O Regresso dos Professores de António Nóvoa, Reflexión

 

Esta entrada basearase na practica realizada nunha das clases interactivas de fai un par de semanas. En dita clase a profesora amosounos unha presentación en varias diapositivas sobre unha conferencia de Antonio Nóvoa, profesor da Universidade de Lisboa, co obxectivo de realizar unha reflexión tanto individual como colectiva do tratado en dita presentación.

Polo tanto partindo da actividade que nos encomendou realizar a nosa profesora nesta entrada realizarei unha breve reflexión sobre o que me aportou esta presentación, non so do que propiamente tratou dita presentación senón tamén de todoimage o que me suscitou.

Nóvoa refírese constantemente a importancia dos profesores na sociedade, tanto da pasada como da actual sempre con a máxima de que nada pode nin poderá substituir nunca a labor dun bo profesor.  Opinión que dende o campo da educación no cal me estou a formar comparto e que podería dar para falar en multitude de entradas deste blog.

Nóvoa amósanos a formación do profesorado como un proceso dinámico e complexo. Dinámico no sentido de que a formación tamén se constrúe mediante a interpretación dos movementos da sociedade, que ademais do contexto do formador tamén incumben a práctica profesional deste.

O autor tamén nos axuda a comprender a historicidade da formación do profesorado e desta maneira aportar vías para esclarecer a situación actual.

 

Bibliografía e Webgrafía:

http://escoladosargacal.files.wordpress.com/2009/05/regressodosprofessoresantonionovoa.pdf (consultado o 3/12/2013)