• Blogs
  • silvia
  • Teoría e práctica na formación inicial dos docentes

Teoría e práctica na formación inicial dos docentes

Nesta entrada do blog vou a facer alusión a un aspecto relevante da formación inicial dos docentes, como é a relación teoría-práctica.

Para abordar esta temática vou empregar como referencia o artigo Formación inicial: entre la teoría y la práctica, de Fernando Herraiz García y Sandra Martínez Pérez.

Para comezar vou facer referencia á un aspecto que abordan os autores ao inicio do documento, xa que indican que os futuros docentes acoden ás universidades coa finalidade de coñecer a teoría na cal vai a fundamentarse posteriormente a súa práctica, máis moitas veces desconfiamos da utilidade que poden ter  os diversos contidos teóricos que nos ensinan na facultade. Sen embargo, á hora da verdade, cando nos enfrontamos a unha situación na práctica docente tiramos do noso bagaxe de coñecementos adquiridos ao longo da carreira para resolver esa situación. Ben é certo que nalgunhas ocasións non sabemos como aplicar os coñecementos aprendidos, ¿Pero isto quere dicir que a teoría non é útil?   

Para min, en base a miña experiencia do prácticum, a cal é tamén a miña primeira toma de contacto co mundo profesional, recoñezo que nun primeiro momento me sentín perdida ante como actuar en determinados momentos, máis despois fun relacionando os contidos que había visto na clase co que debería facer na práctica cos meus educandos.

Polo tanto, en relación á anterior pregunta, considero que é un error afirmar que a teoría non resulta útil, xa que quizais o que votamos en falta é unha maior conexión entre teoría e práctica, pois moitas veces vemos a teoría como un aspecto aillado da práctica, e isto non debería ser así.

Asemade, un aspecto que sería preciso modificar na formación inicial que reciben os futuros profesionais da educación, sería incorporar ademais dos contidos teóricos transmitidos aos alumnos, estratexias que lles puideran resultar útiles para o seu futuro traballo nas aulas cos seus educandos. Así, cando nos ensinan inglés, ensínannos contidos teóricos sobre esa temática, máis non estratexias que nos permitan ensinar ditos contidos aos nosos educandos. E este aspecto si sería preciso melloralo, xa que o que ocorre agora nas aulas e que os docentes non son capaces de transmitir un contido aos seus alumnos e que dito coñecemento sexa asimilado polos alumnos, polo que estes consideran que é un profesor que sabe moito pero non dispón de estratexias e ferramentas adecuadas para poder explicar a información que el domina. Este aspecto xa o abordada nunha das miñas últimas entradas en base a explicación que J.M. Esteve especificou nun dos seus artigos.

Neste sentido, moitos profesionais da educación consideran que onde máis aprenden é a través da realización das prácticas ou coas primeiras experiencias profesionais. E dito aspecto quizais se debe a que as prácticas son contextos máis dinámicos nos que os coñecementos teóricos emerxen por si solos, mentres que nas facultades entendemos os contidos teóricos como coñecementos excesivamente ríxidos que debemos aprender pero que dubidamos da utilidade que poidan ter os mesmos na nosa práctica profesional. Por iso, sería necesario que os docentes trataran de algunha maneira de unir a teoría que ensinan xunto con situación prácticas nas que poidamos ver con claridade a relación que existe entre a teoría e a práctica. Un exemplo sería realizar simulacros con situación reais ás que nos vamos ter que enfrontar no mundo laboral, de xeito que cando tiveramos que enfrontarnos sos a unha situación semellante xa teríamos as ferramentas necesarias para solucionar satisfactoriamente ese conflito que se orixinara no contexto de aula.

Outro aspecto en relación coa formación inicial dos docentes, sería establecer cambios na metodoloxía de transmisión de contidos utilizada polos docentes, xa que seguen sendo clases expositivas nas que os alumnos asumimos a información que nos transmiten, sen deixarnos marxe para reflexionar sobre a mesma ou dar a nosa opinión ao respecto. Aínda que neste punto é preciso indicar que en concreto na titulación de maxisterio e pedagoxía, nos si temos a posibilidade de ser profesionais críticos e reflexivos, xa que podemos elaborar o noso propio xuízo e valoración en torno as cuestión que nos presentan.

Para finalizar, vou realizar unha valoración persoal en torno á información presentada. En primeiro lugar, considero que sería preciso establecer unha maior conexión entre teoría e práctica dende as propias universidades, para que deste xeito non consideraramos a teoría de forma aillada da práctica.

Sen embargo, tanto teoría como práctica son relevantes na nosa formación como futuros profesionais da educación, xa que a través dos coñecementos teóricos adquirimos a fundamentación que vai orientar a nosa futura labor como pedagogos/as. Así, podemos afirmar que o teoría e práctica están estreitamente ligadas, aínda que na formación inicial no vexamos así.

Para rematar, considero que ao longo destes catro anos fomos construíndo a nosa propia mochila na cal incluímos todos os coñecementos teóricos adquiridos a través das distintas materias que conforman o plan de estudos de pedagoxía hospitalaria, e que xa tivemos a posibilidade de aplicar na nosa primeira toma de contacto co mundo laboral.  

 

Bibliografía:

Herraiz, F. y Martínez Pérez, S. (2013). Formación inicial: entre la teoría y la práctica. En Cuadernos de Pedagogía nº436, pp. 46-49