as institucións e organizacións que proporcionen esta ensinanza.

 

E por último tamén trata as Visitas de estudo, e as iniciativas.

 

Poderíase especificar moito máis os programas, sobre todo as accións, para non ter que acceder a información noutra fonte ,así como o numero de prazas para estes programas en Galicia.

 

Formación en centros:

Comeza falando do Proxecto de formación en centros ABALAR para o profesorado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Esta modalidade está dirixida a propiciar e facilitar a innovación e a mellora da práctica docente nas aulas Abalar, no propio centro educativo, co obxectivo de: Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado para o desenvolvemento do proxecto Abalar.

Logo disto centrase na Convocatoria de grupos de traballo dirixida ao profesorado de centros sostidos con fondos públicos, excepto ao do nivel universitario, co fin de apoiar o perfeccionamento.

E por último tratase a Convocatoria de Seminarios, unha modalidade de formación baseada no traballo colaborativo que a partir da reflexión conxunta,o debate interno e o intercambio de experiencias permite afondar no estado de cuestións educativas

tanto referentes ás distintas ciencias disciplinares como ás didácticas das mesmas ou a outras ciencias da educación.

 

Neste apartado non se especifican claramente cales son as necesidades que se  pretenden solventar con este plan nin como se chegaron a concretar esas necesidades. Paréceme un apartado moi difuso que non chega a concretar case nada e que sinceramente coido que non logro entender ben poida que por falta de información e por mala organización do propio apartado.

 

 

Actividades a desenvolver polo CAFI e Actividades a desenvolver polo CFR (de Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo).

Estes dous apartados analizareinos en conxunto pois basicamente o seu plantexamento é igual. Neles amósanse as actividades a desenvolver polo Centro autonómico de Innovación e polos distintos  Centros de Formación e Recursos de Galicia e finalmente os Cursos de actualización lingüistica e comunicaliva (CALC). As actividades aparecen descritas en táboas cada una con o número de horas, número de prazas, a modalidade, etc.

 

Estes apartados so proporcionan unha lista de actividades sen máis, sen información adicional ningunha. Uns apartados demasiado faltos de datos.

 

Conclusión final:

A modo de unha breve conclusión pola miña parte, coido que logo de elaborar unha análise de todo o programa, o que máis se bota en falta e un apartado inicial onde apareza unha introdución, unha xustificación e un análise de necesidades e a definición das mesmas. Logo disto o máis criticable deste plan coido que é a falta de información e de explicacións de algúns apartados, con existe introdución ou preámbulo algún.

 

Webgrafía:

 

http://www.edu.xunta.es/web/node/9809 [Consultado 3/12/2013]