Que é iso do síndrome do profesor queimado?

Nesta entrada, gustariame facer unha pequena análise sobre o síndrome do profesor “queimado”, tamén coñecida co nome de sindrome de agotamento laboral e profesional, ou como inicialmente foi deminado, Síndrome de Burnout.

Porqué elexín esta temática para tratar na miña entrada? Ben, navegando pola rede para clarificar sobre que seria a miña seguinte entrada,a topeime cunha entrada que tiña por título “Uno de cada cinco docentes sufre el 'síndrome del profesor quemado”. Aquí comenzaba a miña inquedanza porque me preguntei e que é iso?

O síndrome de bournout ou síndrome de estar queimador soese dar entre os traballadores dos servicios humanos: docentes, persoal sanitario, seguridade, e en xeral naquelas profesións que implican un trato directo con outras persoas. Dise que un profesional está “ queimado” cando a súa capacidade de adaptación e de relación cos seus iguais quedou reducida.

O psiquiatra Freudemberger describiu por primeira vez o burnout no ano 1974 como “ un conxunto de síntomas físicos e psíquicos sufridos polo persoal sanitario como resultado das condicións de traballo”. Este traballaba nunha clínica para toxicomanos e observou en todos os voluntarios que acudian para o mesmo comportamento pasado un tempo, desmotivación, agresividade cara os enfermos, agotamento, depresión, estres...

Non obstante, oxe en día a definición máis aceptada é a proposta no ano 1981 por Maslach e Jackson quenes consideran o síndrome unha forma incorrecta de afrontar o estres emocional crónico cuxos rasgos principais son o agotamento e diminución do desempeño profesional. En definitiva, consiste nun desgaste ocupacional ou profesional, un padecemento que se produce como resposta as presións prolongadas que unha persoa sufre ante factores estresantes emocionales e interpersonales relacionados xeralmente co traballo.

O síndrome de estar queimado, enmarcase nun enfoque psicosocial, un modelo multidimensional que inclue os tres compoñentes de cansancio emocional ( perdida progresiva de enerxia), dpersonalización ( desenvolvemento de actitudes negativas e impersoais cara os demais) e por último a falta de realización persoal que consiste nunha autoevaluación negativa.

Unha vez aclarado de xeito breve que é o síndrome do profesor queimado, é necesario establecer algúns síntomas da enfermidade.

  • A persoa sofre fatiga ou esta cansada, non obstante esta dimensión adoitase facer co linguaxe polo que non se dimensiona a realidade do problema que se presenta.

  • Envolve unha serie de padecementos a nivel psicolóxico, físico, social.

  • Xera deterioros nas relacións interpersoais, depresión, ansiedade, irritabilidade e dificultade de concentración. É moi frecuente o distanciamento doutras persoas.

  • Presencia de insomnio, migrañas,dores musculares.

  • Diminución na calidade e na productividade do traballo.

  • Deterioro nas relacións cos compañeiros, conflictos, pesimismo entre outros.

Para seguir co análise, decanteime por continuar averiguando cales son as causas que provocan este síndrome. Un principal axente de risco do síndrome de burnout está relacionado coas actividades laborales que vinculan ao traballador co seu traballo directo cos clientes. Esta enfermidade pode presentarse cando se dan condicións tanto a nivel persoal (en relación a tolerancia, a frustración e aos niveis de estrés) como a nivel organizacional ( deficiencias na definición do posto, ambiente laboral crispante entre outros).

Polo xeral, este síndrome aparece cando as situacións anteriores se entrelazan aparecendo en situacións de esceso de traballo, desvalorización do posto de traballo, falta de seguridade laboral así como exceso de compromiso en relación as responsabilidades do traballo.

Un dos detonantes clave da aparición deste síndrome son os altos niveis de estres, o traballador estresado chega a desenvolver o Burnout por medio dun proceso de acomodación psicolóxica no cal podemos distinguir tres fases:

Fase de estrés: na cal se produce un desvaraxuste entre as demandas laborais e os recursos do traballador.

Fase de agotamento: na cal se dan respostas de preocupación, tensión, ansiedade e fatiga.

Fase de agotamento defensivo: na cal se aprecian cambios na conduta dso traballador, elas de carater nocivo.

 Pero, como afecta este síndrome ao profesorado?

Síndrome do profesor

As principais causas de aparición desta enfemidade no colectivo docente poden ser as condicións de traballo, as presións de tempo e a mala consideración que se ten do sistema escolar.

Non obstante, o conflicto de rol, o nivel de participación na toma de decisións, a baixa autonomía no exercicio da actividade profesional, evaluación que é sometida o profesorado,a inestable relación alumno-profesor ou o pouco apoio que recibe por parte da organización tamén se poden considerar detonantes da aparición do bornout.

Entre as variables que se distinguen para explicar e comprender o síndrome do profesor queimado, as máis estudades diferencianse entre variables persoais socio- demográficas e as variables persoais relacionadas coas actitudes ou a personalidade do suxeito.

  • Variables socio-demográficas:

  • Sexo.

  • Idade. A relación que se establece entre o síndrome de bournout e a idade, asociabase ao tempo de experiencia na profesión, a maduración propia pola idade e coa perdida dunha visión irreal da vida en xeral.

  • Estado civil e a relacións familiares. “El hecho de tener hijos puede funcionar como un factor de protección ante el burnout puesto que se relacionaría con la supuesta maduración que acompaña al ser padre, la mayor experiencia en resolver problemas en los que están involucrados niños y el apoyo emocional recibido por parte de la familia”. Maslach (1982).

  • Nivel impartido. A medida que se sube na escala do ciclo educativo, salvo no caso dos profesores de Universidade, os niveis de burnout incrementanse, sendo o colectivo docente máis afectado o encargado de impartir docencia en secundaria. A causa disto pode ser explicada pola conducta atopada polos xoves adolescentes marcada na maioria dos casos por unha falta de disciplina. Ademáis atopámonos fronte ao dilema da educación obrigatoria, posto que algúns dos alumnos acuden as aulas única e exclusivamente por obrigación o que dificulta o traballo dos docentes e provoca un aumento dos niveis de estres dos mesmos.

  • Tipo de centro: existen máis índices de burnout naqueles centros suburbanos, debido ao comportamento dos alumnos, pertencentes a minorias marxinais e a familias problematicas.

Entre as variables de personalidade podemos mencionar as seguintes:

  • Locus de control, a medida que un profesor presenta máis locus de control externo ten maior tendencia a sufrir este síndrome.

  • Autoeficacia, autoconciencia, motivación.

  • Autoestima.

  • Falta de empatia.

 Como todo síndrome, este presenta unha serie de consecuencias, que son importantes, tanto dende o punto de vista profesional, marcado por unha impuntualidade constante, abundancia de interrupcións, evitación do traballo, falta de compromiso, incapacidade para tomarse a ensinanza como algo serio... Tamén, derivado do anterior, presenta consecuencias a nivel económico e por conseguinte dende o punto de vista humano, tales como incapacidade para desconectar, problemas de sono, aumento do cansancio o que facilita a aparición de enfermidades.

Trátase dun síndrome cada vez máis presente debido as complicacións, cada vez máis abundantes na sociedade na que vivimos. Debemos ter en conta, que no ámbito da docencia é un grave problema posto que o alumnado percibe e evalua a conducta do profesorado e actua en consecuencia, xa que para el é un modelo a seguir.

Para rematar, gustariame poñer este poema, que atopei ao tempo que estaba recadando información sobre o tema. Trátase duns versos escritos por Joan Maragall, obtido do artigo Riscos psicosociales na Universidade.

 

 Ama tu oficio

tu vocación, tu estrella

aquello para que sirves

aquello en que

realmente eres uno

entre los hombres

Esfuérzate en tu quehacer como si

de cada detalle que piensas, de cada palabra que dices,

de cada pieza que pones, de

cada golpe de tu martillo, dependiera

la salvación de la Humanidad. Porque depende, créelo.

Si olvidado de ti mismo haces cuanto puedes

en tu trabajo, haces más que un emperador rigiendo

automáticamente sus Estados; haces más

que el que inventa teorías universales

para satisfacer sólo su vanidad,

haces más que el político,

que el agitador, que el que gobierna.

Puedes desdeñar todo esto y el arreglo del mundo,

el mundo se arreglará bien él sólo

con sólo hacer cada uno todo su deber

con amor, en su casa.

El síndrome de burnout y el mobbing” (Buendía J, 2003).


Webgrafía:

http://www.biobiochile.cl/2013/12/02/como-superar-el-sindrome-de-burnout-o-fatiga-laboral-cronica.shtml recuperado o día 3 de novembro de 2013.

http://www.cegesti.org/exitoempresarial/publicaciones/publicacion_160_160811_es.pdf recuperado o día 3 de novembro de 2013.

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/salud/contenidos/RiesgosProfesionales/RiesgosComunes/burnout/1160561555449_burn_out_en_el_mbito_docente.pdf  recuperado o día 3 de novembro de 2013.

http://www.aepc.es/ijchp/articulos_pdf/ijchp-126.pdf recuperado o día 3 de novembro de 2013.